tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post2135316983063440206..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger15125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-50664650437121310742007-07-23T11:27:00.000+02:002007-07-23T11:27:00.000+02:00As comparaciós que fago entre empresas e partidos ...As comparaciós que fago entre empresas e partidos políticos pareceránlhe odiosas a moita xente.Quen lembra épocas en que os partidos non estaban permitidos ténnos moi mitificados ou idealizados.Pro comprenderán que quen nacéu en Democracia o que ve é:
Un partido é un conxunto de particulares que se reúnen na busqueda duns intereses comúns,definen ante notario unhos obxetivos e unhos estatutos.Coma unha empresa.
A diferencia é que nas empresas unhos manda i outros obedecen,e os partidos son democráticos.JA JA JA. Deixen que me ría.Nos partidos, unhos poucos mandan e os outros seguen o que eufemísticamente se chama "disciplina de partido".
O partido busca o seu interés e os dos séus membros.As diferencias están no nivel de descaro conque o fan.
Cada catro anos,os cidadáns dánlhe unha "concesión" a algo bén parecido a unha sociedade mercantil.A toma do poder por un partido é unha verdadeira privatización.É por iso que digo que se require unha forte lexislación da actividade política en sí mesma.
¿Vostedes imaxinan que a lexislación mercantil a fixeran as propias empresas?.Pois iso é que pasa:As léis fannas teóricamente certas instituciós.Pero éstas están "privatizadas".
E repito.A xente nova non ten esa visión mitificada dos partidos tan habitual en quen vivíu cando estaban prohibidos.¿Consecuencias?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-69571259807252257412007-07-23T00:02:00.000+02:002007-07-23T00:02:00.000+02:00Sr.ap-c. (Sígo dándolhe voltas ó que falábamos ne...Sr.ap-c.

(Sígo dándolhe voltas ó que falábamos neste post.)
Cando ós políticos se lhes suxire que podería lexislarse circa das súas promesas incumplidas ó electorado ou acciós "rastreras"contra outros partidos,sempre dicen: "Non fai falha.Se algo facemos mal,os eleitores non nos votan nas próximas..."

Vostede sabe que cando falamos de "libre mercado",o de "libre" non é tanto así: a actividade económica é controlada por unha lexislación específica i extensa.Resume a experiencia de séculos nese ámbito.Vostede imaxine que unha empresa cometa un error que dañe ó consumidor (ou á competencia máis alá da lei). Non valería que dixera:"Xa nos castigarán deixando de comprar ó noso produto...".Claro que os castigarán: o mercado por unha beira i A LEI por outra.
Creo que debería haber unha lexislación específica pra a actividade política en sí mesma ,como hai un "código de comercio" ou un "estatuto dos trabalhadores".A tarefa non é doada:a actividade mercantil tén séculos,milenios de existencia,e a lei contempla moitísimas das súas "trampas" (algunhas recentes,asociadas a internet ou a globalización, aínda non).A actividade democrática é moito máis recente,e a experiencia a considerar polo lexislador moito menor,pero por algo habería que empezar...
Por certo,tamén poderían decir algo do debate dos soldos dos munícipes...Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-84034705867031018092007-07-20T22:13:00.000+02:002007-07-20T22:13:00.000+02:00Agradézolles moito as súas loanzas á miña escritur...Agradézolles moito as súas loanzas á miña escritura. As súas, cada unha no seu estilo, tamén as merecen. As súas e as de todos os que por aquí pasan. Xa se di por aí que este blog "ten nivel".Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-18414987059492619372007-07-20T18:15:00.000+02:002007-07-20T18:15:00.000+02:00O mercado eficiente é o que crea a riqueza,como vo...O mercado eficiente é o que crea a riqueza,como vostede bén dice.O que non é eficiente,desaparece porque o feed-back do sistema é prácticamente instantaneo e diferenciado (darwinismo do mercado).
A riqueza xerada por ese mercado eficiente é de dóus tipos:
1)
O bó produto (en senso xenérico,pode ser produto,servicio,etc...) ofertado á sociedade como a soluzón óptima pra un problema determinado,atopada por competencia coas outras alternativas.Ahí xa hai un "reparto" da riqueza creada que non existía (reparto que pode non ser equitativo).
2)A riqueza entregada ó Estado en forma de impostos.A única que se toma en conta desde determinados sectores.
O problema é que o reparto de esta última déixase en máus de políticos.I ese sistema non ten os sofisticados sistemas-feedback do mercado.Nin en rapidez (vótase cada catro anos),nin en diferenciación (vótase un "promedio" de actuaciós boas e malas ).Aparte de eso,o sistema político,a "casta" da que faláron hai uns días,blíndase corporativamente contra calquera tipo de feedback que non sexa o interno e autoreferencial...

