tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post4482944622474412169..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger11125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-21867692419926385322008-12-10T09:24:00.000+01:002008-12-10T09:24:00.000+01:00Non vaian pensar que xa me erguín. A nova proba d...Non vaian pensar que xa me erguín. A nova proba do cariño xa non é que che traian o almorzo á cama, senón o portátil.

As latas de "miau" ,o que deben de levar é carne de gato. Son polo tanto comida pra cás.
Tamén poden usarse pra dar gato por lebre.

As latas teñen moitos usos. Un de eles é atar unhas cantas á parte traseira do coche dos receén casados. Non sei como non hai xa deseñados modelos específicos pra ese uso, homologados por Tráfico. Igual tiñan éxito comercial no mercado dos artigos de broma pra recén casados.

"Lata" é tamén unha transcripción fonética do número 51, no método Lorraine de memorización. L=5, T=1. Asociaciós de ese tipo aplícannas axentes do orde especializados, pra reteñer matrículas. "Lata tola" podería valer pra lembrar o número 5115.

Está ben esto de cumplir coa obligación d escribit no blog xa antes de erguerte. Non sei se inventar unha nova relixión na que os acólitos teñan que escribir unha pregaria nun blog central antes de erguerse. O portátil sustituindo aos muiños de oración.

Sabedes cómo levantar a un músico da cama, anque non queira?. Ide hasta o piano e tocade a escala musical: do, re, mi, fa, sol, la ,si. Parade aí. Queda tan mal a gusto có "interruptus" ,que se ten que erguer, cagándose en todo, pra tocar o "do agudo" que falta ,pra completar a octava.

Eh!!!

Mecago en tal!.

Dalle ó dó!!, dalle ó dó!!.

Cago en cribas. Téñome que erguer. Falamos logo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-52465363241468236122008-12-10T00:48:00.000+01:002008-12-10T00:48:00.000+01:00O rato cando se viu acurralado por o gato, púxosel...O rato cando se viu acurralado por o gato, púxoselle a ladrarlle, "guau, guau!", e o gato fuxíu.

Pra que vexades que saber máis linguas é unha riqueza.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-65563807196379820142008-12-09T23:20:00.000+01:002008-12-09T23:20:00.000+01:00Lavadura, quizáis, sí. A alofonía entre a/e do uol...Lavadura, quizáis, sí.

A alofonía entre a/e do uolof confúndenme. XDDD.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-76713426888110230962008-12-09T17:21:00.000+01:002008-12-09T17:21:00.000+01:00a lavadura, non a levadura.Ou así é como o lembro ...a lavadura, non a levadura.
Ou así é como o lembro eu.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-76923715153690251382008-12-09T15:42:00.000+01:002008-12-09T15:42:00.000+01:00Grazas polas flores, Dacoba, mais eu sonlle apenas...Grazas polas flores, Dacoba, mais eu sonlle apenas un afeccionado.
Bandulho, efectivamente, en português refire os rumiantes, alargando (coloquialmente) o significado para as persoas.

Hai quen deriva 'bandullo' de 'pantuculu', diminutivo de 'pantex', barriga (castellano, 'panza').
Non falta quen afirme que vén de 'ventriculu', diminutivo de ventre.

Non lle sei, Dacova, non lle sei. Esto das etimoloxías élle para persoas con fonda preparación e agudeza mental invulgar.-Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-16706109669253288052008-12-09T15:11:00.000+01:002008-12-09T15:11:00.000+01:00A mín, no canto do estómago, gústame máis a palabr...A mín, no canto do estómago, gústame máis a palabra "bandullo", que é como lle chamaban na aldea.

Cando un sólo pensaba en "encher o bandullo",chamábanlle un "bandulleiro", ou un "bandullas".

