tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post7346282592672771374..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger26125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-86326101880502802332009-06-13T18:45:57.123+02:002009-06-13T18:45:57.123+02:00OK, a teor do razoado no tríptico parece obvio.OK, a teor do razoado no tríptico parece obvio.Xosé M. Gonzálezhttp://asuvasnasolaina.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-62150270103352725142009-06-13T17:51:34.773+02:002009-06-13T17:51:34.773+02:00Que a opción todo en galego ten todo o sentido que...Que a opción todo en galego ten todo o sentido que vostede, amigo Saavedra, lle está a dar parece explicada nos trípticos entregados. Pero a opción máis en galego ou tanto galego como castelán van ao mesmo rego.
Non pretendo propoñer eu esta elección para votar. Pero si a propoño para a interpretación dos resultados. Digamos que todos os votos que vaian a todo en galego, máis galego ca castelán ou tanto galego como castelán deben ser computadas no mesmo lado dos defensores dunha discriminación positiva do galego e, polo tanto, da situación xurídica actual. Así debe ser explicado para ganar a batalla do día seguinte.arume dos piñeiroshttp://arumes.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-17110446352177420072009-06-13T15:10:00.444+02:002009-06-13T15:10:00.444+02:00Na mensaxe anterior era eu. Na sinatura verán a pr...Na mensaxe anterior era eu. Na sinatura verán a présa coa que andamos.Xosé M. Gonzálezhttp://asuvasnasolaina.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-42103777294238472702009-06-13T15:08:39.525+02:002009-06-13T15:08:39.525+02:00Arume, o do inglés é asunto que estes días seguram...Arume, o do inglés é asunto que estes días seguramente queda en segundo plano de forma indebida, pero obrigada: teña en conta que, a quen teña visión cabal dos cadros docentes -e as súas competencias multilingües- dificilmente se lle escapa, as posibilidades de efectivizar a incorporación do inglés vehicular non é para mañá; e o do galego é para onte, ben me entenderá.

A opción de marcar todo en galego ten sentido mesmo para quen non queira todo en galego: a pregunta trata só sobre as troncais. En todo caso, andamos marcados por unha campaña cuxo tempo marca unha administración que neste momento non é amiga nin sequera algo imparcial; e que acaba de pousar toda a responsabilidade do proceso sobre directores e directivos, con obriga de dirixirse ás familias e certificar ante os gobernantes. Pouco tempo queda para a análise fina.Xosé . Gonzálezhttp://asuvasnasolaina.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-53442315407221610062009-06-12T17:33:24.224+02:002009-06-12T17:33:24.224+02:00Volvo á enquisa.
Na primeira e segunda pregunta, ...Volvo á enquisa.
Na primeira e segunda pregunta, que suporía de (substancial) diferencia encher a casilla de "máis en galego", "igual en galego que en castelán", en relación coa primeira e aconsellada por varias organizacións de "todas/todo en galego", se estas admiten que equivale á proposta de fifty/fifty mínimo en galego?
E na terceira, se a xente resposta maioritariamente en español ou en galego, e non indistintamente: non terán os alumnos liberdade (juajua) para escribiren os exames na lingua que lles pete? E vale para todas as materias ou só para as troncais?
E que pasaría se na última pregunta, a das materias en inglés, a maioría resposta que non. Se a renuncia ao galego pode adquirir tintes dramáticos, esta de negarse ao inglés (ou a calquera idioma, vaia, pero desta lingua franca se trata) estaría próxima á astracanada (con perdón para Muñoz Seca) e ao vergonzante escarallamento universal.
Pero non sei de que me escandalizo: só quedaría proclamado o que nos corredores dos institutos ou das universidades é un secreto a voces: o inglés, para qué?arume dos piñeiroshttp://arumes.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-83611013342209887372009-06-10T18:34:22.061+02:002009-06-10T18:34:22.061+02:00Na universidade, regalaban unhas pegatas para incl...Na universidade, regalaban unhas pegatas para incluir nas enquisas onde figuraba a fórmula xa escrita.arume dos piñeiroshttp://arumes.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-54492999464245866952009-06-10T18:00:44.933+02:002009-06-10T18:00:44.933+02:00Falta esto, perdón: no controlCcontrolV esquecín u...Falta esto, perdón: no controlCcontrolV esquecín un cacho.

