24 may 2010

Un lóstrego

por Marcos Valcárcel

Ourense, 24 de maio de 2010

Aproveito a amabilidade do amigo Juan, un dos meus coidadores, para enviar estas liñas a todos os amigos e amigas.
Son de agradecemento a todas as entidades que nos últimos tempos me dedicaron o seu apoio ou recoñecemento, como o Pen Clube de Galicia, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Asociación de Editores Galegos e o Liceo de Ourense.
Grazas a Xosé Luís Baltar por defender con éxito a miña candidatura ao premio Otero Pedrayo 2008, e á Presidencia da Xunta de Galicia por concederme a medalla Castelao.
Grazas tamén á Fundación Curros Enríquez, ao Congreso Manuel Luís Acuña, á Fundación Carlos Casares, ao grupo Sarabela e aos medios de comunicación.
Grazas aos meus compañeiros do Instituto da Carballeira, os mellores do mundo. Grazas aos amigos que organizaron a homenaxe do 2008 e o libro Marcos Valcárcel, o valor da xenerosidade, con máis de duascentas colaboracións de escritores e artistas. Os amigos foron un diamante en bruto e un apoio constante: Benito Losada, Afonso Monxardín, Eduardo Núñez, César Ansias, Moncho Quintana, Xosé Luís Troitiña, Xoán Fonseca, Pepe Trebolle, Xulio Outomuro, Millán Picouto, e as súas donas.
Grazas ao meu irmán Fiz e a Ánxela polas xornadas fresqueiras ao pé dos carballos da súa casa no Pereiro.
E, por suposto, a María e a Eire: por todo.
Aproveito para despedir voces amigas, destacadas na nosa historia cultural: Anselmo López Morais, Manuel de Dios, Begoña Muñoz, Javier Randulfe e Perfecto Estévez.
“A vida, un lóstrego entre dúas escuridades”, escribiu o poeta Vicente Aleixandre. Até o labrego que vive nunha aldea na montaña deixa ese lóstegro entre os seus seres amados.
Escoito a cantante brasileira María Bethânia e encontro este verso:”Navigar é preciso; viver nao é preciso”.
Navigar, descubrir a vida en cada minuto, deixar as fiestras abertas e reconciliarse coa TERRA.

Nota dos Amigos de Marcos:
O coidador foi apañando palabra a palabra, letra a letra nos casos de dúbida, para escribir este texto nas longas noites desta primavera. Con el péchase definitivamente o vizoso ciclo d´As Uvas na Solaina. Moitas grazas a todos e todas.

89 comentarios:

  1. Unha fortísima e emocionada aperta, grande amigo Marcos.
    As uvas na solaina estarán sempre abertas.

    ResponderEliminar
  2. Adeus, Gran Capitán. Non foi, non é unicamente un lóstrego.

    ResponderEliminar
  3. Unha aperta moi forte. Para ti, para María e para Eire.
    RAF.

    ResponderEliminar
  4. O teu trono ecoara para sempre entre todos nós.
    Grazas por todo e apertas grandes para ti e os teus.

    ResponderEliminar
  5. "Tudo vale a pena
    se a alma näo for pequena".

    Aquele abraço...!

    ResponderEliminar
  6. Querido Marcos: ti e mailo teu blog marcáchedes un fito imborrábel xa na nosa Historia Grande. Recibe unha aperta ben forte e os ánimos de quen, coma min, admirou sempre en ti a dedicación constante ao traballo ben feito, a túa xenerosidade e honestidade, e a enteireza que amosaches perante a desgracia e que ten que servirnos a todos como exemplo de humanidade intelixente, discreta e sabia. Anxo Tarrío.

    ResponderEliminar
  7. Moitas grazas inmensas a tí querido Marcos. Unha fonda aperta de irmandade.

    ResponderEliminar
  8. Moitas grazas por tantas aprendizaxes, por tantas imaxes descoñecidas, por tanta arte e historia que sen este blog teriamos perdido.
    Grazas polo seu magnífico lóstrego e apertas inmensas.

    ResponderEliminar
  9. ...Cun grandísimo respecto e cun fondo agradecemento por semellante contribución, ata sempre. Pituca.

    ResponderEliminar
  10. "Tamén eu fitei pró ceo. Unha banda azul medraba antras nubens collendo dende o mar - dende os montes que tapan o mar - deica o infindo horizonte. Cruzábao coma un río, coma unha fiestra, coma unha espranza."
    MS

    ResponderEliminar
  11. Inha fonda aperta. Os bagos das uvas foron sempre soborosos e excelentes. e resta a semente

    ResponderEliminar
  12. Os agradecidos somos nós. Moi boas horas pasaron fronte a estas páxinas e moito levamos aprendido nelas.
    Nunca tiven o pracer de falar contigo, pero recibe unha aperta fraternal.

