




vajal, no Posío, e o busto de Prado Lameiro, agora moi perto da outra (sobre as estatuas ourensás ata 1993: Mª das Mercedes Gallego Esperanza, Evocaciones en piedra y bronce. Escultura pública en Ourense, Deputación Provincial Ourense). Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".





vajal, no Posío, e o busto de Prado Lameiro, agora moi perto da outra (sobre as estatuas ourensás ata 1993: Mª das Mercedes Gallego Esperanza, Evocaciones en piedra y bronce. Escultura pública en Ourense, Deputación Provincial Ourense). 

rense, Velle, o protagonismo do río Miño), a novela que gañou o Xerais daquel ano, resolto en Baiona. Da mesma andaina son a novela intimista de Marina Mayoral, Unha árbore, un adeus; unha procura na ciencia-ficción de Xesús González Gómez, Ucronía; a novela de viaxes e aventuras de Martínez Oca, As florestas do Mañuema; e os relatos de e os relatos de Camilo Franco, na súa estrea literaria, A lúa no cénit e outros textos. E unha das ambiciosas novelas do ciclo de Víctor Freixanes, O enxoval da noiva, trasladada ata a Italia do Renacemento, á Roma de Alexandre VI e o papa Borgia, cando as vodas da súa filla Lucrecia. , trasladada ata a Italia do Renacemento, á Roma de Alexandre VI e o papa Borgia, cando as vodas da
súa filla Lucrecia. A narrativa do 88 achegounos Catro novelas sentimentais, de Ramiro Fonte; Meta-relatos, de Claudio Rodríguez Fer; O camiño de Middelharnis, de Xosé Cid Cabido; O misterio do barco perdido, novela policial de Carlos Reigosa; As cereixas, de Riveiro Loureiro, e Turbo, de Miguel Suárez Abel. Na narrativa xuvenil tiñan especial éxito, Anagnórise (Galaxia), de María Victoria Moreno, que arrasou nos institutos; Investigación 091, sobre o mundo do contrabando, de Pepe Carballude; Moncho e Driar, en clave de ciencia-ficción, de María García Yáñez; De cando o Suso foi carteiro, de Neira Vilas; Lembranza nova de vellos mesteres, de Paco Martín; Chuchamel, de Concha Blanco, e O gato metido nun saco, de Alberto Avendaño. 










A Nosa Terra reformada e a miña colaboración nesta nova etapaComo todos vostedes saben xa, ANT empezou unha nova etapa, reformada, con melloras evidentes na súa presenza formal. E cun monográfico cheo de cousas de interese. Xan Carballa chamoume para colaborar nesta nova andaina e eu, que xa o fixen noutras (sobre todo nos primeiros anos), aceptei. De momento, cunha columna semanal: quizais con máis cousas, xa veremos. Velaí amiña primeira columna:
Contar historias
Sempre dicía que necesitaba contar historias para entender o mundo. E para entender as xentes que habitamos nese mundo. De feito, refugaba a retórica vacua de tantos discursos baleiros de ideas. E non entendía como os escritores, que por profesión se dedican a xogar coas palabras e crear historias, podían deixarse enredar pola linguaxe tecnocrática e intelectualizada dos congresos universitarios, por exemplo.
Non foi o seu caso. O seu foi o dominio da palabra e o pracer da conversa. A imaxe amable e en positivo dunha visión do país. Un galeguismo de realidades para facer florecer unha cultura, por riba dos dogmas e as teorías.
Falo de Carlos Casares. Pioneiro en tantas cousas. No xornalismo literario, dende os seus artigos en La Región dos anos 60 ata a súa columna “Á marxe” en La Voz de Galicia ata o día anterior á súa morte, tan traidora, en marzo do 2002. O Casares pioneiro na literatura xuvenil, que abriu portas e fiestras en tantos aspectos. O Carlos Casares creador de mundos propios en obras que son xa clásicos indelebles das nosas letras, dende Vento ferido a O sol do verán, pasando por xoias como Ilustrísima, Os escuros soños de Clío ou Deus sentado nun sillón azul, entre moitas outras. Ou marabillas como Un país de palabras, fóra de xénero, un diamante auténtico da palabra, que nos ensina máis sobre a literatura e o ser humano que todo un anaquel de ensaios. O Casares que estudou o país dende as súas biografías de alta divulgación (Vicente Risco, Otero Pedrayo, Curros, Sarmiento, etc.).
Todos lembramos o seu faladoiro garimoso, o pracer da conversa, a imaxinación desbordada, a palabra como terapia. Dende o día 10 de decembro un Coloquio reunirá en Ourense, convocados pola Fundación Casares e a Universidade de Vigo, a diversos especialistas para falar con rigor e amplitude da obra de Carlos Casares: agardemos que non se abuse da retórica nin da palabrería inútil. Oxalá ata se conte algunha historia: como de seguro desexaría Carlos.




lia que se cruza con eles. Despois de moito forcexear as elefantes femia da súa familia xúntanse e arremeten contra o grupo secuestrador ata que logran recuperar a cría: traballo cooperativo, en equipo, e solidariedade familiar. Parecidos comportamentos nos bisontes americanos, algúns de gran crueldade: asediados sempre por lobos e coiotes, soportando as durísimas condicións dos invernos nevados, noutra escena a manda de bisontes expulsa a golpes a unha cría de alce perdida e que se quere refuxiar entre eles e entrégalla malferida, ós pés dos coiotes para ser devorada. 