Todo o anterior fai que os resultados desta consulta non me parezan lexítimos.arume dos piñeiroshttp://arumes.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-43532054914976719002009-06-10T17:59:42.610+02:002009-06-10T17:59:42.610+02:00NOVIDADE:
Engade o BNG na súa proposta para enche...NOVIDADE:
Engade o BNG na súa proposta para encher a enquisa o seguinte: (nin que leran estas uvas)

Igualmente xulgamos preciso transmitir a nais e pais a necesidade de incluíren no apartado de observacións da enquisa peticións semellantes ás que expresamos a continuación:

Desexaría que o ensino fose en galego, unha opción que non recolle
esta enquisa.

Estou a favor da aplicación do decreto actual de promoción e uso do galego no ensino, realizado co consenso da comunidade educativa e que emana do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no Parlamento Galego.arume dos piñeiroshttp://arumes.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-29286187007184356702009-06-10T16:49:30.348+02:002009-06-10T16:49:30.348+02:00Pois serán. Pero, en efecto, con esas regras vai f...Pois serán. Pero, en efecto, con esas regras vai funcionar o invento. E hai que xogar.Xosé M. Gonzálzhttp://asuvasnasolaina.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-20211997646406253662009-06-10T12:37:04.651+02:002009-06-10T12:37:04.651+02:00Enquisa por fillo/a supón, de modo impícito xa que...Enquisa por fillo/a supón, de modo impícito xa que non poden asinar os propios alumnos, que é a parella (o titor/a, como cando piden permiso para iren ás Cíes), o pack enteiro, quen decide. Ou se poñen de acordo ou asina un deles. Pero o concepto "pais do alumno/a", fulequí, vale un só voto. E supoño que terán as súas ideas ao respecto cada un deles. Digo eu.
Volve o tercio familiar. Os de familia numerosa levan vantaxe, pero tampouco hai que poñerse fino porque nunha familia de oito non todos van querer as mesmas cousas. Digo eu. Podería darse o caso de que decidiran (despois de poñerse de acordo os pais ou ben responsabilizándose/usurpando un deles a tutela ocasional nestes temas) que tres deles escolleran unha opción, dous outra, e tres outra. As combinacións logo son extraordinarias.
Eu xa penso estas cousas. Deben de ser os efectos colaterais da confusión.arume dos piñeiroshttp://arumes.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-25290090404033972882009-06-10T11:57:32.946+02:002009-06-10T11:57:32.946+02:00Idiomas para galegos
Xavier Alcalá
Seica os nenos...Idiomas para galegos
Xavier Alcalá

Seica os nenos teñen unha grande vantaxe sobre os adultos: apañan sons de idiomas diferentes e métenos noutras tantas partes do cerebro que logo se interconectan. Por iso os aprenden tan ben, coa correspondente fonética.

As linguas fanse con palabras, sons encadeados, estruturados segundo códigos. Representan xeitos de pensar e sentir recollidos nunha memoria colectiva. Cada lingua é unha nación e os que falan moitas son máis humanos cós que falan poucas porque pertencen a máis pobos.

Se en Galicia non houbese traumas de fala, a xente ensinaríalles na casa aos fillos a patrimonial e deixaría que, mergullados nun mundo mediático castelán, aprendesen a lingua franca de España e Hispanoamérica (doada forma de «galego oriental vasquizado e mozarabizado»). Despois procurarían que na escola se paralelizase o ensino de castelán co do portugués, «galego estremeño, mozarabizado» cunha fonética -por veces forzada- coincidente en moitos aspectos coa do francés, lingua latina ben fácil de aprender.

Na mente dos rapaces é sinxelo armar os quebracabezas das tres latinas máis estendidas polo mundo: castelán, galaico-portugués e francés. E o francés pode axudalos moito a entraren no híbrido xermano-latino que manda no globo, o inglés: quen fala francés ten a metade do vocabulario inglés no peto.