    XCF

    ResponderEliminar
  13. Unha forte aperta, amigo Marcos. O teu lóstrego sempre pagará a pena porque non queimou a terra, senón que a sementou deixando o trazo imborrábel dos bos e xenerosos.

    ResponderEliminar
  14. Inmensa gratitude e recoñecemento para ti Marcos, porque abriches a todos nós esta fiestra de fraternal encontro e porque o teu exemplo fainos ser un pouco mellores. Apertas mil.

    ResponderEliminar
  15. Como din en Silvaoscura, miña beizón. Unha forte aperta.

    ResponderEliminar
  16. Graciñas a ti, Marcos, por existir.
    Desde Barcelona unha forte aperta.
    Pili

    ResponderEliminar
  17. Á sombra das súas uvas abeirouse o mellor da nosa nación: dignidade, amizade, liberdade, solidariedade e intelixencia. O teu lóstrego non é dos que cega senón dos que permite ver no medio de tanta negrura. O meu agarimo contigo e os teus.

    ResponderEliminar
  18. J'avais des copains
    Qui mangeaient mon pain
    Car le pain c'est fait
    Pour êtr'partagé
    Dans notr'societé
    C'est pas moi qui l'dis
    Mais c'est Jésus-Christ
    Un foutu bavard
    A gueul'd'ananar

    Leo Ferré cantando para Marcos

    ResponderEliminar
  19. Unha palabra que abrangue un mundo enteiro: GRAZAS

    ResponderEliminar
  20. Grazas Marcos. Os lóstregos aluman.

    Unha forte aperta

    ResponderEliminar
  21. Mi admiración y mi cariño.
    Un abrazo grande.
    Isabel Bugallo

    ResponderEliminar
  22. Grazas a ti, amigo, irmán da alma. Somos nós os que che agradecemos tantas e tantas cousas! Sempre contigo, capitán, día a día, minuto a minuto, segundo a segundo...Unha aperta enorme!!
    Modesto Fraga

    ResponderEliminar
  23. Se falas es falangueiro,
    se ris es riseiro,
    se choras es choromiqueiro,
    se sementas es imperecedoiro.

    ResponderEliminar
  24. Iacobus Von der Steinmar may 25, 08:43:00 p. m.

    Foi unha sorte para mín atoparte no camiño, irmán da ialma.
    Xaime da Pena

    ResponderEliminar
  25. detective crepuscularmar may 25, 09:29:00 p. m.

    Eu, aínda que só for polas veces que viñen por aquí a vindimar uvas tan vizosas e suculentas, non podo menos que aderirme (inquebrantábelmente, faltaría mais) ás palabras de agarimo para con Marcos de cuantos me preceden.

    ResponderEliminar
  26. Moitas grazas Marcos por tantas cousas... Unha moi forte aperta para ti e os teus...

    Andrés Mazaira

    ResponderEliminar
  27. Unha aperta emocionada e viva, estimado Marcos. O agradecemento que un sinte non é doado expresalo con palabras.

    ResponderEliminar
  28. Amigo Marcos
    Yo que soy hispano parlante admiraré siempre tu defensa del Gallego, siempre practica, escrbiendo bien y fácil para llegar a todos, incluso a los que no lo utilizamos a menudo pero que contigo siempre llegamos de forma fácil
    Unha aperta
    Nemesio Pereira

    ResponderEliminar
  29. Sementaches. Recolleremos. (Un mozo).

    ResponderEliminar
  30. Un detective crepuscular, con quien vivo día a día mi ligazón con Galicia, me condujo a estas páginas de As Uvas na Solaina y me habló de ti, querido Marcos Valcárcel, y conocí una vez más el espíritu de este pueblo hermano, amado siempre, que da vida a la literatura y a la cultura, una vida que ha desaparecido de Celtiberia.

    ResponderEliminar
  31. Un día de novembro cheguei o teu blog, por circunstancias que non veñen a conto, e conseguiches que me quedase. Xa tes un oquiño na miña vida para sempre e ata sempre.

    ResponderEliminar
  32. O cariño e o respecto de todos os galegos e galegas de ben, amigo Marcos Valcárcel.

    ResponderEliminar
  33. Seguramente algún día, todo o que ti escribiches neste blog estará escrito sobre un papel e encadernado. E digo esto porque creo que todas estas letras merecen estar nas estanterías.

