tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post4428776663736743064..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger13125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-59026191978494400722007-11-22T10:10:00.000+01:002007-11-22T10:10:00.000+01:00No seu día falara dunha recensión miña sobre o lib...No seu día falara dunha recensión miña sobre o libro de conversas con Darío Xohán Cabana; lembro vagamente que igual alguén se interesou por lela (pode ser pretensión/presunción miña). Por se tal, agora que sae do prelo a publicación que a difunde (a revista luguesa Lucensia, do Seminario Diocesán, difundo aquí o texto.

OS ANOS DO DARÍO

Os libros de conversas adoitan ser de moito proveito se cumpren dúas condicións: unha, que o entrevistador saiba con quen se enfronta e deseñe un bo vieiro; outra, que o entrevistado teña bagaxe para ofrecer. Este libro cumpre sobradamente con ambas: eles saben o que fan e con quen; el, que non sorprenderá a vellos seguidores, achega fondo e forma para o interesado na literatura e certa política nacional do 1970 para aquí.

Ten o libro parte biográfica e parte literaria. Na primeira poderíase encontrar pretexto de ampliación cultural e léxica, con longo percorrido, na evocación infantil dun rural case perfectamente esvaído; tan perto no tempo, tan lonxe do pensamento. Pero chega Lugo e o bulir artístico ou social dos últimos sesenta; Vigo ou Madrid, tanto nome suxestivo e algunha débeda; a experiencia sindical ou política nun tempo que quería ser crucial e quedou en podía. O amor que ten conta dun e resulta, en última instancia, materia líquida que asolaga unha vida variopinta.

Na parte literaria, o lector fiel encontrará claves interesantes sobre os procesos de elaboración literaria do autor, fose actuando como poeta ou narrador; topará afirmación da tensión clásica, cifra do soneto, revisión do vello mito galego e europeo. Hai, porén, dous aspectos que, sendo fulcrais na filosofía cultural e preocupación nacional de Cabana, probablemente son dos menos coñecidos: a tradución de clásicos occidentais, pola súa difusión minoritaria e habitualmente fóra do ámbito escolar; a reflexión e teorización sobre o sistema literario galego contemporáneo -construído fronte á probabilidade histórica, “a machado”, diría el- por figurar entre as materias para as que poucos teñen ou procuran vagar.

E con todo, as traducións do Trecento ou os trobadores occitanos constituirán humus para prolongar a fértil executoria das nosas letras actuais. Teses coma a da Grande Xeración Poética ou o establecemento de ciclos, como mínimo, revulsivo para mellor concibir canto vai desde a moza gaiteira de Rosalía ata as polonesas de Ferrín soando nacionalmente, e máis acó.

É certo que tamén algúns nos encontramos alí, trinta e cinco para atrás. Aínda ben deles por aí andamos, e persoalmente non deixa de supor atractivo particular.
Xosé M. González

