tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post6928457728884065023..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger14125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-65766489699702112092009-11-26T11:39:23.400+01:002009-11-26T11:39:23.400+01:00Si, si... aquí somos mandadiños como en Cataluña, ...Si, si... aquí somos mandadiños como en Cataluña, onde toda a prensa catalá publica hoxe un editorial conxunto en defensa do novo Estatut, e onde o catalán é a lingua vehicular no 90% das asignaturas das escolas, antes con CIU e agora co PSC.

Aquí, mentres tanto, seguimos perseguindo o tan arelado bilingüísmo harmónico

País de almas rendidas!Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-10896338692461617282009-11-25T20:36:35.429+01:002009-11-25T20:36:35.429+01:00Non digan que aqui non somos mandadiños.Non digan que aqui non somos mandadiños.Curriñonoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-53974338410806424902009-11-24T00:45:55.697+01:002009-11-24T00:45:55.697+01:00O problema que ten moita xente -e o caso de Farto ...O problema que ten moita xente -e o caso de Farto de timoratos é paradigmático neste sentido- é que confunden planos, quer por malicia deliberada, quer por ignorancia, quer polas dúas cousas xuntas.

Imos ver. O CCG non é unha simple asociación cultural, nin tampouco unha platagorma reivindicativa. Non. O CCG é un organismo oficial cunhas competencias concretas (léase con atención o punto 1).

Daquela, o CCG ten que limitarse a facer uso das súas funcións e non debe suplantar a ningunha plataforma, asociación ou partido.

E dentro das súas atribucións, o que se salienta na Declaración é consecuencia da utilización ao máximo as súas competencias do CCG.

Aínda no improbable caso que así quixera facelo, non é a súa misión propoñer ningún unilingüísmo galego. Daquela, está fóra de lugar a torpe acusación de "verdadeiros bilingües".

Ah, por certo, que grupo ou partido político propón explicitamente o unilingüísmo en galego? Pois ningún dos que representan aos galegos na súa inmensísima maioría.

Gústelle ou non ao señor Farto de timoratos, isto é así. Todo o demais son lerias.Precisadornoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-39971065772869410372009-11-23T21:43:49.101+01:002009-11-23T21:43:49.101+01:00Eu de timorato non lles teño nada. Cagón si. Cagón...Eu de timorato non lles teño nada. Cagón si. Cagón son cando procede. Por exemplo agora mesmo, que, logo de invocar os hectoplasmas encóntrome cun fío que cambia de número de posts segundo te poñas dentro ou fóra. E non se me poñan farrucos. Os meus hectoplasmas levan o hache porque se nón non se me materializan e, tamén, para que sexan bilingües. O hache xa sabemos que non sirve para nada, mais aparenta moito. Sobre todo agora que un rapaz arxentino vai representar a España no campionato do mundo de ortografía.

¡Carallo, se me pillan a min ós nove anos, cando andaba a preparar o exame de ingreso! O meu irmán máis vello, que era quen me preparaba, quitoume as faltas de ortografía a hostias.o mesmo, pero disimulandohttp://www.asuvasnasolaina.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-9343790411647714642009-11-23T14:44:22.292+01:002009-11-23T14:44:22.292+01:00Dous comentarios á Proposta Institucional (sic) do...Dous comentarios á Proposta Institucional (sic) do Consello da Cultura Galega.

- "sen mingua dos dereitos dos cidadáns e cidadás que teñen como lingua habitual o castelán"

Como se chegou a esta situación? Que progresos se fixeron para recuperar o uso do galego nas cidades desde o ano 1985 en que se aprobou o Decreto de Normalización Lingüística? Por que non fan autocrítica os do Consello da Cultura?

- "O galego e o castelán son recursos valiosísimos para Galicia, e a igualdade plena entre eles constitúe un reto de futuro que debemos saber afrontar."

