tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post8342639524813389425..comments2023-10-28T17:38:42.199+02:00Comments on AS UVAS NA SOLAINA: Marcos Valcárcel Lópezhttp://www.blogger.com/profile/01049968324831056411noreply@blogger.comBlogger3125tag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-14590607233843708462009-01-12T22:30:00.000+01:002009-01-12T22:30:00.000+01:00De nena aprendín a nadar nesa orela do río, cando ...De nena aprendín a nadar nesa orela do río, cando nas tardes do verán se enchía de nenos e familias merendando. Baixabamos polo camiño do Bao xa cos flotadores postos e lembro que había xente recollendo mexilóns perto da cepa da Ponte Vella. Lembro mil historias de afogados que rescataba Toñito Patata ( por certo era cataléptico e enterárono vivo. Contounolo o enterrador, cando andabamos de románticos polo cemiterio).De moza o meu primero amor, que nadaba coma un peixe, era do Ribeiriño, así que quedabamos nuha ou noutra ourela e cruzábamos o río nadando para vernos. Aquelo acabouse o día que aparecimos cheirando a petroleo. A Renfe comezara a lavar os trens e botar as auhgas suxas ó río. O da autopista de Ningures doíame na alma, cando chegaba a Ourense, na época en que traballaba fóra.
Din que van a recuperar o areal de Samil, non é mala idea empezar a pensar a recuperar as orelas do río entre as pontes, o coiñal e a praia das cunchas.Selinahttps://www.blogger.com/profile/08118256692890691104noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-16619736304427329352009-01-10T22:37:00.000+01:002009-01-10T22:37:00.000+01:00E como son crente, daquela maneira, vostedes desem...E como son crente, daquela maneira, vostedes desemulenme meus guefes, pode que os que estén do outro lado ( os pasados) o vexan mellor. Anos 2040, 2050.

Acredito na teoría dos campos mórficos, e no rexistro universal de todo facto e pensamento igual que o que está colocado no "net" non ten fin. Ten máis vida da que imaxinamos. E o dito, dito está, con vida própia. E ata algún día pode que se independice de nós, nos pase factura, nos esclavice ou nos libere.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-23750033.post-10831905812010434492009-01-10T22:28:00.000+01:002009-01-10T22:28:00.000+01:00EStou amolado, nobles contertulios, porque publiqu...EStou amolado, nobles contertulios, porque publiquei un comentario eiquí e non salíu, non vaia aghora a replicarme.

Verán, eu estou convencido, no decir dos físicos de avangarda, que en trinta anos teremos enerxía de fusión. Daquela os encoros volveránse obsoletos, e tamén as endiañadas martavelas dos moiños de vento. Asistiremos ó desmontaxe de estos andamiaxes. E as lampreas prehistóricas volverán a remontar o "Minium flumini" ata machear no so-pé da ponte vella. O anguiacho fosforecerá outra vez de noite na súa remontada vindo a desovar. Os salmóns e os sábalos teranno máis difícil para recuperarse.

E o que a nós nos pareceu eterno por ter coincidido co debalar das nosas vidas, non será máis que unha pequena mota de pó na edade xeolóxica. Esas navalladas no río, e esas agresións "obsesivas" ós montes, por cuxa inversión pelexan nestes momentos as grandes fortunas, pasarán a história. "Antes temprano que tarde". Pode que teñan un período de vida similar ó comunismo, setenta, oitenta anos.

Os quebrantos da humanidade serán outros. Probablemente máis de tipo biolóxico.

A ponte vella seghuirá no seu lughare. E nos que o vexamos. Deus, ou o que for, reparta saúde.Anonymousnoreply@blogger.com