tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post6913862362859861156..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger12125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-63566287394356612932009-10-06T13:32:22.696+02:002009-10-06T13:32:22.696+02:00O inimigo pode ser un mesmo, as súas contradicións...O inimigo pode ser un mesmo, as súas contradicións, determinada pulsión mesmo herdada; a propia complexidade. Porén, non entendamos, necesariamente, a a actual mobilización progalego coma unha reacción contra; xustamente, o sentido prefixal de pro- é o que marca unha corrente que se quere moito máis positiva e amical ca irritada fronte a dimitentes e infumables.

O que vde. di é máis ca notorio, máis ca notorio niso mesmo o que nunca fixeron cabalmente as institucións máis públicas: tomar en serio, consecuentemente, aínda que só fose a dignificación social profunda do idioma propio do país. Era, quizá, tan terapéutico que meteu medo; ou tan político (e que son tales institucións senón iso?) que a natureza -e non inercia- dos que detentaron ou administraron o poder desbotou desde o inicio a mesma posibilidade.

O goberno bipartito non realizou tampouco política cabal e planificada. Ora ben, abondou cun indicio de que podería chegar a facelo (un simple decreto de vehicularidade no ensino, de implantación desleixada, sen prazos, nin control nin explicación) para que no bando adverso saltasen as alarmas e fose activada a reversión. E eis ondeandamos agora nós, cunha nova insurxencia.

Suxestivo e laborioso o seu traballo, Mesmo. Direille que, para min, o substantivo habenza debe andar relacionado con 'haber'> no seu senso de 'ter<'; na miña etimoloxía quizá rudimentaria, tan adecuado coma 'o que debe ser feito'(facenda?).Xosé M. Gonzálezhttp://asuvasnasolaina.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-2896299071623757832009-10-06T12:21:59.347+02:002009-10-06T12:21:59.347+02:00Eu vivo na periferia de case todo. É posible que a...Eu vivo na periferia de case todo. É posible que ata na periferia de min mesmo, pero iso é outra historia.

Non sei se o que vou expoñer ten algo que ver co que se trata neste fío. Pido comprensión, en calquera caso.

Eu estou facendo a miña propia inmersión na lingua galega. Decidín ler, un por un, todos os clásicos universais que van sendo traducidos ó galego. Anoto todas e cada unha das palabras ou expresións que descoñezo ou non coñezo a fondo e logo contrástoas con paisanos da miña zona, as primeiras estrivacións da Terra Chá. (Begonte). Tamén anoto, naturalmente, as palabras e expresións que recollo da xente desta bisbarra e logo intento comprobar se están recollidas nos diversos dicionarios "serios" de que dispoñemos. Hai moitas lagoas, pero hai moitos "plenos". Hai deficiencias, como por exemplo, recoller SUBELA só como instrumento propio dun zapateiro e non como prototipo de muller meticona e impertinente, ou, tamén, avispada.

Ben, trátase dun traballo de campo moi humilde, quede claro.

Véxase un exemplo: CORGO, tomada d'O Señor das Mosacas. O dicionario di: poza natural ou non que se forma nun río ou fora del. Un paisano díxome: ¿Corgo? Un corgo é cando vén unha chea e ó baixar o río deixa charcos.

HABENZA. Eu coñecía esta palabra así: AVENZA, e referida a un queixo resultado da mestura do leite da cabra e da ovella. HABENZA, no gran xerais, refírese a algo semellante ou igual a FACENDA.

Ben, ¿a onde quero chegar? Quero chegar a que a miña experiencia me demostra que a lingua galega, máis alá da Literatura e da política e da reimplantación máis ou menos efectiva no eido urbán, continúa viva e vixente no rural e nas zonas periféricas coma sempre ocorreu. Pero tamén continúa vivo o rexeitamento, tanto rural (complexo de inferioridade ou autoodio) e urbán, moitas veces raiano no absurdo porque quen ataca a lingua nin a coñece nin desexa coñecela.

Daquela, ¿contra quen se ergue Prolingua? ¿Contra quen? Só contra a Xunta e a Política de Feijóo, só contra os infumables seareos de GB? ¿Contra quen? Porque, con toda honradez digo que eu non sei moi ben contra quen teño que erguerme para defender o galego. Moitas veces penso que eu mesmo son o meu inimigo.

Pido perdón se isto non é máis ca un galimatías. Pode que, ademais, sexa unha tortura.

Saúdos.o mesmo, pero disimulandohttp://www.asuvasnasolaina.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-11686913077756534422009-10-06T00:10:44.656+02:002009-10-06T00:10:44.656+02:00Vivimos nunha "democracia de baixa intensidad...Vivimos nunha "democracia de baixa intensidade", onde o noso destino é decidido polos poderes financeiros, que se apropian de todos os aspectos da vida social até reducirnos a consumidores pasivos e espectadores, segundo nos di o grande Samir Amin.
Galiza que leva dous séculos perdendo poboación, non vai ben, aínda que a Renta per cápita subíra.
Quizabes o ataque de xenreira da Xunta con DANFeijóo ao frente contra o galego (as anteriores FragaXuntos facían o zoinamoinas), é o comezo do futuro.Balongahttps://www.blogger.com/profile/08025902852090327360noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1051600600276180362009-10-06T00:07:17.718+02:002009-10-06T00:07:17.718+02:00Lin nalgún sitio aí atrás: "Non terei claro c...Lin nalgún sitio aí atrás: "Non terei claro como están as cousas ata que no pase o día 18". Mutatis mutandis.

