2 sept 2006


andoliña 2 setembro
Causas, responsables, futuro

As causas dos grandes lumes do mes de agosto son estruturais: voces moito máis autorizadas, técnicos forestais e grupos ecoloxistas entre outros, xa o manifestaron na prensa e no blogomillo. Necesitamos outra ordenación territorial, outra política forestal e outra cultura do monte, outras formas de responsabilidade sobre as terras abandonadas, outras formas de prevención e outros xeitos de investigación e de persecución dos pirómanos, sexan eles quen sexan.
A crise incendiaria revelou, na súa faciana máis positiva, que o Goberno reaccionou axeitadamente no plano informativo (houbo máis información oficial que nunca) e na xestión da solidariedade amosada polo Estado e por outras comunidades: Galicia non podería afrontar soa esta crise, dixo Pérez Touriño. Na parte negativa cabe sinalar a imprevisión da crise nas súas dimensións reais, que nalgún momento pareceu desbordar o Goberno, e os erros de coordinación dos medios de extinción. O presidente da Xunta anunciaba onte mesmo o cambio do modelo actual de loita contra os incendios, que definiu como “xa esgotado”. Un Goberno progresista pode afianzarse dende a autocrítica; de certo, ese é o acento que hoxe queremos escoitar os cidadáns.
(Foto do Museo Juan Barjola, Xixón)

2 comentarios:

  1. as casusas dos lumes dende hai vinte, trinta, corenta anos son estruturais... os da maioría da semana de marras deste ano non!!

    ResponderEliminar
  2. Xa todo o mundo escribiu, por activa e por pasiva, sobre os incendios.
    Sexa vostede máis orixinal e escriba doutra cousa distinta. Porque pouco queda por dicir e moito aínda por facer.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.