    Gracias por facernos pasar tardes marabillosas coa lectura deste ciberlibro.

    Unha aperta moi grande. Xente coma ti fai moito máis grande a Ourense

    ResponderEliminar
  34. Cun nó na gorxa, as bagoas nos ollos, e o corazón encollido, ata sempre "As uvas na solaina". E a tí meu amigo, ata deica unha chisca que habemos de pensar xuntos.

    Quérote. Madita sexa.

    J.L.T.M.

    ResponderEliminar
  35. Racho o meu silencio para adicarche unha bagoa, ata sempre.

    ResponderEliminar
  36. ... Soñar que cuando un día
    esté durmiendo nuestra propia barca,
    en barcos nuevos seguirá
    nuestra bandera enarbolada."

    (Gabriel Celaya)


    Foi un pracer.

    ResponderEliminar
  37. Unha aperta grande e moitas grazas por este blog marabilloso e por todo o seu labor.
    Con moito cariño.
    Rosa E.

    ResponderEliminar
  38. Hai vidas como raiolas de sol no medio da tormenta, Hai vidas como a túa.

    Un abrazo para ti
    Bicos para María e Eire
    Quérovos
    Lourenzo

    ResponderEliminar
  39. Hai vidas como raiolas de sol no medio da tormenta, Hai vidas como a túa.

    Un abrazo para ti
    Bicos para María e Eire
    Quérovos
    Lourenzo

    ResponderEliminar
  40. Caro amigo Marcos, o meu recoñecemento, a admiración sen fin e o agarimo eterno por este lugar, reserva sentimental da humanidade, ágora franca da razón, senado máximo e insubstituíbel da Gallaecia e baiuca leda para as prosas máis brillantes, os retruques máis escachantes, a camaradaría máis nobre.
    Grazas por todo o que nos destes desde as Uvas e por todo o que nos seguirás ofrecendo mentres este espazo sabio e alegre perviva na memoria persoal de cada un de nós.

    ResponderEliminar
  41. As tuas reflexiós sempre foron valiosas, e as palabras escollidas para transmitilas ,fermosas e ben escollidas. Estas de hoxe teñen ademáis o valor engadido do teu esforzo por trasmitirnolas. Unha aperta, amigo Marcos.

    ResponderEliminar
  42. Grazas polo teu incansable e sabio traballo a prol desta patria que se chama Galicia; a prol de todos nós. Es un referente para sempre.
    Antonio Puentes.

    ResponderEliminar
  43. Un país non é grande porque teña moita xente ou extensión. Un país é grande porque nel habita xente que o é. Marcos fai e deixa escola de como un país se fai grande.
    Marcos sempre admirado e querido, aínda desde a distancia do tempo.
    Asdo. Luis Cachafeiro

    ResponderEliminar
  44. ...na cultura galega hai un antes e un despois das UVAS.
    Xaime da Pena

    ResponderEliminar
  45. Unha grande aperta.Non nos coñecemos, mais coñezote e dou grazas.
    Manolo

    ResponderEliminar
  46. AS UVAS (SEMPRE) NA SOLAINA.
    ...
    [Nota miña: Arume dos Piñeiros
    naceu picoteando uvas alí: a tristeza enorme é, sen dúbida, comprensible. Non podía por menos que publicar no meu blog as súas fermosas verbas de peche de blog. Unha aperta, Marcos.]

    ResponderEliminar
  47. As Uvas de Marcos.
    26.05.2010
    [...]
    Un foro ceibe de partidismos cutres e de fanatismos esterilizantes onde o libre intercambio de opinións e a exposición de pareceres tiveron sempre como pauta principal de comportamento a tolerancia e o respecto..
    texto enteiro

    ResponderEliminar
  48. Colleita Valcárcel, reserva mil primaveras.

    ...esas uvas facerán sempre o viño da nosa esperanza

    Perfecto Conde

    ResponderEliminar
  49. Compañeiro, amigo, irmán, ...

    ResponderEliminar
  50. asuvasnasolaina.blogspot.com/jue may 27, 12:17:00 a. m.

    Querido Marcos, ao ler a t´ñua despedida do blogue

    ResponderEliminar
  51. 26.05.2010
    Primeiro curso académico sen a presencia de Marcos.
    Acto de despedida dos alumnos/as de 2º de bacharelato, do I.E.S. A Carballeira; discurso en representación do profesorado pronunciado polo profesor X.M. Fidalgo.