O certo é que a actual vaga progalego ten algúns aspectos que eu consideraría, con precaución, exemplares. Primeiro, porque ninguén nin ningunha instancia fala mal de ninguén nin de ningunha instancia. Segundo, porque a pluralidade de intuicións, sentido e culturas políticas (incluído o hábito de organización e mobilización) está dando en iniciativas diversas; pero non só sen desculificar senón apoiando con presenza cando cómpre.

Dito isto: eu non penso que en todas esteamos todos; hai algúns deles -iso si- que deben estar na maior parte delas, e a magnitude ou resón das sinaturas pode dar a impresión de instancias multiplicadas innecesariamente. Pero nin isto di o que isto nin sequera isto implica o mesmo que implicaba isto. Todo cabe e é de agradecer o sentido da realidade que denotan as sinerxias; por moito que, nalgún foro, haxa quen mannifeste un afán de 'unidade' ou 'confluencia' no que non quero ver afán de control ou exclusivismo. Para que imos reñer se a pluralidadeé inevitable...

Así, eu seguramente acabarei inscrito en Prolingua se certo e enigmático problema de comunicación internética se soluciona. E, xaora, o dezaoito a previsión é de estar en Compostela; que na mobilización, cousa por certo imprescindible, marcan pauta inequívoca.Xosé M. Gonzálezhttp://asuvasnasolaina.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-38009696967374987182009-10-05T22:30:12.006+02:002009-10-05T22:30:12.006+02:00Moitas grazas, amigo Dighoeu. Eu, xaora, non o pod...Moitas grazas, amigo Dighoeu. Eu, xaora, non o podería dicir mellor ca vostede.

Eu si que lle escribo (e outros), don Arume, cando poider.

Saúdos e boa noite a tod@s.apicultornoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-6205172137660548902009-10-05T22:22:13.680+02:002009-10-05T22:22:13.680+02:00Dame a impresión de que escribo demasiado neste bl...Dame a impresión de que escribo demasiado neste blog e a falta de respostas non contribúe precisamente a negar tal percepción.
Ninguén escribe aquí xa?arume dos piñeiroshttp://arumes.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-76165156194272821752009-10-05T16:13:42.193+02:002009-10-05T16:13:42.193+02:00Parece que hai ganas de comentar o asunto. Sigan, ...Parece que hai ganas de comentar o asunto. Sigan, sigan. Pero que quere dicir pluralidade cando en todas están mutatis mutandis tamén todos?arume dos piñeiroshttp://arumes.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-22341773274426950182009-10-05T15:18:33.242+02:002009-10-05T15:18:33.242+02:00Creo que o que querer dicir apicultor é que non ha...Creo que o que querer dicir apicultor é que non hai un partido-patrón por tras para teledirixir ou mover os fíos segundo conveña por interese puramente partidario ou, se é peor, por confundir os pequenos intereses de partido cos da nación-lingua. Branco e tetrabrick, leite.
Por suposto, nada de unificacións. A realidade é plural e ningúen debe impor formas unívocas de entender o mundo e a historiaDighoeunoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-66316802792606893412009-10-05T13:00:26.624+02:002009-10-05T13:00:26.624+02:00"Hai que felicitar esta iniciativa, que xorde..."Hai que felicitar esta iniciativa, que xorde realmente da sociedade civil."

E logo hai outras iniciativas (non felicitábeis?) a prol do galego que non xorden "realmente" da sociedade civil? E se as hai, pódese saber cales son?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-12920053064729935602009-10-04T21:02:12.815+02:002009-10-04T21:02:12.815+02:00Eu, pola contra, penso que é mellor non "unif...Eu, pola contra, penso que é mellor non "unificar nada". ¡Que viva o minifundio!

Así ninguén vai artellar un organismo-anel para controlalos a todos, un anel para xuntalos, un anel para atraelos e atrapalos no lado escuro.

En serio -un pouco máis en serio-: Prolingua xa está a ser atacado. A súa páxina web está clausurada. ¿Un erro técnico ou algo máis?Loureironoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-35855697077265434702009-10-04T20:14:55.026+02:002009-10-04T20:14:55.026+02:00Hai que felicitar esta iniciativa, que xorde realm...Hai que felicitar esta iniciativa, que xorde realmente da sociedade civil.apicultornoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-7040679075670353182009-10-04T13:13:11.477+02:002009-10-04T13:13:11.477+02:00Chaman por nós.Unirémonos con toda a nosa forza.
E...Chaman por nós.Unirémonos con toda a nosa forza.
E moito desexável q . todas as plataformas q están a xurdir, a prol da lingua, converxan dalgun xeito,ou se unifiquen nunha entidade superior.Nada de minifundios. A tarefa é urxente. Os "afrikaneers" andan a todo bulir.
Adiante Pro Lingua e as outras!Falcatruánnoreply@blogger.com