¿Cal é a soluzón? Se non a encontramos,será ela a que nos encontre a nós...Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-65268382747302825592007-07-20T16:45:00.000+02:002007-07-20T16:45:00.000+02:00¨Herr XM Glz: Danke.Ich hatte es vergessen...¨Herr XM Glz: Danke.Ich hatte es vergessen...Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-21795075268966053962007-07-20T16:44:00.000+02:002007-07-20T16:44:00.000+02:00Ok,Sr ap.c.(plas,plas...) Góstame esa diferenciaci...Ok,Sr ap.c.(plas,plas...)

Góstame esa diferenciación consciente que fái entre a bondade das intenciós e a bondade dos resultados.Demasiada xente non é consciente de que non é suficiente,cicáis nen siquera relevante,que as intenciós sexan boas (xa sabe que son as pedras do inferno).O que importa son os resultados (algús chámanlhe maquiavelismo,outros pragmatismo ou "gestión por objetivos").O malo é que os resultados non se conhecen hasta que se conhecen (Tautología sólo aparente).

Agora,vou pensar un rato sobre o que escribíu,que é o mesmo sobre o que penso moitas voltas...Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-6680052589172429622007-07-20T15:15:00.000+02:002007-07-20T15:15:00.000+02:00"Conservador" pode ser un protector do que merece ..."Conservador" pode ser un protector do que merece perpetuarse; quen defende aquilo non novo que é xusto e bo. A idea de simple ralentizador dos cambios non me resulta satisfactoria e eis outra dificultade, de entre as moitas que as taxonomías e a semántica fornecen neste tempo.

Traballo arduo para os filósofos, como definir "progreso"; ou "esquerda", xa que nin "liberal", "libertario" ou "conservador" esencialmente se lle opoñen. Utilizar "esencia". Pódese, de novo, "definir"?

Herr da Coba: im August ist das Blog geschlossen. Kein neues Eingabe des Besitzers.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-408033000557333992007-07-20T14:34:00.000+02:002007-07-20T14:34:00.000+02:00Moi interesante isto último que acaba de dicir, am...Moi interesante isto último que acaba de dicir, amigo da Coba.

Ten vostede toda a razón no de que moitas veces se fai unha identificación mecánica do "liberalismo económico", previa redución e caricaturización do mesmo, coa Dereita.

De feito, os teóricos clásicos do neoliberalismo (máis que os da "monetarista" Escola de Chicago, a Escola Austríaca, penso eu) teñen posto moitas veces a man na chaga verbo dos constrenximentos que ao desenvolvemento e eficiencia do mercado lle poñen moitas veces determinadas políticas públicas, que, feitas benintencionadamente, producen unhas "consecuencias non desexadas".

De todo isto non ten por que deducirse unha adhesión plena e total aos seus postulados, senón tomalos en conta para un acaído deseño de políticas de benestar que non interfiran negativamente no desenvolvemento, eficacia e eficiencia do mercado, que, guste ou non, é o que xera riqueza.

O quid da cuestión está, entre outras cousas, en cómo se pode repartir socialmente esa riqueza sen por iso ralentizar o desenvolvemento do mercado, e en cómo este ten que, a súa vez, ser corrixido ou limitado nos seus excesos (as externalidades medioambientais, por exemplo).

Dito doutro xeito: hoxe non se pode fíar todo ao Estado nin todo ao Mercado.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-21580949232384250592007-07-20T14:16:00.000+02:002007-07-20T14:16:00.000+02:00(95% de acordo con ap.-c.Eu non o parabenizo,ese é...(95% de acordo con ap.-c.Eu non o parabenizo,ese é o 5% de diferencia.Pra conxurar o risco de que se durma nos laureles...)

(Ó final todo vái reducirse a malabarismos semánticos)

(Non séi por qué lembro que fai anos unha corrente das esquerdas consideraba ó ecoloxismo como reaccionario...)
(Non debe ser casual,tal é como explica Bueno en "o mito da esquerda" que a principios do Século XX se falase sempre de "Dereita" (singular) e "Esquerdas" (plural)).