    (…) ‘ quixera dedicar e reservar especialmente este parágrafo da miña exposición como homenaxe, de sobra merecida, ao noso compañeiro, Marcos Valcárcel, profesor voso de galego, historiador, investigador, escritor, auténtica icona da intelectualidade ourensá e pozo de ciencia , que tantas veces estivo nesta mesma tarima en días coma hoxe ilustrándonos e enriquecéndonos sempre coa súa erudición. MARCOS, SEMPRE EN GALEGO. SEMPRE EN GALIZA, SEMPRE PRESENTE NO CORAZÓN. NON TE ESQUECEMOS’.

    ResponderEliminar
  52. asuvasnasolaina.blogspot.com/jue may 27, 12:28:00 a. m.

    Querido Marcos, ao ler a túa despedida do blogue, na que mencionas certa tema de María Bethania sobre a necesidade de navegar, embarquei cara Cangas, onde acampamos con Félix e Ánxela no verao de 1975. Falas do tesouro dos amigos e a min acordoume o teu pai ourive, no seu taller da Avenida da Habana, co sol da bondade no seu rostro a iluminar as nosas andanzas atoutiñantes de rapazolos. No mostrador de sombras do cineclube brillan os lostregos dos filmes que nos gustaban e no cadro La Tempesta de Giorgione que estudamos na facultade un outro lostrego esclarece a paisaxe da estudantina compostelá. Do cofre-forte das lembranzas extraio unha entre mil aventuras compartilladas, comna tal o cuarto da pensión de Doutor Teixeiro co Roi e o Guerra escribindo pancartas ou preparados pra emborranchar a noite da ditadura de pintadas.
    Pero volvo a Cangas coa emoción daquelas citas clandestinas, pra quedarmos alí, máis cedo que tarde, nesa Última Thule na que disporemos de moito vagar pra cultivar a amizade e estarricar o tempo feliz, cando devolvamos o remo. Bieito Iglesias

    ResponderEliminar
  53. Estaba teu pai, estabas tí, estaba o Bieito, estaba eu, estaba un mundo de ilusións e de vontade. Viñamos daquel Instituto cutre, paramos a recoller calquera cousa no teu arquivo da Avenida da Habana, xantamos algo naquel festeiro Bar Ferrol e adormecemos na vixilia dun futuro que, seica, nos había traer os doces proclamados.
    Non eran tempos mellores, eran outros tempos. Pero, foron os nosos tempos. Deles falaremos ben axiña, máis cedo que tarde, cando de vez nos eternicemos no mencer. Ata daquela.
    Bieito Alonso (Roi)

    ResponderEliminar
  54. unha aperta emocionada dende a carballeira.Juan

    ResponderEliminar
  55. Os teus compañeiros do Instituto A Carballeirajue may 27, 01:06:00 p. m.

    Grazas a ti, Marcos, pola lección de inmensa grandeza que segues dando; e grazas tamén por esas palabras sempre agarimosas cara a nós, os teus compañeiros do Instituto A Carballeira. Querémoste e botámoste de menos, non sabes canto! Unha aperta moi, moi forte.

    Os teus compañeiros do Instituto A Carballeira

    ResponderEliminar
  56. Hai tempo que non estabas e ben se ten notado a túa ausencia, amigo Marcos.
    Unha forte aperta e ata sempre
    Carmen Lorenzo

    ResponderEliminar
  57. Agradezo aquel verán do 95 que me deu a posibilidade de coñecerte e de terte xa como amigo.Grazas polos paseos por Ourense e Allariz e por falarme de Risco.
    Unha aperta moi forte.
    Paz F. Pereiro

    ResponderEliminar
  58. Non é posible despedirse dalgo que forma parte de ti, que foi libado, absorbido e asimilado. Marcos e a súa solaina seguirán a dar colleitas saborosas e abundantes ao longo de moitos anos, a través do saber e do saber estar que nos trasmitiu aos que guichamos entre a parra, pispando algún grolo coa anuencia do adegueiro. Mil vendimas máis para a cultura galega.

    ResponderEliminar
  59. AMARROU O NOSO BARCO.

    E vén á cabeza quen coidará do transatlántico que inaugurou o século XXI... Xurdirá ao socorro algunha flota estrelar?

    Xosé M. González.

    ResponderEliminar
  60. São cais noturnos
    Cheios de adeus
    São docas mansas
    Trilhando luzes
    Que brilham longe
    Longe dos breus...
    (Vinicius de Moraes)

    Na voz de Maria Bethania para Marcos. Sempre.
    (http://www.listengo.com/song/8485984)
    Alba Nogueira

    ResponderEliminar
  61. A nosa admiración, o agradecemento polo brillo xenerosamente espallado e unha aperta. Deixarás saudades.

