tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post2269220335456808766..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger42125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-6636515854407482422009-01-05T15:37:00.000+01:002009-01-05T15:37:00.000+01:00Esta noite teño que volver traballar. É unha desgr...Esta noite teño que volver traballar. É unha desgraza ser pobres.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-16159428069065647092009-01-05T15:36:00.000+01:002009-01-05T15:36:00.000+01:00Outra anécdota que vos conto, da outra noite. Des...Outra anécdota que vos conto, da outra noite.

Desde o escenario, e seguindo intrucciós da dirección, un dos músicos dirixíu un sorteo de varios agasallos donados por o balneario, entre os asistentes á festa. Había moita xente española non galega, e moitos potugueses (é un lugar turístico). Ese locutor falóu todo o tempo en galego, eso sí, lento e claro. A cousa faciase especialmente delicada cando pronunciaba os números ganadores, moitos de eles de varias cifras. Pensóu que algún español-non-galego ou algún portugués lle iba facer repetir algún, ou traducilo á sua lingua, pero eso non pasóu en nigún caso. Todos os agasallados brincaban ledos ao escoitar que o seu número era gañador, anque foran castelán ou portugués falantes.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-59749515378992596382009-01-04T15:39:00.000+01:002009-01-04T15:39:00.000+01:00Sr Saavedra: Devezo por coñecer, o que vostede de...Sr Saavedra: Devezo por coñecer, o que vostede determina sobre o que significa " ser de esquerdas ou ser de dereitas ".
Teño para min que esa distinción teórica non é máis ca unha entelequia. Por moito que os tratados de dereito político digan que a dereita é o conservadurismo e a esquerda a progresía, hoxe en día todos(refírome maiormente os partidos políticos) veñen en decir o mesmo : evolucionar conservando a tradición. Non será que un estará dun lado ou do outro segundo o lugar dende que se mira ?. Ademais onde está ese ponto imaxinario que permite asentarse nunha determinada beira?. Seguro que vostede mo pode explicar.alphahttps://www.blogger.com/profile/14029912512198010719noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-50671601688806257022009-01-01T20:26:00.000+01:002009-01-01T20:26:00.000+01:00Podíavos contar unha cantas anécdotas da miña noit...Podíavos contar unha cantas anécdotas da miña noite de fin de ano, que paséi amenizando a festa do balneario de Riocaldo, en Lobios. Habia tantos españóis como portugueses ,e celebramos a entrada do ano duas veces, conectando á amplificación a televisiós dos dous países.

A que máis me fixo rir, que da para un relato:

Duas parexas, na treintena, bailaron toda a noite, moi animadamente. Acabaron a ostias.

Explicación (según se soupo despóis):
Eles eran amigos, portugueses, de Lisboa, i elas eran "chicas de compañía" contratadas (independientemente) para a ocasión. Ao final da noite, un de eles quixo cambiar de partenaire, "pagando o que fixera falta", e acabaron a ostia limpa.

Se teño ánimo a outra hora, fágovos un relato do resto de anécdotas, que as houbo. Desde o palco vense moitas cousas.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-66081760391487618722009-01-01T20:12:00.000+01:002009-01-01T20:12:00.000+01:00Eu non entendo por qué os políticos teñen que "rel...Eu non entendo por qué os políticos teñen que "relacionarse có alto empresariado", nin viceversa. Ou enténdoo demasiado, e non me gusta nada. Nin por os uns, nin por os outros.

Os empresarios, que se dediquen a facer empresa. Có efecto,en principio colateral, de xenerar traballo. A empresa, a quen pretende servir en principio é á totalidade da sociedade (chamada "mercado" neste contexto) no aspecto puntual do producto/servizo que ofrece. Todo o mundo ten dereito ao traballo, pero eso non implica que haxa ninguén obrigado a darllo, que é a interpretación que moitos fan de ese dereito. COmo todo o mundo ten dereito á vida sexual, pero ninguén está obligado a facilitarlla. O dos impostos é tamén función social colateral "a posteriori".