Nunha Galicia orgullosa do que lle deu ao mundo, non abonda con «español e inglés». O percorrido sería do galego ao inglés, pasando polo portugués e o francés (sen esquecer o castelán, of course).Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-87728294237326472862009-06-10T11:36:55.881+02:002009-06-10T11:36:55.881+02:00Postos a facer enquisas, tanto o conselleiro coma ...Postos a facer enquisas, tanto o conselleiro coma o (seique) colaboracionista que puxeron en Política Linguística, ben poderían mirar as enquisas que leva feito a RAG desde a época Fraga, que sinalan que ano tras ano nacen máis nenos que teñen o español como lingua inicial. TOdo isto cortesía dos anos do "bilingüísmo harmónico" de Fraga, nos que nin a metade das asignaturas podían ser cursadas en galego.

Agora estes elementos, despois de GB remover as augas lingüísticas durante meses, fan a súa "enquisa cocacola" con unha pregunta final trampa.

1.-Este tipo de enquisas só poden ter uns resultados significativas se un número suficientemente grande de pais/nais as enche. Dame a impresión que só os pais/nais máis concienciados, a favor ou en contra do galego, as van entregar.

2.-O que pregunta a enquisa (a posibilidade de que unha ou outra lingua sexa a única que se empregue no ensino) vai en contra das leis do Estatuto de AUtonomía e da Lei de (A)Normalización Lingüística. Só por iso a enquisa debía servir de papel de cu.

3.- A enquisa non ten en conta que, debido aos anos de Fraga (o falso bilingüísmo harmónico) hai unha lingua, o galego, en clara desventaxa.

4.-Nunha situación que tende ao monolingüísmo en español, e no que falar/ler/escribir o galego é percibido como un esforzo a maiores, resultará normal que moitísimos pais contesten á pregunta "En que lingua(s) preferiría que o seu fillo realizase as probas orales e escritas?" con "Castelán/Castellano". Os pais queren as mellores calificacións escolares para os seus fillos.

5.-A última pregunta introduce, como quen non quere a cousa, a idea do inglés. Naturalmente, a todos os pais lles interesa que os seus fillos teñan asignaturas nesa lingua, polo que, quéirase ou non, crea nos pais a confrontación (moi utilizada por Paku Vázquez e os GB) de inglés (útil, guay) contra a lingua menos guay e "útil".

Eu recoméndolle ao melifluo conselleiro que o seu goberno invista máis en educación (este ano non houbo oposicións a secundaria), que todos os rapaces que cursen a ESO e o bacharelato saian do sistema escolar cun dominio perfecto do galego e do español, que efectivamente se poidan cursar asignaturas en inglés, e que loite porque teñamos o mellor sistema educativo do estado, precisamente para compensar o feito de sermos unha das autonomías con menor PIB.

Estarían os pais de acordo cunha enquisa nas que se lle plantexasen as preguntas deste xeito? Si. Mais todo isto require de esforzo por parte do melifluo conselleiro...msnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-1932258193145361372009-06-10T11:13:58.555+02:002009-06-10T11:13:58.555+02:00Madia leva se non se trata, Arume. Eles cociñan, p...Madia leva se non se trata, Arume. Eles cociñan, presentan o prato, degluten e elaboran a guía gastronómica. É impresentable desde calquera punto de vista medianamente rigoroso.