CALVO, J. Luís e Yago RODRÍGUEZ YÁÑEZ: Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita. Edicións Xerais de Galicia, serie “Crónica”. Vigo, 2007.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-74760273092301270522007-11-19T18:01:00.000+01:002007-11-19T18:01:00.000+01:00Ben-Cho-Shey merece todas as homenaxes honestas qu...Ben-Cho-Shey merece todas as homenaxes honestas que se lle fagan, malia o que deixou escrito na súa tumba.
E Bieito Ledo aínda está a tempo de aclarar ese titular, que non o deixa en moi bo lugar, dende logo.Marcos Valcárcel Lópezhttps://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-62785243913664416482007-11-19T17:16:00.000+01:002007-11-19T17:16:00.000+01:00Parece que van facer no Liceo unha homenaxe a Ben-...Parece que van facer no Liceo unha homenaxe a Ben-Cho-Sey,ese que deixóu dito que non quería homenaxes "in memoriam".Se non estóu mal informado estará o erudito Estravís,entre outros.Mágoa que non pódia ir.Escoitar ó Estravís pagaría a pena.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-55287131189109477342007-11-19T01:49:00.000+01:002007-11-19T01:49:00.000+01:00Supoño que Bieito Ledo estará bastante cabreado co...Supoño que Bieito Ledo estará bastante cabreado con ese titular descontextualizado, pois é un home que garda un profundo e real cariño pola figura de Casares. Por moi variadas e boas razóns.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-55091311916828044022007-11-18T22:43:00.000+01:002007-11-18T22:43:00.000+01:00Tendo coñecido a Carlos Casares, é difícil imaxiná...Tendo coñecido a Carlos Casares, é difícil imaxinárseo como alguén que todo o quería controlar. En todo caso, as desputas e lideiras internas dunha empresa son o pan noso de cada día. Non vexo por que hai que tomala con alguén que xa non está entre nós para se defender e que, a maiores, sempre defendeu as súas posicións con coherencia e dignidade, independentemente de que a todos nos pracesen ou non.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-41461437874038434622007-11-18T22:30:00.000+01:002007-11-18T22:30:00.000+01:00Os anos escuros repasoó tódolos anos.E logo dín qu...Os anos escuros repasoó tódolos anos.
E logo dín que a vida non é ciclica, é un eterno retorno de torpezasXaimehttps://www.blogger.com/profile/02153806556729398502noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-91162253650789722872007-11-18T16:16:00.000+01:002007-11-18T16:16:00.000+01:00De presidentes para abaixo, quería dicir.De presidentes para abaixo, quería dicir.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-87673165900179127252007-11-18T14:59:00.000+01:002007-11-18T14:59:00.000+01:00Eu diría máis, señor Anónimo. Que todos, absolutam...Eu diría máis, señor Anónimo. Que todos, absolutamente todos os cargos (de ministros e conselleiros para abaixo), fosen sometidos a votación democrática coa fin de evitar que caian en mans de xente perniciosa.

Non sei se arranxariamos moito, pero non hai dúbida de que a idea de que cidadanía votase cada tres ou catro días ten o seu aquel. Ao mellor algúns até obteríamos permiso para faltar ao traballo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-56942323206288632712007-11-18T14:31:00.000+01:002007-11-18T14:31:00.000+01:00Estou de acordo con super piñeiro. Todos eses carg...Estou de acordo con super piñeiro. Todos eses cargos teñen que ser sometidos a votación democrática co fin de evitar que caian en mans de toda esa xente que menciona.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-80770595789382749112007-11-18T14:18:00.000+01:002007-11-18T14:18:00.000+01:00A esquemática biografía de Casares que tan amablem...A esquemática biografía de Casares que tan amablemente nos aportan é, en todo, semellante á de moitos persoeiros públicos. Véxanse senón as de Francisco del Riego, de Víctor Freixanes ou de Ramón Villares. Eu non lle vexo nada extraordinario. Trátase de xente capaz e con talento, que merece os postos que ocupan. O malo sería que esas institucións estivesen dirixidas por dictadorzuelos de despacho, "intelectuais" doutrinarios, burócratas sectarios ou "espabilados" incompetentes.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-9644850662854365742007-11-18T13:43:00.000+01:002007-11-18T13:43:00.000+01:00As verdadeiras razóns polas que Bieito Ledo se viu...As verdadeiras razóns polas que Bieito Ledo se viu obrigado a deixar Galaxia non se poden reproducir nun xornal. Fraco favor fíxolle ese titular. Pero el debía ser máis coidadoso cos contos que conta.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-81670048481945690872007-11-18T13:39:00.000+01:002007-11-18T13:39:00.000+01:00Carlos Casares:- Deputado autonómico: 1981-1985- D...Carlos Casares:

- Deputado autonómico: 1981-1985
- Director de Galaxia: 1985-2002
- Director da revista Grial: 1989-2002
- Presidente do Consello da Cultura Galega: 1996-2002Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1814752098877802912007-11-18T12:31:00.000+01:002007-11-18T12:31:00.000+01:00Deliciosa entrevista a Bieito Ledo no Faro de Oure...Deliciosa entrevista a Bieito Ledo no Faro de Ourense de hoxe.Mágoa non atopala na rede pra enlazala.
O titular: "Deixéi Galaxia cando entróu Casares.Él quería dominalo todo".(En realidade,unha frase solta na entrevista,pero xa temos falado da "filosofía do titular").

Se eu fora periodista,a frase selecionada por mín como titular,sería:

-O logo de "ir indo" é unha tartaruga,porque é un animal que nunca recúa.Anonymousnoreply@blogger.com