Os enxeñeiros diseñan máquinas que compatibilizan a sua finalidade básica cunha morea de outras condiciós que as adaptan ao ser humano .Un coche, por exemplo, non sólo ten que levarnos de un lugar a outro. Ten que ser ergonómico, seguro, confortable,cumplir a lexislación en moitos aspectos técnicos, etc. E inda porriba ten que ser "bonito". Sonlle ben aspecto que se foron compatibilizando en ben pouco espacio, có paso do tempo e coa vontade de facelo.

Os empresarios, como colectivo, non teñen por qué ser menos intelixentes que os enxeñeiros. Teñen que diseñar a sua "máquina empresarial" de forma que os postos de traballo, ademáis de cumplir a finalidade básica como "peza da empresa" ,estén dignamente pagados , non sexan alienantes, permitan a "realización persoal" do traballador, cumplan estrictamente a lei, etc. Hasta "ser bonitos".

Si un fabricante de coches non é capaz de diseñar os sistemas mecánicos de xeito que o conductor cabia no habitáculo, que se dedique a outra cousa. Si un emprendedor que precisa de traballadores non é capaz de deseñar os postos de traballo de ese xeito, que se dedique a outra cousa.

Moitos empresarios buscan a complicidade dos políticos para que alteren as regras do xogo cando ven que non poden gañar cumplíndoas todas. Como un fabricante de coches que non fora capaz de cumprir un requisito de seguridade, e presionara políticamente pra modificar a norma. Eses empresarios non interesan ao "país" (vou usar esa palabra). Curiosamente, "asócianse" con políticos que ,simétricamente, teñén o mesmo tipo de carencias no seu propio ámbito: non consiguen gañarse ao electorado limpamente, e buscan as "axudas", principalmente económicas e de oscura orixe, de aqueles, pra comprar vontades, xornáis, etc. Este políticos, tampouco interesan.

Empresarios e políticos: cada un ao seu. Non vos quero ver xuntos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-77619189368081788352008-12-31T20:38:00.000+01:002008-12-31T20:38:00.000+01:00No pedaciño que quedou entre choio e choio, volvo ...No pedaciño que quedou entre choio e choio, volvo mirar e encontro leria longa. O moito que escribín hai unhas horas puido ser moito porque o seu fondo anda comigo hai tempo e pouco necesita para saír: só a peneira que deixaría o tempo que non hai. Con todo:

A referencia a Aznar non levaba, obviamente, conexión co interpelado, agora retrucante. Admito que requiriría explicación que arestora non podo dar.

Non sei o que cambian os demais, o BNG si que obviamente cambia: cara ao pragmatismo que permita gobernar, que implica escoitar a todos, servir fundamentalmente a maioría e bastantes veces a quen non o é. Talmente como fai o PSOE do que o Arume dos Piñeiros dixo, non hai moito, que el consideraba partido de esquerda, con cláusula matizante no sentido de "máis ben", fundamentalmente" ou o que sexa.

O PP boinista, como tal, é especie en evolución. Socioelectoralmente, mercadoría que está no PP, cobiza (e éntralle) o PSOE e á que espero que tamén poderá aspirar o BNG, se non é molestia. "Facer país" é venturoso lema, non menos expresivo que o que outros grupos cus esquerdismo non se pón en dúbida adoitan utilizar. A chiscadela, esa estratexia de alto valor.

Non sei se o BNG é ou non de esquerda. A maioría, coma min, veo como progresista; e eu considéroo no menos de esquera (xaora) có PSOE. Examínense,se acaso cotéxense as políticas. Considérese a posibilidade de que sexa proxecto orixinal de percorrido interesante. Cando menos, xa que deu lugar a unha pescuda tan prometedora coma a de X. R. Quintana; e posibilita que alguén coma o Medela, con todos os trazos e grazas sinalados, estea dentro do PNG-PG ew por ende no Bloque. Venturosamente, sen ningún tipo de dúbida e por moitísimos anos.

