tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post6859096565734530090..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-91326335129494272792009-06-13T11:20:52.753+02:002009-06-13T11:20:52.753+02:00E continúan...
Esta é a carta de despedida de Lu...E continúan...

Esta é a carta de despedida de Luís Rei Núñez, o director do programa "Libro Aberto", un programa da TVG de promoción da lectura en galego.

Amigos de "Libro aberto":
Nestes días estase completando o proceso de renovación do equipo directivo da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, e os novos responsables da Galega tomaron a decisión de suprimir o Servizo de Cultura, creado en outubro de 2005. Dado que ese programa de “Libro aberto” xa está gravado e non hai nel ningunha despedida dos seus seguidores e amigos, xa que a decisión nos foi comunicada con posterioridade, quero aproveitar o medio polo que habitualmente nos comunicamos para despedirme e agradecervos a vosa atención e interese.

Se en anos anteriores a pausa era só durante o tempo de verán, sabendo que volveriamos en setembro, esta vez, lamentablemente, descoñecemos se será un adeus para sempre, perdendo esta canle pública o espazo que durante catro anos acudiu puntualmente á súa cita semanal cos amantes dos libros e da literatura.

Foron 127 emisións, con máis de duascentas entrevistas a autores galegos (como Fernández Paz, Manuel Rivas, Marina Mayoral ou Luz Pozo Garza), e de fóra (como Bernardo Atxaga, Ferreira Gullar, Eduardo Galeano ou Luis Sepúlveda); con presenza en feiras como as de Guadalajara (México) ou Bolonia; con monográficos como os de Brais Pinto, Xosé María Castroviejo ou Ramiro Fonte; e, por que non dicilo, con recoñecementos como o Premio Fernández del Riego dos editores galegos e cunha audiencia que (sempre que a emisión foi os mércores ás doce e media da noite) triplicou a dos programas similares doutras canles públicas.

Lonxe de calquera sectarismo, prestando atención ás novidades da nosa ampla oferta editorial, e achegándonos a clubes de lectores e librerías de toda Galicia, “Libro aberto” acolleu autores de todos os xéneros e xeracións, que tiveron no espazo unha ventá inmellorable para conseguir a necesaria visibilidade na sociedade para a que traballan.

Desde o convencemento de que pechar para sempre un espazo dedicado ós libros sería un gravísimo paso atrás, despídome de vós formulando o desexo de que en setembro, e como á volta dos tres veráns anteriores, a Televisión de Galicia volva deixar que a literatura atope un moi necesario espazo nas súas emisións.
Luís Rei Núñez
Director de “Libro aberto”msnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-62682225675163118082009-06-11T20:28:55.392+02:002009-06-11T20:28:55.392+02:00Unha alfaia da literatura galega, o de Agustin Fer...Unha alfaia da literatura galega, o de Agustin Fernandez Paz.Nada sobra, e todo está dito. Hai moito que aprender do Sr. Fdez. PazPintassilgonoreply@blogger.com