Blanco Amor encadeado (Foto José Luís Troitiña) Así nos tiñan hoxe a Blanco Amor na Alameda, na praza bispo Cesáreo, encadeado, engaiolado entre un sarillo de cables e luces. O responsable: unha empresa de iluminación do nadal contratado polos comerciantes (a mesma empresa que lle levou o ano pasado un balcón ó Liceo cuns cables e este ano aplastou un coche en Sto. Domingo coas mesmas).
Por sorte a concelleira de cultura, Isabel Pérez, foi enérxica e resolveu o desaguisado mandando desmontar todo ( a concelleira "da liberación de EBA" chamaríalle logo o Luís Tosar). Alí fixemos o segundo acto da homenaxe a EBA con lectura de textos de alumnos do IES Blanco Amor e unha intervención de Xosé Luís Díaz Leyes, director do centro, que relembrou como coñeceu ó escritor a través de María do Carmo Enríquez Salido. Tocoume rematar a faena e optei por improvisar, nuns dez ou doce minutos, un breve discurso sobre o Blanco Amor home, escritor (en todos os xéneros) e cidadán, deixando caer algunha anécdota inédita ata hoxe. Non debeu estar mal pois chovéronme as felicitacións e a tardiña xa entraba no lusco fusco. Coa desmontaxe rematamos case ás sete. Tamén andaban por alí Xosé Cid, o escultor autor da peza; Xosé C. Caneiro e a concelleira de educación, a socialista Ana Garrido; o poeta Víctor Campio; Pepe Trebolle, etc., entre un grupo de 30-40 persoas.
O eterno exilio de EBA
Nesta reportaxe de El País, a xornalista Cristina Huete recolle con acerto unha parte das miñas declaracións e mesmo o espírito da miña intervención onte pola tarde, diante do EBA xa liberado das estreliñas do nadal. Todo o que segue está sacado das miñas declaracións a C.H.:
Como glosaría después el historiador Marcos Valcárcel, "fue un hombre que tuvo a gala su libertad y el consecuente precio de soledad que hay que pagar por ella". Y fue también un polemista, un hombre de carácter que se enfrentó a los poderes fácticos del tardofranquismo orensano, al mundo cultural oficial representado entonces por Otero Pedrayo y hasta a los comerciantes "que venden libros como si fueran chorizos". (...) Sus tonalidades las desveló Valcárcel quien, sin embargo, apenas le trató. Sobre su perfil, dejó claro que Blanco Amor "estaba completamente seguro de su valía; sabía que era uno de los grandes, era consciente de que A Esmorga iba a pasar a la historia de la Literatura como una de las cuatro piezas maestras del siglo XX".
Pero el acto de ayer intentó recuperar al Blanco Amor poeta "de una calidad enorme aunque oscurecida por su prosa", al dramaturgo empeñado en un papel didáctico "con los campesinos prácticamente analfabetos de Argentina" y al ciudadano comprometido, galleguista y republicano que participaba de los actos del Partido Comunista. Y, junto a ellos, al homosexual igualmente comprometido que en la última entrevista, concedida a Maribel Outeiriño en La Región, contestó a la pregunta de "¿por qué vale la pena salir a la calle ahora?" con un rotundo: "Por el estatuto de autonomía y por la abolición de la ley de peligrosidad social", saliendo del armario en una época en la que aún mandaba el riguroso blanco y negro.
Lectura e Universidade. .jpg)
,+pel%C3%ADcula+rodada+en+Galicia.0002.jpg)
guerra civil, cunha aposta no modelo de escrita ousada e ambiciosa; e dúas obras clave da narrativa de Xosé Luís Méndez Ferrín, concibidas como relatos xuvenís pero moi vinculadas ó persoal imaxinario do universo literario ferriniano; Contra morte e amor, novela intimista de Marina Mayoral; Tempo novo, de Xosé Neira Vilas; O ano do cometa, de Xosé Bernárdez Vilar, premio Xerais no ano anterior; Irmán Rei Artur, de premio Xerais no ano anterior; de Carlos G. Reigosa, outra reviravolta sobre a materia de Bretaña; Doncos, o pacífico, de Xoán Ignacio Taibo, que coincide coa anterior no tema artúrico; Foumán, de Xosé Cid Cabido; Land Rover, de de Suso de Toro, unha incursión no mundo marxinal dos arrabaldes; Detrás do silencio, de Xosé M. Martínez Oca (premio Casado Nieto); e Longo voo do paxaro, de Fermín Bouza. Na narrativa xuvenil aparecían obras como O globo máxico, de Andrés García Vilariño (premio Barco de Vapor 1987); A chave das noces, unha das obras máis populares de Xabier P. Docampo, un dos creadores máis potentes da narrativa xuvenil; e Viaxe a Illa Redonda, de un dos creadores máis potentes da narrativa xuvenil; e de Helena Villar, que tamén mereceu un Barco de Vapor. Palmira González Boullosa gañaba o segundo premio Merlín con A princesa e o enigma de Kian e na colección Xabarín aparecían, ademais do libro de Carlos
Reigosa, títulos de M. Tournier, J.M. G. Le Clézio e Italo Calvino (Marcovaldo).
Nostalxia.