Cea dun nacionalista lugués, como verán escasamente chovinista:

Tapiña de gambóns e ameixas á galega.

Froitos de mar en prebe mallorquín.

CHASSAGHE-MONTRACHET 1997.

Cervo marinado no forno.

CHÂTEAU MEYNEY 1986.

Postres de Nadal, basicamente alacantíns e toledanos.

TOKAI ASZÚ 3 PUTTONYOS. 1981.

CHAMPAGNE BEAUMONT DES CRAYÈRES.

Páseno ben!Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-43130543108472828522008-12-31T19:22:00.000+01:002008-12-31T19:22:00.000+01:00Fago ofrendas sacrificiais a todos os deuses, incl...Fago ofrendas sacrificiais a todos os deuses, incluído o panteón Hopi e Kwakiutl, para que o xenio do señor
O MESMO, PERO DISIMULANDO
continúe, cando menos ata que poidamos gozar da súa, como el di, última novela.
Mesmo, é Vde. un crack. E rin moito cando terminou a súa incendiaria proclama cun litúrxico Amén.-Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-46977893973203947262008-12-31T19:16:00.000+01:002008-12-31T19:16:00.000+01:00Para o meu amigo, o profesor González:Non son un p...Para o meu amigo, o profesor González:
Non son un prodixio de progresismo. É certo. Nunca fun 'esquerdista'. Nunca fun ecoloxista, a pesar dos carballos e castiñeiros que plantei nas leiras da miña avoa, en Lobeira. Nunca na miña vida, votei no PSOE. E estou en contra da obrigatoriedade pactual BNG-PSOE. Leire Pajín paréceme unha personaxe tan medoña como Esperanza Aguirre.
Gustaríame que Europa fose unha confederación de pequenas nacións que ultrapasase económicamente os EEUU.
Son firme partidario da iniciativa privada, da sociedade por riba do estado, que demostra a súa debilidade canto máis controla a acción cidadá.
Son católico e mal cristián.
Admiro os xesuítas, aínda que non compartillo todos os postulados da teoloxía da liberación.
Son lusista, tamén.
Detesto as comparacións entre o nacionalismo catalán, basco e galego.
Son simpatizante do PNV.
Admiro a Adenauer e a Kennedy.
Non me gustan Obama nin Sarah Pallin.

Teño dereito a ser galeguista??
E que, amigo González, despois de todo o que acaba de dicir, estoulle un bocado confuso...Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-61026748596235556612008-12-31T18:38:00.000+01:002008-12-31T18:38:00.000+01:00Pois eu debo de ser unha mala besta, porque esta n...Pois eu debo de ser unha mala besta, porque esta noite na miña mesa non vai haber nada, nadiña, galego. Decidín unha cea fría, a base de queixos variados todos alén de Pedrafita ou do Padornelo, fiambres ibéricos e algún italiano. Teño un salami que levanta un morto. E beberei un viño tinto australiano. Si, señor. Australiano. Tamén resucita ós mortos. E logo abrirei unha botella de Veuve de Clicqot e ireina baixando con dozura. Cando todo isto estea repousando no fondo do meu bandullo, encenderei o ordenador, abrirei o arquivo correspondente, e escribirei a última liña do último parágrafo do último capítulo da miña última novela. Por razóns inconfesables, non quería rematala no 2008.

¡Ah, e escribo e seguirei escribindo sempre en galego, pero xuro por todos os deuses que poidan confundirme, que xamais fun, nin son ni penso ser nacionalista!

As únicas denominacións de orixe que me interesan, os únicos sinais identitarios que persigo son os do viño.