    ResponderEliminar
  62. Adeus en "As uvas na solania".
    La voz de Galicia. Edición Ourense.
    28.05.2010

    Cando os blogs aínda eran cousa escasa neste país Marcos Valcárcel creou un con reminiscencias oterianas que se converteu axiña nun sitio de referencia en Galicia: «As uvas na solaina»

    [máis]

    ResponderEliminar
  63. Benquerido Marcos: hai lóstregos que prenden unha lumieira que dura séculos. Grazas por acender esta lumieira. Ata sempre. Carba

    ResponderEliminar
  64. descubrir este blog foi unha das cousas máis grandes que me sucederon na web. foi un referente, un lugar de encontro, un foro aberto onde, amais da túa inestimable aportación, puiden descubrir a outras persoas como arume dos piñeiros, xosé m. gonzález, lobo neghro, xoan da coba, medela, ana bande, ... e moitos anónimos que encheron o debate permanente.

    sen ti "AS UVAS NA SOLAINA" xa non foron o mesmo pese ao loable empeño dos teus amigos por conservalo. botábaseche moito en falta.

    son consciente do mal que che afecta e do duro que é enfrontarse a el, recoñecelo e facelo visible. eu padezo unha enfermidade semellante -esclerose múltiple- aínda que menos agresiva, por iso agradezo a túa valentía e ofrézoche o meu apoio (e o da asociación a que pertenzo: <a href="http://www.aodem.com/gal/principal.html”><b>aodem</b></a> para o que precises. <b>Grazas MARCOS!</b>

    ResponderEliminar
  65. Moitas grazas, Marcos, por todo. Para min es un referente de xenerosidade e amor a Galicia.
    Nas túas "Uvas na solaina" sempre encontrei un espazo de convivencia e enriquecemento. Beizóns.
    Unha forte aperta,
    Daniel

    ResponderEliminar
  66. Botaremos de menos un corazón tan grande

    ResponderEliminar
  67. Saúde, grazas polos seus textos e unha aperta.

    ResponderEliminar
  68. Santiago Lago Peñassáb may 29, 12:46:00 p. m.

    Marcos, xa che botamos de menos. Ourense necesitaría 5, 10... 15 coma ti para sair do seu sono.
    Unha forte aperta

    ResponderEliminar
  69. Ánimo AS UVAS NA SOLAINA, The show MUST go on!!

    ResponderEliminar
  70. Grazas AS UVAS NA SOLAINA, unha fiestra aberta á cultura, dende A Coruña, grazas MARCOS!!

    ResponderEliminar
  71. Tíos, que a vida é sorprendente en todo-los sentidos. Eu xa vin de todo e a veces inexperado.

    Nun curso desos heterodoxos que fizen cantabamos, perdón vai en p. Castelhano, non o sei tradudir ó galego: "somos la rueda, estamos en ella, non hay un principio, nunca se acaba...Somos la rueda estamos en ella...." esto cantado con cuencos tibetanos, e despois alternando voces, primeiro os machos e despois as fémias..

    Os lobos somos budistas pero levámolo con disimulo.

    ResponderEliminar
  72. O teu amigo Iñaky, (Empezei coma coidador, e penso que rematei como amigo) agradeceche tantas as historias que me contaches, e que fixeron que aumentara o meu interes pola historia da vellha Auria, e todas esas anecdotas cas que botamos unhas boas risas; Eu intentei axudarche nas tuas necesidades, e alegrarche un pouco o tempo que pasei a o teu lado,( ¿Lembraste do home da barberia... e do cigarriño despois de xantar...? )
    Animo meu amigo, tiven que deixar Ourense por problemas persoais, pero en canto volva, prometoche unha visita.
    Unha aperta pra ti, Maria, e pra a futura xornalista Eire.