A cuestión é que a socioloxía do país nin avalía o rigor nin lle confire importancia: "iso é cousa dos pais" é expresión vella que, non obstante, asumen moitos novos. Pero neste país actuamos e a actuación socialmente relevante require presenza efectiva, numérica e estatisticamente relevante. Por certo: non é unha enquisa por familia, senón por alumno.Xosé M. Gonzálezhttp://asuvasnasolaina.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-65793044291994695712009-06-10T10:39:52.648+02:002009-06-10T10:39:52.648+02:00A enquisa crea deliberadamente confusión. Promove ...A enquisa crea deliberadamente confusión. Promove este debate entre os defensores de cubrila e aqueles que rexeitan vela de diante. Alimenta, entre os que optan por enchela, unha tensión especulativa sobre cal é a mellor das solucións, xa non desde o punto de vista ideolóxico ou político, senón desde un punto de vista técnico. Entre outras, non se sabe se respostar "todo en galego" dun xeito paradoxal non sexa unha victoria das teses de Galicia bilingüe. De feito, na comunicación do anónimo último, as organizacións que se inclinan por esta solución vense na obriga de aclarar o sentido de tal decisión para non seren sumados ao bando contrario. Tampouco estou seguro de que optar por solucións intermedias non sexa considerado como un debate gañado aos sectores máis galeguistas. [Tamén cabe a posibilidade de escribir algo no papel entregado a man para facer ver o rexeitamento mesmo da enquisa. En universidades cercanas, os detractores das enquisas do profesorado inclúen por escrito unha fórmula de negación dos resultados no momento de realizala].
Velaí a perversidade interpretativa da enquisa, á marxe das observacións, algunha delas consideradas no texto de Lándoas sobre quen debe cubrir a enquisa (a consideración da parella de pais/nais afianza a idea da familia como núcleo esencial da sociedade e non o individuo), cantas se deben cubrir (considerar os vástagos como un todo tamén pode ir na mesma liña de anular ao individuo en favor do núcleo familiar), cal é a porcentaxe mínima de enquisas cubertas significativa e, sobre todo, que poden facer cos resultados obtidos.
Eu, a estas horas do día 10, sigo sen ter claro o panorama. Ao mellor trátase disto.arume dos piñeiroshttp://arumes.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-9038024913637460802009-06-10T09:48:13.278+02:002009-06-10T09:48:13.278+02:00Caerían no xogo do PP, meu señor, miles de votante...Caerían no xogo do PP, meu señor, miles de votantes a prol do galego que, non contestando a enquisa, posibilitasen unha práctica ausencia das mellores opcións.

É vde. ben libre, señor anónimo, de se pór exquisito co léxico. Un leva dando clase de lingua ben anos, e pensa entender un pouco de semántica; xa que logo, un vai votar, se non llo leva a mal.

Excelente nova, o documento inserido na mensaxe anterior.Xosé M. Gonzálezhttp://asuvasnasolaina.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-57369690243991735472009-06-10T09:15:23.851+02:002009-06-10T09:15:23.851+02:00A comunidade educativa redactou un documento conxu...A comunidade educativa redactou un documento conxunto no que rexeita a consulta sobre a lingua no ensino. Os sindicatos dos centros públicos e privados –CIG, CC OO, UGT, STEG, CSIF, ANPE–, Nova Escola Galega, ASPG, Patronal da Concertada Asociación de Directores e Directivos de IES, Coordinadora de Equipos de Normalización, Comités e a Mesa pola Normalización Lingüística subliñan que a consulta foi “deseñada á marxe da comunidade educativa, carente de rigor na metodoloxía de distribución e no procesamento de datos e sen garantías para a intimidade das persoas e a protección de datos de carácter persoal”.

O decreto

Ademais de lembrar que o Plan Xeral de Normalización Lingüística “é un punto de encontro na definición dos obxectivos para o ámbito educativo”, fai fincapé en que a legalidade do decreto que regula o uso e promoción da lingua no eido da educación “foi avalada por varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza”.

Tamén consideran que “o obxectivo de que ao remate do ensino obrigatorio os nenos e as nenas sexan plenamente competentes nas dúas linguas oficiais non pode conseguirse con menos do 50 por cento das materias impartidas en galego”. “Coa enquisa que se envía ao centros o mantemento deste equilibrio tan só se garantiría marcando a resposta en galego ou todo en galego. Esta opción non se refire á totalidade do ensino, senón ás materias que habería que impartir hoxe en galego –o 50 por cento– xa que a enquisa non recolle a opción de que todas as materias agás as linguas, poidan ser impartidas en galego.

Todo en galego

O documento engade dous puntos que polo de agora foron acordados pola CIG, a Mesa, STEG, ASPG, Nova Escola Galega, Asociación de Directores e Directivos de IES, os Comités e a Coordinadora de Equipos de Normalización de Ferrol.