Eu non séi hasta qué punto hai que dar por suposta esa identificación do "liberalismo económico" coa Direita.A expresión admite polo menos tantos matices e variacións coma "Esquerda".Vostedes idetentifícano demasiado pronto cós abusos do "libre mercado salvaxe".Cérranlhe as portas demasiado pronto ó análisis do que póidan tér de bó (moito ou pouco) as ideas da "Escola de Chicago...)
Xa séi que están dicindo: Vade Retro...pero a outra hora que non tenha tanta fame fago unha apoloxía á minha maneira...Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-5687718766948832322007-07-20T13:18:00.000+02:002007-07-20T13:18:00.000+02:00Cada día se expresa mellor, amigo Leituga 1. Está ...Cada día se expresa mellor, amigo Leituga 1. Está a acadar a excelencia expresiva: rigor, claridade e elegancia. Dígollo en serio e parabenízoo por iso.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-17802670261445577752007-07-20T13:07:00.000+02:002007-07-20T13:07:00.000+02:00Für XM Glz: Schlechter? Meinen Sie vielleicht lang...Für XM Glz:
Schlechter? Meinen Sie vielleicht langsamer?
DanKe.Sind Sie einem gutes freund...Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-39066871236767269902007-07-20T12:04:00.000+02:002007-07-20T12:04:00.000+02:00Isaac Díaz Pardo autotitulábase exactamente "conse...Isaac Díaz Pardo autotitulábase exactamente "conservador libertario" (aparte de outras cousas, como "templagaitas" e "limpamerdas").
Eu podería subscribir para min esa definición (e as outras dúas tamén), na medida en que, formuladas dende unha perspectiva de esquerdas, como é a de Díaz Pardo, conteñen dúas ideas moi interesantes: "conservador" incorpora unha crítica á "Idea do Progreso" que tan fortemente marcou, dende a súa mesma raíz, a actuación da esquerda na modernidade. Hoxe esa idea, xa petrificada e topificada como ideoloxía, é máis patrimonio da dereita que da esquerda, sobre todo no que se refire á evolución do capitalismo cara unha especie de "holismo mercantil" do que non se libran nin o territorio nin o medio ambiente nin a educación nin os proxectos de vida das persoas. Neste aspecto, é unha necesidade que a esquerda se faga "conservadora", no sentido de apostar polo control político e democrático duns cambios que non deben ser dictados e impostos por grandes corporacións non lexitimables democraticamente.
"Libertario", pola súa banda, é palabra de vella raigame, emparentada con "liberal", pero superadora desta en canto a afirmación do ideal republicanista de "non dominación". "Libertario" relaciónase tamén co anarquismo e co seu ideal da liberdade individual, sen submisións innecesarias ás grandes estruturas sagradas, tanto relixiosas como seculares: Deus, Igrexa, Estado, Nación...
O "conservadurismo libertario" de Isaac non é fácil de conciliar e aí está o seu desafío. O conservadurismo implica neste caso un grao bastante amplo de intervención pública e mesmo regulamentación restrictiva de determinados procesos socio-económicos; e o compoñente libertario reivindica que esa intervención sexa a menor posible, dada a tendencia dos poderes públicos a sobrepasarse nas súas atribucións.
Pero é precisamente na conciliación desas forzas opostas e contraditorias onde se atopa a riqueza da "boutade" isaaciana.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-86223746442025970262007-07-20T11:11:00.000+02:002007-07-20T11:11:00.000+02:00Un dos lemas de orde do 68 puido ser a reivindicac...Un dos lemas de orde do 68 puido ser a reivindicación do oxímoron; de todos modos, xa Díaz Pardo reclamabapara si a condición de "anarquista conservador" ou algo semellante: precisen ou corrixan, por favor.

E eu entendo grandemente saudables tales perspectivas ou prototipos. Notoriamente en tempo coma o presente, no que tan difícil é moitas veces entender o que se quere dicir con certas expresións, sexan esquerda, canon ou multiculturalismo.

Da Coba, no verán -aínda neste así de fresco- todo anda máis amodo; ben ve que só vde. mantén o tipo. Nehmen Sie es gelassen: im August wird alles noch schlechter.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-23012894291031088152007-07-19T23:26:00.000+02:002007-07-19T23:26:00.000+02:00Warum hat noch nicht niemand nichts gescrhrieben? ...Warum hat noch nicht niemand nichts gescrhrieben?
Wer hat die Urlaub entdecken?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-71696260022948986872007-07-19T17:52:00.000+02:002007-07-19T17:52:00.000+02:00En efeto,sobor de todo no centro,as cidades son xa...En efeto,sobor de todo no centro,as cidades son xa cidades-clon.Teñen todas as mesmas tendas-franquicia,i ademáis tenden a colocarse na mesma posición relativa...Anonymousnoreply@blogger.com