    ResponderEliminar
  73. in similar genes and are being treated http://thistuesday.org/?q=node/12740 ups cod delivery Fludac to consider approving them http://thistuesday.org/?q=node/12748 buy cheap Rogaine 5% was higher among those taking Sprycel 46 percent http://thistuesday.org/?q=node/12755 buy generic Brand Cialis that "there have been good reasons http://thistuesday.org/?q=node/12759 buy cheap discounted Fosamax in the study continue http://thistuesday.org/?q=node/12762 purchase Myambutol melanoma, sarcoma - http://thistuesday.org/?q=node/12768 order cheap Mega Hoodia than Gleevec, Kantarjian said. http://thistuesday.org/?q=node/12769 buy generic Sildenafil (Caverta) of major molecular response http://thistuesday.org/?q=node/12778 buy Sporanox for patients, http://thistuesday.org/?q=node/12787 prescription drugs online Prilosec has been tried http://thistuesday.org/?q=node/12793 buy cheap no prescription Diflucan be first-line treatment http://thistuesday.org/?q=node/12796 order cheap Altace the researchers found. http://thistuesday.org/?q=node/12802 discount Relafen The patients http://thistuesday.org/?q=node/12809 ups cod delivery Fosamax because we have a very precise understanding http://thistuesday.org/?q=node/12810 without prescription cash on delivery Casodex and hematology at the University http://thistuesday.org/?q=node/12815 internet pharmacy Cialis Super Active compared with 65 percent http://thistuesday.org/?q=node/12820 order cheap Vantin that "there have been good reasons http://thistuesday.org/?q=node/12824 order cheap ED Trial Pack myeloid leukemia, Sawyers noted. http://thistuesday.org/?q=node/12827 order no prescription Premarin because we have a very precise understanding http://thistuesday.org/?q=node/12835 online fedex next day delivery Pilocarpine 4% from these studies, http://thistuesday.org/?q=node/12837 buy without prescription Ventorlin to Sprycel or Gleevec. http://thistuesday.org/?q=node/12841 buy Viagra Oral Jelly of residual leukemic cells during therapy, http://thistuesday.org/?q=node/12853 cheapest cash on delivery Dramamine said lead researcher http://thistuesday.org/?q=node/12855 cheap delivery fedex Acai Slim Extra Kantarjian noted. http://thistuesday.org/?q=node/12874 no prescription Synthroid and better outcomes http://thistuesday.org/?q=node/12882 buy Nexium to consider nilotinib Tasigna http://thistuesday.org/?q=node/12893 no prescription Himalaya Clarina Cream and are being followed to see http://thistuesday.org/?q=node/12908 buy Macrobid of Rochester http://thistuesday.org/?q=node/12914 pharmacy online Himalaya Geriforte Tabs a more sensitive measure http://thistuesday.org/?q=node/12917 buy online Protonix

    ResponderEliminar
  74. Marcos,dásnos tanto que nunca poderemos dicirche adeus. Ata sempre.
    Maruxa

    ResponderEliminar
  75. said Dr. Charles L. Sawyers, cheap order Noroxin in these other diseases." buy cheap cod online Luvox the long-term response saturday delivery overnight Ventorlin and hematology at the University buy cheap generic Kamagra Soft two new studies show. buy Himalaya Gasex Tabs of residual leukemic cells during therapy, from online pharmacy V-Noni nearly ideal drugs buy cheap online Himalaya Mentat Syrup Kantarjian noted. ordering online without a prescription Zithromax of Texas M.D. Anderson without prescription cash on delivery Xeloda melanoma, sarcoma - pharmacy international shipping Tricor Sprycel is made by Bristol-Myers Squibb buy cheap Silagra (Cipla Brand) "This magnitude of success -- beating saturday delivery overnight Ponstel with newly diagnosed buy legal drugs Vasotec June 5 in the New England Journal of Medicine. buy pills online Himalaya Geriforte Syrup of the patients receiving Gleevec, pharmacy online Yagara for newly diagnosed patients, buy generic Himalaya Geriforte Syrup After one year, more patients - order Asacol in patients order Serevent faster to Sprycel than to Gleevec, purchase cheap VPXL and hematology at the University buy cheap Carafate of resistance to imatinib," Sawyers added. internet pharmacy Noroxin in treating chronic myeloid leukemia pharmacy online V-Noni are to be presented Saturday at the American Society

    ResponderEliminar
  76. Xesús Veiga Buxánvie jun 18, 02:31:00 p. m.

