27 oct 2010

MENSAXE ÓS COMPAÑEIROS DO I.E.S. DA CARBALLEIRA


Marcos Valcárcel


Acepto compracido o voso convite para participar cun breve texto na exposición sobre o mundo do libro.

Ademais síntome moi honrado coa iniciativade bautizar co meu nome a biblioteca do centro, onde pasei moitas horas agradables cos meus alumnos ou en solitario.

A Carballeira son 25 anos da miña vida e segue viva nos meus recordos e nos soños. Entre todos logramos un modelo educativo participativo e dinámico moi próximo ós mellores ideais pedagóxicos.

Unha aperta a todos os colegas e un bico ás compañeiras de Humanidades.

7 comentarios:

  1. Hai moito tempo que queriamos enviarche este forte abrazo. Somos seguidores fieis da túa fiestra dixital e alegrounos moito que voltases a asomarte ás uvas na solaina.
    Ti tamén formas parte dos nosos soños e as nosas lembranzas.

    Moito cariño,
    Marga e Felipe

    ResponderEliminar
  2. Tamén dende Valdoviño lembrámonos de ti, dos compañeiros da Carballeira, neste intre e en especial dos que seguen este blog, Marga e Felipe, Carlos Varela e as compañeiras de humanidades. Para darvos algo de envexa dicir que teño un ollo no monitor e outro na Frouxeira, a fermosa praia que tes visitado. Unha aperta para todos.
    José Manuel e Eva

    ResponderEliminar
  3. Paréceme unha idea fenomenal que a biblioteca do centro leve o nome de Marcos. Noraboa aos promotores da iniciativa. Ninguén mellor ca el para ficar ben pretiño dos libros, agarimándoos sempre. Parabéns, irmán. Unha fonda aperta desde esta Fisterra miña que tamén é túa.

    ResponderEliminar
  4. Noraboa! non podería levar mellor nome. Eu gardo moitos recordos como alumna, nunhas idades nas que era un chisco complicado aturar a mais de 30 rapaces inquedos e que sempre soubeche levar de tal xeito que todos gardamos un magnifico recordo de ti.

    Saudiños :)

    ResponderEliminar
  5. Proprio dun home tan apegado aos libros. Merecidísimo recoñecimento.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  6. Querido amigo Marcos. Unha inoportuna afección gripal impídeme asistir ao acto na biblioteca. Moito me houbera gustado compartir con vós estes momentos en lembranza de tantas horas que compartimos rodeados de libros amigos.
    Parabéns e saúde.
    Xabimusic

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.