“Por termos en conta as consideracións anteriores, propoñemos marcar a opción “galego” (en Infantil e FP) e “todo en galego” (en Primaria e Secundaria), porque desta maneira estariamos a indicar que queremos en galego as materias que hoxe se deben impartir na nosa lingua, tal e como indica o decreto en vigor. Non significa, por tanto, que queremos todo o ensino en galego, pois esta opción non se considera”, recolle o escrito.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-3839296451191979912009-06-10T00:52:11.747+02:002009-06-10T00:52:11.747+02:00LÁNDOAS

Un entendera non-sei-que-exactament...LÁNDOAS

Un entendera non-sei-que-exactamente a propósito do referendo que tiña pensado activar o goberno de Ibarretxe non hai tanto tempo. Son niveis diferentes incluso na óptica dos autodenominados partidos constitucionalistas, é certo. Pero a argumentación xurídica de fondo con aplicación ao referendo vasco non só debería ser igualmente aplicábel á consulta Vázquez-Lorenzo senón que ademais tería que ser corrixida e aumentada para a ocasión. A ausencia de autoridade para levar a cabo unha consulta desa clase (que con medias palabras se presenta como vinculante, como se tal cousa couber), súmase unha palmaria e case diría ostentosa ausencia de garantías. E algo máis, que non concorría no caso vasco. Será chamada a opinar sobre este asunto, capital para a cidadanía toda e para o futuro do país, só unha parte da poboación galega, unha parte bastante reducida, aínda que iso non é agora a cerna do asunto, porque o que importa é xustamente iso, que é unha parte: a configurada polos cidadáns que teñen fillas ou fillos escolarizados.

O Delegado do goberno central declarou algo hoxe aos medios. Pero aquí non é unha declaración política o que corresponde. Un inciso: entre outras razóns coadxuvantes, o PP activou o seu plan de destrución da convivencia social e cultural porque nin o PSOE nin o PSdeG emitiron previamente sinais suficientes de advertencia para que non o fixese. En fin, o goberno Rodríguez Zapatero está na obriga de defender os dereitos constitucionais de galegos e galegas. O Ministro do Interior, en particular, tamén. Rubalcaba debería lembrar aquilo de que "No hay que ser un genio del Derecho para conocer las tachas de inconstitucionalidad". Debería lembrar esa frase esgrimida contra o referendo paralizado no País Vasco e tamén que existe, que segue a existir, o Tribunal Constitucional. Debería lembrar que as leis, os Estatutos de autonomía, as Constitucións e todo iso están para cumprirse.

Son moitas as razóns sociais, políticas e tamén xurídicas para deter unha consulta que vai supoñer unha quebra de enorme envergadura no país e que está destinada con absoluta claridade a que un dos poucos elementos que garanten un principio de igualdade de dereitos fundamentais sexa conculcado con aparencia democrática. O Conselleiro de Educación e o Presidente Feijóo, que interveñen como se a maioría do seu grupo parlamentario fose similar á que perfilan as cifras do concello ourensán de Avión nas recentes eleccións europeas (sobre un 90% de votos para o PP), esquecen que e só un o escano que lles outorga a lexitimidade para gobernar o país. Pero non é esa a cuestión principal que hoxe é preciso tratar aquí. O relevante é que o operativo Feijóo-Vázquez-Lorenzo, o operativo PP, está destinado a preservar o feito de que unha parte da poboación galega desenvolva a súa actividade cidadá e a totalidade da súa participacións na vida social e cultural absolutamente á marxe dunha das dúas linguas oficiais do país. Iso é algo que hoxe xa se pode facer coa única reserva (sobre o papel, non na realidade) da esfera do ensino. Á inversa é obvio que resulta imposíbel.

