31 jul 2009

Moitos parabéns!!!

O escritor Manuel Rivas entra na Real Academia Galega

O autor d'Os libros arden mal substitúe a Camilo Gonsar na institución


Xornal.com, 31/07/2009

O escritor Manuel Rivas foi nomeado hoxe membro electo da Real Academia Galega, e ocupará a vacante producida polo falecemento en novembro de 2008 do académico numerario Camilo González Suárez-Chairos, máis coñecido como Camilo Gonsar, segundo informou esta institución nun comunicado.

Rivas, nacido na Coruña en 1957, é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e traballou como colaborador para diferentes medios.

A súa faceta de escritor foi galardoada cos premios Torrente Ballester de Narrativa en 1995, o Premio Nacional de Narrativa en 1996 ou o Premio da Crítica Española en 1998.

11 comentarios:

  1. Parabéns pola elección.

    ResponderEliminar
  2. Hai vida máis aló de DANFeijóo. Albízaras!

    ResponderEliminar
  3. O dia da grande "cociñada" da suprema enquisa, a espléndida noticia de Manuel O´Rivas como academico da Galega.Os que odian a lingua nai (así se lle chamaba), por una banda, e o grande Rivas, coa sua lingua de volvoretas, que, simplesmente, a ama.

    ResponderEliminar
  4. É unha boa nova para el e para a lingua. A RAG segue aí e boa falta fará que haxa institucións que defendan o idioma propio de Galicia. O desmantelamento, xa que logo, aínda non é total.

    ResponderEliminar
  5. Rivas é dos de resistir, non dos entreguistas.Demostrouno, e caro lhe saíu, a cando o do Prestige.
    De acordo señor Balonga: hai vida para alén de Frejolito

    ResponderEliminar
  6. Penso que xa era hora pois moitas barrigas agradecidas con menos mérito están na RAG. Rivas é unha voz suave nas formas con discurso firme no fondo e seguramente terá propostas interesantes.

    ResponderEliminar
  7. há unha Real Academia da lingua?
    ohhh! então como nom estava o Rivas

    ResponderEliminar
  8. Parabéns a todos pola elección, sen dúbida ten que ser unha honra ocupar o sitio de Camilo Gonsar.

    ResponderEliminar
  9. Merecido reconocimiento a un gran escritor. Ha criticado, con acertado tino, al siempre desconcertante y contradictorio Manuel Fraga Iribarne.

    ResponderEliminar
  10. subsituíndo a gonzález-chairos?

    ResponderEliminar
  11. O cargo é vitalicio?
    Ou hhai que seguir demostrando a valía pata permanecer nel?
    Pregunto, que non sei eu moito de instituciós...

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.