Cal será a etimoloxía de "bandullo". No portugués, creo que sólo se lle chama "bandulho" ao dos animáis, pero non estóu certo. Boa cousa que temos ao Medela pra sacarnos do Inferno Da Duda, e do Tridente.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-61034359811756849132008-12-09T14:59:00.000+01:002008-12-09T14:59:00.000+01:00Hai moitas máis analoxías entre a a muller e a sar...Hai moitas máis analoxías entre a a muller e a sardiña, como aquela que remata en "por pequeniña".

Os meus amigos de Canghas, cando vían unha rapaciña boa, decíanme: "Mira que xoubiña".

Na miña aldea, cando se remataba unha de aquelas enormes latas de sardiñas, bebíase o viño por ela, pra aproveitar o aceite. Despóis, usábase a lata pra darlle de comer ó can. Aquelo sí que era reciclaxe.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-416519717901760912008-12-09T14:52:00.000+01:002008-12-09T14:52:00.000+01:00A mín faime moita graza aquela escea de "tres home...A mín faime moita graza aquela escea de "tres homes nunha barca" na que os protagonistas tentan abrir unha lata de conservas sin abridor. Danlle golpes cunha pedra, inútilmente, e a lata defórmase hasta parecer unha cara humana ríndose de eles.

Debe de ser unha sensación similar á de ter unha caiza forte chea de cartos, e non tér a chave, ou non lembras a combinación.

Ou deber de ser parecido a cando tés a unha rapaza "no bote", pero fáltache a "última palabra", a "chave". Non a atopas, e vaise todo ó carallo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-47012012389472637072008-12-09T14:41:00.000+01:002008-12-09T14:41:00.000+01:00En Buenos Aires, amigo dispoñéndome a comer sentín...En Buenos Aires, amigo
dispoñéndome a comer
sentín saudades de Vigo.

Aquela lata de sardiñas que eu abrín
con moito esforzo, esquecera o abridor
tiña agochados arrecendos de Samil
e do Berbés, onde deixara ao meu amor.

Si teño sorte e agún día volvo a ver
cidade, e ría do meu único querer
iréi de copas
có Apicultor
Un Tal Arume vai facernos de anfitrión.

(Cantade coa música de "Mi Buenos Aires Querido", de Gardel").Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-20606348000996651462008-12-09T13:29:00.000+01:002008-12-09T13:29:00.000+01:00Obviamente, na época na que se diseñóu a lata non ...Obviamente, na época na que se diseñóu a lata non había ese problema. A ninguén no seu sano xuizo se lle ocurriría envasar e vender comida pra gatos. Comían as raspas. Que cazaran!.

No Ourense dos sesenta e setenta inda non habia en moitos sitios cubos do lixo (e, cando os había, depósitábanse os restos neles, sin bolsa, como lembrarán). A "levadura", como lle chamaban os vellos, era case totalmente orgánica (non chegara aínda a "era do plástico"). As rúas, polas noites, estaban cheas de gatos semisalvaxes, moito máis bravos que os das aldeas. O meu abó ,pra quen un gato era inda unha "riqueza", cando viña a Ourense e vía todos aqueles gatos sen dono sentía o mesmo que si vostedes chegan a unha cidade e ben tiradas bicicletas "sen dono", por poñer un exemplo. Sempre trataba de pillar algún, case sempre sin éxito. Unha vez deu collido un, e, anque o arrebuñóu todo, metéuno nunha caiza de zapatos, cuns buratos, e atoúna cun cordel. No coche de línea que os levaba á aldea, o gato rompéu a caixa e fixo un escádalo entre a xente. O coche de línea tuvo que parar e abrir unha porta pra que fuxira o gato.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-25825840374416596952008-12-09T12:08:00.000+01:002008-12-09T12:08:00.000+01:00O meu tendeiro contóume que unha vez viñeron uns e...O meu tendeiro contóume que unha vez viñeron uns extranxeiros a comprarlle unhas latas de sardiñas, e tíñaas de esa marca. Non houbo xeito de convencelos de que eran sardiñas. Eles pensaron que era comida pra gatos, e non as quixeron.Anonymousnoreply@blogger.com