E por seguir indagando nas inversións, pregunto: que ocorrería se un goberno afín a outro nacionalismo (non ao español) impulsase unha consulta como a que a finais desta semana se vai activar en Galiza? Que pasaría se un goberno, por exemplo monocolor do BNG ou de CiU, empregase esas mesmas preguntas con intercambio dos lugares de aparición das dúas linguas oficiais do país en cuestión, Galiza ou Cataluña? Interviría nese caso o Ministerio do Interior? Non pregunto polo que dirían os xornais de Madrid, de Valencia ou de Ferrol; tampouco polas declaracións na COPE ou noutras emisoras de radio e televisión. Pregunto polo que faría Interior, polo que faría a fiscalía, polo que faría o Constitucional.Arume dos piñeiroshttp://arumes.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-67804494770098995742009-06-10T00:08:14.103+02:002009-06-10T00:08:14.103+02:00pero que é o que hai que votar señor Xosé Manuel G...pero que é o que hai que votar señor Xosé Manuel González?
Respostar a unha enquisa non equivale a unha votación.
Cae vostede no xogo do PP.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-54411886726319894642009-06-09T23:53:51.715+02:002009-06-09T23:53:51.715+02:00Pois máis ben estou confundido. Que a enquisa é un...Pois máis ben estou confundido. Que a enquisa é unha argallada indefendible púxoo aquí de relevo todo o mundo que interveu ata o de agora. Que hai que pór iso de relevo ante a opinión pública, se non foi antes, dígoo eu tamén agora.

Aclarado iso... ¿hai que votar? Xaora, si. Sería ben que todo o mundo fose claro en tal sentido, sen confundir.Xosé M. Gonzálezhttp://asuvasnasolana.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-86056032346265561872009-06-09T23:22:54.374+02:002009-06-09T23:22:54.374+02:00Responder a unha enquisa non é votar, non confanda...Responder a unha enquisa non é votar, non confanda, porque é grave, tratandose de asunto grave para o idioma.
desde diferentes instancias (CIG,CCOO, e outros colectivos) estáse a cuestionar a oportunidade da enquisa e as garantías de fiabilidade da súa realización, cuestionando anticipadamente os resultados. o que pase durante a consulta, desidia, abstención, alteracións... aumentarán a incertidume dun resultado con graves eivas de lexitimidade. Respostar, que non votar, respostará quen queira.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-20986266720361698222009-06-09T22:18:05.367+02:002009-06-09T22:18:05.367+02:00Resulta obvio que hai que votar. Ningunha instanci...Resulta obvio que hai que votar. Ningunha instancia medianamente coñecida ou organizada en defensa ou ocupada no idioma vai pedir a abstención.

O que non resulta tan obvio é quen pode ser que propoña iso, absterse, en medios que se saben proclives ao galego. O que di o Monxardín: nin sabemos quen son.Xosé M. Gonzálezhttp://asuvasnasolaina.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-54272658400480185262009-06-09T20:23:03.520+02:002009-06-09T20:23:03.520+02:00Para que a enquisa fose mínimamente defendibel,
1)...Para que a enquisa fose mínimamente defendibel,
1) habería que ter o tempo e os medios necesarios para informar adecuadamente aos pais das diferentes posicións. Nos tempos e modos nos que está prantexada é un fraude polo que entrar a ganala, é entrar a participar nela, é dicir, darlle lexitimidade.
2) Non debería de ser, como dixo Feijoo en Cataluña, "vinculante".
Unha enquisa nunca pode ser un prebiscito.