Velaquí os verdadeiros bilingües e non os de Galicia Bilingüe. O galego está a esmorecer e aos só se lles ocorre saír con esta chorrada sen poñerlle cara á evidencia: o catalán e o éuscaro sobrevivirán nas súas comunidades porque alí todos os partidos excepto o PP seguen políticas activas de recuperación da lingua propia fronte ao asoballamento do español. Aquí só aspiran á "igualdade". Non saben ou non queren saber que nunha situación de suposta igualdade ("bilingüísmo harmónico" lle chamaba Fraga) o galego está condenado a morte.Farto de timoratosnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-2344850880499386372009-11-23T13:45:16.949+01:002009-11-23T13:45:16.949+01:00Cometín un erro imperdonable. Esquecín dicir que a...Cometín un erro imperdonable. Esquecín dicir que a aparición hectoplasmática, extra ou intra sensorial, non era outra que a gratísima presenza de don Iacobus von der Stein. Que conste.o mesmo, pero disimulandohttp://www.asuvasnasolaina.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-23874429245405012362009-11-23T13:37:57.476+01:002009-11-23T13:37:57.476+01:00Pois eu estoulles pasando un momento algo fodido. ...Pois eu estoulles pasando un momento algo fodido. Non sei se en vez de momento debera poñer intre. Espero que en realidade sexa iso, un espazo de tempo entre outros dous, ou sexa, algo pasaxeiro. Interim. Digo eu, vaia. É un momento fodido, si. Caéronseme as ás do pensamento, e agora no son quen de elevalo. Só consigo artellar discursos rastreiros, igual que o Sol de outono, tan prexudicial para as cabezas descubertas.
E padezo alucinacións ou penso que as padezo. Hai un anaco, sen ir máis lonxe, penso que me deu unha. Vinme deitado nun banco da rúa da Raíña, en Lugo, unha rúa moi fermosa, pero que na miña alucinación aparecía pintada dunhas cores indefinibles, cores sintetizadas a partir do pantone que utilizan impresores e decoradores de interiores, atacado de narcolepsia. Na casa non mo cren, o da narcolepsia, e insisten en que bebo demasiado. ¡Unha cousa! Eu quero ser inocente, pero non me deixan. ¡Cago en sos! Ben, pois alí deitado nun banco coloreado dun xeito incualificable, achábame eu, cando de repente materializouse un home ignoro se dentro ou fóra dos meus órganos perceptivos ou sensoriais. Non o sei, de verdade. Foi unha presenza cuase hectoplasmática, pero nada desacougante. Non veño con retesías, díxome. Así que non se me alporice. ¿Logo a que vén, carállolas?, retruqueille eu lixeiramente mosqueado. ¿A que ven producindo unha manifestación de semellante fasquía que un non é quen de determinar a realidade obxectibable ou virtual da inmaterialidade aparente da súa presenza extraordinaria, se permite que o diga? Veño entregarlle isto. De parte do Apicultor. E entregoume un libro metido nunha bolsa de papel cun somier debuxado por fóra. E isto vai da miña conta. E meteu na bolsa unha botella dun rioxa de putísima nai. (Case mellor é madre, ¿ou?, putísima madre. Eu creo que si).
A alucinación ser seríaa, pero a bolsa está aquí comigo e dentro dela o libro e mais a botella. Así que, non sei.

Digamos grazas, pois ó Apicultor. A botella baixareina á saúde dos ilustres membros destes foros. Mal non me ha facer e pode coadxuvar á cabal comprensión da miña dubidosa narcolepsia.o mesmo, pero disimulandohttp://www.asuvasnasolaina.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-26716637916721295012009-11-23T04:35:49.157+01:002009-11-23T04:35:49.157+01:00Que intención máis mesquiña a de quen asina La pel...Que intención máis mesquiña a de quen asina La pela es la pela. Onde está o problema, señor?Mágoa de mesquindadesnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-76223906719490796002009-11-22T21:38:53.058+01:002009-11-22T21:38:53.058+01:00Xornal.com
"Caídas de escándalo"
Varapa...Xornal.com

"Caídas de escándalo"
Varapau para as contas do Consello da Cultura que se reducen un 6,29%, algo que BNG e PSOE atribúen a un intento de "limitar" a súa acción

O Consello da Cultura Galega (CGC) manexará en 2010 un orzamento de 2.951.000 euros, o que supón unha caída do 6,29% respecto dos recursos cos que contou en 2009, segundo expuxo onte na Comisión 3ª do Parlamento o presidente do organismo, Ramón Villares. A oposición censurou que a rebaixa sexa superior á que experimentan de forma global os orzamentos galegos (un 3,3 por cento en gasto) e atribuíuno a un escaso interese da Xunta pola cultura e a un intento de "limitar" a acción do Consello. Pola súa banda, o PPdeG falou de "sacrificio compartido".

Ramón Villares sinalou que a pesar da redución nos orzamentos, o Consello da Cultura manterá as súas liñas de traballo e porá en marcha novos proxectos de defensa, promoción e difusión da lingua e a cultura galegas. Detallou que o capítulo de persoal é o único que experimenta unha "lixeira subida" pola actualización dos salarios, mentres que outros experimentan importantes reducións, especialmente destacadas no capítulo 4 que cae un 20 por cento. Neste apartado inclúese a dotación para bolsas de investigación, que en 2010 serán dúas menos que este ano, quedando en 14.

Villares destacou que, a pesar dos orzamentos axustados, o Consello da Cultura vén realizando nos últimos anos un traballo "moi especializado e altamente profesionalizado" e unha "eficiente xestión" dos recursos, logrando unha execución orzamentaria de "arredor do 92 %". Declarouse "consciente" da situación económica que levou a que mingüen as achegas pero incidiu en que "para o futuro habería que contemplar a necesidade de ampliar o gasto en persoal" porque "estamos creando novos departamentos de traballo co mesmo persoal". Insistiu en que o Consello "podería gastar máis e de forma máis eficiente" polo que avogou por superar en próximos exercicios "a barreira dos tres millóns de euros".