Amén.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-48899511333625085872008-12-31T17:50:00.000+01:002008-12-31T17:50:00.000+01:00Dixen catro, pero mentres escribía aló foron outro...Dixen catro, pero mentres escribía aló foron outros dous. Carafío, Saavedra. Hoxe non corrixe? Como se nota que non ten que facer cea, coma min.
Por certo, que é o que comen?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-25349832748732906942008-12-31T17:49:00.000+01:002008-12-31T17:49:00.000+01:00Para coñecer a miña posición (un pouco camp, polo ...Para coñecer a miña posición (un pouco camp, polo que afirma: entre un pc de pantalóns acampanados e un aznar de serranitos) e non sentir a calor da lapa, acende vostede catro comentarios de retruque. Se lle chega a escocer, darían as uvas e vostede aínda estaría explicando por que o BNG está onde está e son os demáis os que cambian.
Que o nacionalismo galego camiña cara unha nítida posición centrista (ou fóra da liña de referencias dereita-esquerda, na que alomenos polos programas ideolóxicos sempre trataba de situarse) parece evidente. Que trata de ocupar esa posición para servir de bisagra á gobernación, con pretensións hexemónicas a medio prazo, entre o PP e o PSOE non o digo eu: afírmao, con tanta subtileza coma claridade, a súa alferecía intelectual. Que o votante ou afín do BNG posúe veleidades esquerdistas ninguén o nega, pero, como ocurre cos que non teñen outra cousa que votar, constitúen unha base pouco pertinente. Daí que a estratexia benegá trate de conquistar o terreo do PP boinista, ese conservadurismo que sempre está atento ás chiscadelas oportunas. Eso significa que o discurso se desprende de rasgos esquerdistas (ou se prescinde deles ou se deixa que sexan algúns militantes, nun reparto de rols moi ben urdido, nunca o rei, o que de cando en vez dean o toque xenuino do partido diante dos afiliados, non vaia ser) para simplificar o pensamento e reducilo ao "facer país" de rigor.
Eso é o que eu chamo volta ás orixes, que non sei se coincide co que Quintana (XR) dá en chamar long and winding road e que tamén podería ser chamado a longa marcha cara o centro ou cara o non lugar.

Sobre a perda da condición esquerdista do PSOE debe preguntar noutra ventanilla: pero dame que debe ser pregunta que se facía o meu bisavó aló polo 21, cando decidiu participar en Asturies na fundación do PC.

Nota: a conxuntura foi propiciada por un anónimo que me preguntou directamente que pensaba sobre a entrevista de XR Quintana en Vieiros. Na miña casa sempre estimaron moito respostar a quen che pregunta. ;;)))Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-51186688246119446002008-12-31T17:28:00.000+01:002008-12-31T17:28:00.000+01:00De novo hai que corrixie emendas:Isto xa non é ret...De novo hai que corrixie emendas:

Isto xa non é retórica: o PSOE pode manter relación máis ca amistosas co grupo PRISA; facer trato, chegar a acordo ou favorecer empresas pequenas, grandes, gradísimas, o sistema financeiro; manter a política internacional que mantivo; chegar a acordo co PP, tamén en labor de goberno, cando lle pareza. E non só non se dubida que o PSOE seica é de esquerda, senón que quen non o escolla a martelo como partenaire está inequivocamente condenado ao maldicir. A mesma idea de eludilo e examinar outras posibilidades (aínda que o terceiro actor a desbote explicitamente) confirma hipótese previa que non admite contradición.

En fin: pendente de determinar qué pode significar arestora ser de esquerda (que esa é outra, e case non hai versións) declino sen acridtude o papel de autoenganado. Non se me leve a mal, e teñan Bo Aninovo.

P.D.: Segue sendo certo que para acabar axiña hai que ir amodo; non sei cando acabarei por facer caso. E voume correndo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-57814077467767759402008-12-31T17:22:00.000+01:002008-12-31T17:22:00.000+01:00Isto xa non é retórica: o PSOE pode manter relació...Isto xa non é retórica: o PSOE pode manter relación máis ca amistosa co grupo PRISA; facer trato, chegar a acordo ou favorecer a empresa; manter a política internacional que mantivo; chegar a acordo co PP, tamén en labor de goberno, cando lle pareza. E non só non se dubida que o PSOE seica é de esquerda, senón que quen non escolla a martelo de partenaire está inequivocamente condenado ao maldicir. A mesma idea (aínda que o intereado a desbote explicitamente) confirma hipótese previa que non admite contradición.