3) Non debería existir unha intencionalidade, como a que hai por parte do goberno a utilizala contra o idioma galego, como parte dunha campaña de disminución da presencia dos idiomas que non sexan o español no estado. Por Galicia comezaría a reconquista do español, nunha España gobernada polo PP.Ignatiusnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-75163256748409412662009-06-09T19:51:36.901+02:002009-06-09T19:51:36.901+02:00Señor anónimo:
Estou de acordo con que se deberían...Señor anónimo:
Estou de acordo con que se deberían seguir subindo outro moitos artigos doutros colaboradores desta casa e que, procentualmente, ultimamente os meus semellan excesivos. Acho de menos os de Bieito Iglesias, Arume, etc.
En calquera caso non son eu quen o sobe.
Respecto á súa argumentación que remata, novamente, coa miña adscrición á confraría dos bombeiros populares, indicarlle que globalmente estou de acordo co que di, agás o último parágrafo, claro. Coas conclusións. Ben se ve que as intencións non son neutras. Incluso é significativo como se violenta, de facto o artigo 2 do Decreto en vigor, 124/2007 ao ser redactada bilingüemente e non en galego como toda documentación que xera –ou viña xerando- a Consellería. Vale. Pero vostede pensa nunha clave política que a min me excede, ultrapasa e supera. Eu non teño nada que lexitimar desa ridícula enquisa, porque non son ninguén para facelo. Nin para o contrario. O único que sei é que os contrarios ao avance da lingua van a usar a enquisa a tope. E isto, como vostede sabe, non lle é unha opinión, élle unha realidade incuestionable. Por iso, por pura practicidade, pregúntome que será mellor. ¿Descualificar simplemente e “chamar á absetención” de forma que só haxa opinións negativas entre as comuniacións dos pais? ¿Que uso faría diso a Conselleria, aínda que só fosen varios miles en contra? ¿Non ve vostede que incluso falan de “batasunización” da cuestión por mor dun par de gamberros que pinten –mal feito- no coche da señora Lago? Creo que o mellor sería, nesta ridícula enquisa contestar masivamente en favor do galego e que o sr. Conselleiro visen que só 1 de cada 20 ou 30 está en contra dos avances. Eu penso en clave de practicidade e lingua. Non de lexitimización politica. Que non a precisan, por certo. Eles poden facer preguntas, con boa ou mala intención, máis ou menos enrevesadas. E nas socieades de cultura participativa avanzada, como as nosas occidentais, o poder pode perder, porque a xente teña unha intención distinta ao dos que convocan eleccions, consultas ou referendums. Pinochet perdeu o referendum en 1988 e tivo que deixar o cargo. En Galicia nas dúas últimas eleccións autonómicas votamos contra o poder. Se cadra a próxima tamén. Está na nosa man, coller para a dereita ou para a esquerda. Como ter máis opinións positivas que negativas na enquisa. É imprescindible gañarlles no seu terreo. Vostede discrepa da miña táctica, é obvio. Pero non por iso debe confundir a miña vocación e e actividade profesional –co máximo respecto para os bombeiros- nin debe dicir que non teño “asomo de respeto nin sensibilidade pola nosa cultura e o noso idioma”. Eu escribo en galego e traballo no tema, coas miñas opinóns non coas súas, claro, desde hai trinta anos. Vostede, nin sei quen é. Un saúdo. Cambio e corto.AVMFnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-11374147358218332312009-06-09T18:05:12.575+02:002009-06-09T18:05:12.575+02:00La consulta a los padres que llevará a cabo la Xun...La consulta a los padres que llevará a cabo la Xunta para saber en qué lengua quieren que estudien sus hijos sigue cosechando críticas. CC.OO. la tildó ayer de «tomadura de pelo», criticando su falta de rigor y que no se conozcan las garantías para controlar los resultados. En la misma línea se sitúa el recurso interpuesto por la CIG en la consellería, en el que demanda la nulidad de esta encuesta, pidiendo mientras tanto a la Xunta que paralice provisionalmente el proceso. La organización sindical alega que no se ha incoado (iniciar un proceso oficial) formalmente; no identifica claramente a los destinatarios de la consulta; el hecho de que un padre cubra tres formularios por tener tres hijos perturba los resultados; no es compatible con los principios de secreto y transparencia y deja en manos de niños la custodia de los cuestionarios, entre otros motivos. Todos ellos han llevado al sindicato a solicitar su nulidad.
Las reacciones en cadena han llegado también de los equipos de normalización lingüística de los centros educativos, que consideran que este no es un buen momento para preguntar a los padres, «xa que a lingua está máis baixo intereses políticos que educativos». La coordinadora coincide en la falta de rigor de la consulta y enviará a los padres trípticos con información sobre la enseñanza de la lengua. Mientras, la Consellería de Educación defendió la plena legalidad de este cuestionario y el Diario Oficial de Galicia publicó la resolución de una convocatoria de ayudas para el fomento del gallego.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-40701804552289732282009-06-09T17:48:35.058+02:002009-06-09T17:48:35.058+02:00Unha perguntiñas: por que sempre aparecen os artig...Unha perguntiñas: por que sempre aparecen os artigos dos mesmos (reiteración dos de Monxardín)? Por que os que eran habituais do blog xa non participan?Anonymousnoreply@blogger.com