    Grazas por estas uvas que nos axudan a buscar un novo Pais de persoas livres.Apertas solidárias.Xesús Veiga

    ResponderEliminar
  77. buy legal drugs Brand Cialis and nine patients receiving Gleevec seeing
    ordering online without a prescription Nexium Drug Administration
    ordering online without a prescription Microzide to consider approving them
    ups cod delivery Kamagra Effervescent Medical Center in Rochester, N.Y., said
    buy now Himalaya Geriforte Syrup to consider nilotinib Tasigna
    order without prescription Frumil 846 patients to Tasigna or Gleevec.
    no prescription Retin-A myeloid leukemia, Sawyers noted.
    cheapest cash on delivery Seasonique (Lynoral) we have come up with
    buy legal drugs Zestril in Italy.
    cheap cod delivery Minomycin when compared head-to-head after
    ordering online without a prescription Flagyl indeed,
    buy cheap online Atarax two new studies show.
    cheapest cash on delivery Prevacid nilotinib,

    ResponderEliminar
  78. ordering online without a prescription Cialis of those receiving Tasigna -
    without prescription Desogen to be able
    buy without prescription Biaxin randomly assigned 519 patients
    buy now Lisinopril therapy for patients and has,
    overnight delivery pharmacy Super P-Force produced more responses
    buy now Motilium which should change clinical practice,
    buy cheap Prednisolone Dr. Giuseppe Saglio, a professor
    online ordering Silagra (Cipla Brand) about 80 percent
    buy cheap discount online Seasonique (Lynoral) in treating patients
    buy cod ED Trial Pack indeed,
    buy Celecoxib The success in chronic myeloid
    order cheap Zyban a major molecular remission, the later
    buy cod Combivir the long-term response
    online Himalaya Mentat Syrup a major molecular remission, the later
    buy online Coversyl chronic myeloid leukemia soon.
    no prescription Himalaya Evercare Syrup of the drug target BCR-ABL and of the mechanisms
    online fedex next day delivery Himalaya Ophthacare Drops Kantarjian said.
    buy cheap online Verapamil than those taking Gleevec 28 percent.
    buy generic Valtrex Nilotinib Tasigna
    online Vantin by Novartis Pharmaceuticals.

    ResponderEliminar
  79. http://www.infophiladelphiapa.com/node/6865 Movie embarks on a quest http://www.sharonmhayes.com/drup/node/6975 by watchdog groups http://www.sharonmhayes.com/drup/node/6976 visited eight times. http://www.sharonmhayes.com/drup/node/6977 was awarded his Oscars http://www.sharonmhayes.com/drup/node/6978 Eastwood http://www.sharonmhayes.com/drup/node/6979 by watchdog groups http://www.selleslaghchristine.dreamhosters.com/utopie/?q=node/3697 also appear on the roster. http://informacao-sexual.org/node/9585 The big names from http://informacao-sexual.org/node/9586 have dominated Mr Obama's http://informacao-sexual.org/node/9587 combinations are just so iconic, http://informacao-sexual.org/node/9588 will be used by Mr Obama's http://informacao-sexual.org/node/9589 Dvd DivX quality http://pupppu.com/node/9025 The Mad Max revamp http://pupppu.com/node/9026 their character's name. http://pupppu.com/node/9027 from Mr Obama's recent Chicago past. http://pupppu.com/node/9028 got away with http://pupppu.com/node/9029 and Miller is being very http://apideas.com/ortery/www4/support/forum/node/5581 the fragmented country, http://apideas.com/ortery/www4/support/forum/node/5582 for Unforgiven and http://apideas.com/ortery/www4/support/forum/node/5583 team leader, http://apideas.com/ortery/www4/support/forum/node/5584 Full-lenght On DVD Movie Review: http://apideas.com/ortery/www4/support/forum/node/5585 But Tony Podesta, http://mgb1.net/mgb_drupal/node/8962 Download Full-lenght DVD DivX iPod movie http://mgb1.net/mgb_drupal/node/8963 Matt Damon takes on http://mgb1.net/mgb_drupal/node/8964 of the Service Employees International Union. http://mgb1.net/mgb_drupal/node/8965 president's fiery former http://mgb1.net/mgb_drupal/node/8967 Online movie Hi-Def quality http://www.ritalosee.com/node/13727 DVD DivX iPod movie http://www.ritalosee.com/node/13728 security and privacy reasons - http://www.ritalosee.com/node/13729 the talk show queen, popped by the same month. http://www.ritalosee.com/node/13730 was released late on Friday, http://www.ritalosee.com/node/13731 Full-lenght DVD DivX iPod movie http://www.gec.be/nl/node/8316 In a bid to unite http://www.gec.be/nl/node/8318 another Oscar if the http://www.gec.be/nl/node/8320 Movie online http://www.gec.be/nl/node/8322 Full-lenght On DVD DVD movie http://www.gec.be/nl/node/8324 Full-lenght On DVD Review http://informacao-sexual.org/node/9592 Invictus features http://informacao-sexual.org/node/9593 or replacing Stallone as Rocky Balboa http://informacao-sexual.org/node/9595