Pola súa banda, a representante do BNG, Ana Pontón, censurou que o recorte orzamentario para o CGC "é moi superior" á caída global dos orzamentos autonómicos (que a nacionalista cifrou nun 0,9 por cento, atendendo ó orzamento consolidado).

Pontón viu nesta redución a "determinación" do Goberno galego de "limitar de maneira moi importante os fondos" da institución e un "intento de limitar a capacidade de acción do Consello da Cultura". Indicou que esta "decisión política" reflicte unha das "políticas angulares da Xunta do PP, baseada no ataque á lingua e á cultura galegas". Sinalou que o BNG intentará, durante o debate parlamentario sobre os orzamentos, que a redución de orzamento do CGC "se equipare á xeral dos orzamentos".

Pola súa banda, a deputada socialista Concepción Burgo sinalou que o seu grupo fai unha valoración "extremadamente negativa" do orzamento asignado ó CGC, ó considerar que hai "caídas de escándalo" en partidas destinadas a financiar cuestións como as axudas á investigación, conferencias ou cursos. Sinalou que, dado que o peso dos recursos do Consello no total dos orzamentos autonómicos "é moi pequeno", as reducións que sofre "non son xustificables".

Para Burgo, estas cifras, xunto co "recorte espectacular do 15 por cento" en materia de cultura na Consellería de Cultura, levan á "dedución lóxica" de que "a cultura non é en absoluto un sector prioritario para o goberno de Núñez Feijóo". A socialista considerou que isto supón un "erro moi grave, tamén dende o punto de vista económico" e resaltou que investir en cultura non é "improdutivo, como a está a ver o PP, senón que pode axudar a saír da crise".
ORZAMENTOS REDUCIDOS

Desde o grupo popular, o deputado popular Ignacio López-Chaves apuntou que a redución nos orzamentos do CGC se enmarca nun "sacrificio compartido" co resto de departamentos da Xunta, que tamén ven minguados os seus recursos. Pola contra, sinalou que o ano pasado, os recursos do Consello da Cultura caeron (un tres por cento) "mentres o orzamento da Xunta medraba".La pela és la pelanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-84084221527247178152009-11-22T20:52:00.317+01:002009-11-22T20:52:00.317+01:00O comentario de Olga enmárcase no punto 1 previsto...O comentario de Olga enmárcase no punto 1 previsto por Arume.

Por certo. En inglés americano "xa era hora" dise "It´s about time". Dígollo para que non lles pase o que me pasóu a mín unha vez, por non coñecer esa expresión.Non lles podio contar o caso, que me da vergonza. Pero para que o saiban.XDCnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-25402936101224862342009-11-22T20:47:46.861+01:002009-11-22T20:47:46.861+01:00Arume: Está vostede mellorando moito ultimamente. ...Arume: Está vostede mellorando moito ultimamente. Debe de andar namorado, que din que o amor activa a mosquita da intelixencia.
Nota: na miña aldea chamábanlle "mosquitas" ás "chispas".XDCnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-73526277951160675032009-11-22T19:52:08.970+01:002009-11-22T19:52:08.970+01:00Non sei se valerá de algo pero.... XA ERA HORAAAAA...Non sei se valerá de algo pero.... XA ERA HORAAAAAAA!!!olgahttps://www.blogger.com/profile/07074985061187504147noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-79255651661110205022009-11-22T17:40:38.499+01:002009-11-22T17:40:38.499+01:00Aquí van varios comentarios.
1. Xa tardaba.
2. Mi...Aquí van varios comentarios.

1. Xa tardaba.
2. Mira ti, para iso!
3. Maloserá.
4. Xa é tarde.
5. A ver que fan agora!
6. O parto dos montes.
7. Que facía alí fulano se blabla...
8. A palabra XXXX está mal empregada.
9. En galego non se di...
10. Por un lado non sei e polo outro que queres que che diga.

En previsión de.

Polo que a min respecta, e con todo respecto, estas solemnidades me abruman. Non deixo de recoñecerlle o mérito (sobre todo o único constructivo que eu destaco: a proposta de comisión parlamentaria), pero entendo a quen non llo vexa.
Eu apúntome ao 10. Pero é que cada vez son máis escéptico.
Non mo teñan en conta.Manuel Ángel Candelas Colodrónhttps://www.blogger.com/profile/02473324517560319781noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-10213821935502463442009-11-22T15:34:54.323+01:002009-11-22T15:34:54.323+01:00Unha declaración impecable que dignifica á institu...Unha declaración impecable que dignifica á institución e aos seus integrantes. Vaian aquí os meus parabéns.

Fronte a aqueles que maliciosamente teimaban en que o CCG se ía abster de pronunciarse, velaí un memorando necesario, preciso, contudentemente elegante e propositivo.

O que si que me chama a atención é que non haxa, de momento, ningún comentario aquí sobre tan importante declaración.apicultornoreply@blogger.com