En fin: pendente de determinar qué pode significar arestora ser de esquerda (que esa é outra, e case non hai versións) declino sen acridtude o papel de autoenganado. Non se me leve a mal, e teñan Bo Aninovo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-63967663706315106162008-12-31T17:14:00.000+01:002008-12-31T17:14:00.000+01:00O BNG tenta manter diálogo e relación co sector em...O BNG tenta manter diálogo e relación co sector empresarial do país, incluín en principio os grupos máis poderosos. Sempre pon por diante o motivo: o interese básico da súa acción política é o desenvolvemento e modernización do propio país.

Ignoro de que o outra e decidida maneira se pode afrontar tal obxectivo nunha situación sociopolítica coma a actual. Comprendo que a moitas sensibilidades lles repugne avalar o papel do empresariado como promotor de riqueza, xa que parece perpetuar o sistema de libre mercado. Pero non sei como se pode gobernar sen ter en conta tal marco.

Ante certos comentarios, vénme arreo á cabeza Felipe González na súa entrevista con Guitérrez e Redondo despois daquela grande Folga Xeral. Eu non concordo co espírito do que dicía Felipe; pero moito me intrigan (isto é retórica) imputacións de conservadorismo ao BNG cando se considera que o PSOE é máis ou menos de esquerda.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-44179470523091466982008-12-31T17:07:00.000+01:002008-12-31T17:07:00.000+01:00Eu estou entre os que esperan pola letra, aínda gu...Eu estou entre os que esperan pola letra, aínda gustando da música. De momento, algo si que o teño claro: nin Anxo Quintana se parece a Artur Mas, nin el nin case ninguén no BNG quere ser CiU. O achegamento aos grupos de Galeusca, que vén da época de Beiras, tiña e ten dúas claves notorias: relación preferente coas correntes nacionalistas maioritarias nos seus países e máis relevantes na política de Estado; homologación no carácter de forzas gobernantes que sen dúbida poden ser discutidas canto á executoria pero non na pericia. De aí, ata o de agora, non pasamos; porque non é, obviamente, pasar de aí concorren ás Eleccións Europeas nin os acordos (por certo, aínda de feble incidencia na política aparente e máis práctica) no resto dos ámbitos.

Ás veces, un diría que demasiada e demasiado inesperada xente vive das fachadas; ou quere conscientemente limitarse a elas sen nin sequera mirar pola xanela.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-13530019675531289722008-12-31T17:00:00.000+01:002008-12-31T17:00:00.000+01:00Corrixindo o anterior, en negra o que faltaba:Hai ...Corrixindo o anterior, en negra o que faltaba:

Hai que recoñecelo: unha das cousas que deixa máis regaña para que se coe tal motivo é o feito de que nin Anxo Quintana nin a súa pretendida corrente presente demasiado perfil ideolóxico, ata o punto de que a súa caracterización, cando seria, non chegou máis aló desa ben perspicaz fórmula: pragmático e intuitivo. Ora ben: de dereita ou de esquerda?, preguntan os que preguntan; ou sexa: excluíndo os que a priori seica xa sabían e atopan evidente corroboración no que un fai e no que cala.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-59938127146409503512008-12-31T16:59:00.000+01:002008-12-31T16:59:00.000+01:00Hai que recoñecelo: unha das cousas que deixa máis...Hai que recoñecelo: unha das cousas que deixa máis regaña para que se coe tal motivo é o feito de que nin Anxo Quintana nin a súa pretendida corrente presente demasiado perfil ideolóxico, ata o punto de que a súa caracterización, cando seria, non chegou máis aló desa ben perspicaz fórmula: pragmático e intuitivo. Ora ben: de dereita ou de esquerda?, preguntan os que preguntan; ou sexa: os que a priori seica xa sabían e atopan evidente corroboración no que un fai e no que cala.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-30354849641102832332008-12-31T16:55:00.000+01:002008-12-31T16:55:00.000+01:00A estas alturas, a min non me vai estrañar que alg...A estas alturas, a min non me vai estrañar que alguén coma o Arume dos Piñeiros aproveita calquera conxuntura conxuntural para proclamar o carácter inequivocamente conservador de calquera movemento nacionalista. Non é que me pareza mal, á fin e ao cabo pode ser munición para o debate. Pero o certo é que cada vez me acende menos: desde que llelo escoitaba ao PC nos 70 moito choveu; cousa parecida din Aznar e e colegas, adaptando o concepto á súa linguaxe e comenencia; e todo me trae demasiado gusto a vello.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-61473561608372607482008-12-30T22:49:00.000+01:002008-12-30T22:49:00.000+01:00No caso do GADIS........pois brindemos con AUGANo caso do GADIS........
pois brindemos con AUGAAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-36130305924163006402008-12-30T22:42:00.000+01:002008-12-30T22:42:00.000+01:00'Pura natura'jajajajajajajajajajajajajajajaMeu pri...'Pura natura'
jajajajajajajajajajajajajajaja
Meu primo Arume é Goooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooood!!
jajajajajajajajajajajajajajajajaAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-20335014334008359532008-12-30T22:21:00.000+01:002008-12-30T22:21:00.000+01:00na minha oponiopm o partido foi bonito, e interesa...na minha oponiopm o partido foi bonito, e interesante, tendo em conta este ttipo de partidos, de xogadores pouco conxuntados. Vi o partido enteiro, coisa que nom costumo a fazer, e sintin muito nom estar en Rizor xa que tinha o recordo do ano pasado de Vigo, onde disfrutei moitisimo. Tinha comigo un familiar de fora de Galiza e dixome que quedou impresionado con canto do hino do ambente, e da xente que alí estaba, e eu concordo con ele. Tinha estado en partidos da seleçcom de Euskadi e catalunya e que o que viu em vigo semelhavalhe muito mais auténtico. En Coruña sentim olhar muito siareiro valeiro.
Nacho Novo encoantoume, pareceme un gran xogador, que niste tipo de partidos cando há calidade nota-se.
Gostei do ambente do equipo e do futbol que fazia.Irán nom é mal equipa, falta-lhe a contundencia e a força do futbol europeo, o cal em futbol falicita muito as coisas, mas son técnicos e sobre tudo rápidos, con un futbol muito vivo, que fai que o partido nom se durmise e o público disfrutase. Galiza xa dixem como futbol gostoume, as defensas dos dos equipos o mais floxo quizais, mas istes partidos son para isso, para mostarse, pasa-lo bem, que haxa uma certa tensióm e que non sintamos por un chisco galegos, grazas o futbol. Acho que isto e muito bom e alguns disfrutamos con isto, ainda que parezamos nenos.
Ah vim siareiros coa camiseta do depor, melhor sería que levasem as da selecçom galega que une.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-16337839545238579762008-12-30T21:00:00.000+01:002008-12-30T21:00:00.000+01:00Eroski, Vigo, García Barbón, 56, 20,30 horas, día ...Eroski, Vigo, García Barbón, 56, 20,30 horas, día 30 de decembro de 2008.
Cebola de Galicia: 1,49.
Cebola de España (sic): 0,95.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-36768444368426563262008-12-30T20:58:00.000+01:002008-12-30T20:58:00.000+01:00Non, todo o contrario. É a natura. A pura natura.O...Non, todo o contrario. É a natura. A pura natura.
Outra cousa é que lles guste aos siareiros do BNG formados con outros horizontes. Ou non.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-45015303681001902112008-12-30T20:29:00.000+01:002008-12-30T20:29:00.000+01:00(É que llo acabo de oír ao meu barbeiro)(É que llo acabo de oír ao meu barbeiro)Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1764542352123335312008-12-30T20:24:00.000+01:002008-12-30T20:24:00.000+01:00Feliciano 2009!Feliciano 2009!Anonymousnoreply@blogger.com