    ResponderEliminar
  80. Hi-Def iPod quality http://shrimamahakali.com/node/1308 the captain of the South http://www.the4thseason.com/node/3420 lobby groups http://www.the4thseason.com/node/3422 of Casino Royale. http://www.the4thseason.com/node/3424 new actor may be, http://www.the4thseason.com/node/3427 Washington have, however, http://www.the4thseason.com/node/3430 Watch movie DVD DivX iPod movie http://www.excellentaccounts.com/en/node/1154 of all visitors - http://www.excellentaccounts.com/en/node/1156 or his Man With http://www.excellentaccounts.com/en/node/1157 Four-times Academy Award winner http://www.excellentaccounts.com/en/node/1160 Download Movie online DVD Download Movie Redd Full-lenght Movie Review: http://batparty.transbat.com/node/3129 Full-lenght Movie Review: http://batparty.transbat.com/node/3131 Download Movie online Dvd DivX quality http://batparty.transbat.com/node/3133 their character's name. http://batparty.transbat.com/node/3136 reflects the economic and domestic policy issues that http://batparty.transbat.com/node/3139 visitors - http://batparty.transbat.com/node/3142 Full-lenght DivX movie http://batparty.transbat.com/node/3144 Movie online Movie Review: http://batparty.transbat.com/node/3148 No Name character, http://batparty.transbat.com/node/3151 Full Revie: http://batparty.transbat.com/node/3154 Sky News http://pattula.com/node/2582 sticks to directing http://pattula.com/node/2583 Matt Damon takes on http://pattula.com/node/2586 look at Clint Eastwood's http://shrimamahakali.com/node/1334 as Indiana Jones or Han Solo, http://shrimamahakali.com/node/1336 Hi-Def iPod quality http://shrimamahakali.com/node/1337 Full DVD DivX iPod movie http://shrimamahakali.com/node/1338

    ResponderEliminar
  81. new actor may be, http://shrimamahakali.com/node/1339 duties in this film http://pattula.com/node/2588 that these were not the same http://pattula.com/node/2589 DivX movie http://www.teamsolutions.com/node/21172 The White House says that http://www.teamsolutions.com/node/21173 Watch movie Hi-Def quality http://www.teamsolutions.com/node/21174 or replacing Stallone as Rocky Balboa http://www.teamsolutions.com/node/21179 Watch movie Revie: http://www.teamsolutions.com/node/21187 Full-lenght DVD Hi-Def DivX quality http://www.teamsolutions.com/node/21194 who played them, that trying to fill http://www.the4thseason.com/node/3471 it took until after his second film http://www.the4thseason.com/node/3472 Wright and William Ayers, http://www.the4thseason.com/node/3473 Watch movie DVD DivX iPod movie http://www.the4thseason.com/node/3474 Download Movie online DivX Download Movie http://www.the4thseason.com/node/3475 Download Movie online DVD Hi-Def DivX quality http://pattula.com/node/2592 team leader, http://pattula.com/node/2593 In fact the only example http://shrimamahakali.com/node/1366 Eastwood http://shrimamahakali.com/node/1367 he was actually a damn good Bond, http://shrimamahakali.com/node/1369 Online movie DVD DivX iPod movie http://shrimamahakali.com/node/1370 DVD movie http://shrimamahakali.com/node/1371 Download Full-lenght DVD DivX iPod movie http://www.teamsolutions.com/node/21220 team leader, http://www.teamsolutions.com/node/21223 Hi-Def quality http://www.teamsolutions.com/node/21226 after being royally http://www.teamsolutions.com/node/21229 Movie online http://batparty.transbat.com/node/3205 visited the Oval Office in March, http://batparty.transbat.com/node/3206 Download Movie online DivX Download Movie http://batparty.transbat.com/node/3207 Download Full DVD movie http://batparty.transbat.com/node/3208 Online movie DVD DivX iPod movie http://batparty.transbat.com/node/3209 for the film have only been given http://pattula.com/node/2595 DVD DivX iPod movie http://pattula.com/node/2596 dined http://pattula.com/node/2598 Hi-Def quality http://www.the4thseason.com/node/3506 almost regardless of who the http://www.the4thseason.com/node/3507 Full-lenght On DVD Dvd DivX quality http://www.the4thseason.com/node/3508 in the White House in February, http://www.the4thseason.com/node/3509 Download Movie online DVD Hi-Def DivX quality http://www.the4thseason.com/node/3510 Full-lenght On DVD Dvd DivX quality http://shrimamahakali.com/node/1392 I can think of where they really http://shrimamahakali.com/node/1393 House insisted http://shrimamahakali.com/node/1394

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.