
andoliña 2 setembro
Causas, responsables, futuro
As causas dos grandes lumes do mes de agosto son estruturais: voces moito máis autorizadas, técnicos forestais e grupos ecoloxistas entre outros, xa o manifestaron na prensa e no blogomillo. Necesitamos outra ordenación territorial, outra política forestal e outra cultura do monte, outras formas de responsabilidade sobre as terras abandonadas, outras formas de prevención e outros xeitos de investigación e de persecución dos pirómanos, sexan eles quen sexan.
A crise incendiaria revelou, na súa faciana máis positiva, que o Goberno reaccionou axeitadamente no plano informativo (houbo máis información oficial que nunca) e na xestión da solidariedade amosada polo Estado e por outras comunidades: Galicia non podería afrontar soa esta crise, dixo Pérez Touriño. Na parte negativa cabe sinalar a imprevisión da crise nas súas dimensións reais, que nalgún momento pareceu desbordar o Goberno, e os erros de coordinación dos medios de extinción. O presidente da Xunta anunciaba onte mesmo o cambio do modelo actual de loita contra os incendios, que definiu como “xa esgotado”. Un Goberno progresista pode afianzarse dende a autocrítica; de certo, ese é o acento que hoxe queremos escoitar os cidadáns.
(Foto do Museo Juan Barjola, Xixón)
as casusas dos lumes dende hai vinte, trinta, corenta anos son estruturais... os da maioría da semana de marras deste ano non!!
ResponderEliminarXa todo o mundo escribiu, por activa e por pasiva, sobre os incendios.
ResponderEliminarSexa vostede máis orixinal e escriba doutra cousa distinta. Porque pouco queda por dicir e moito aínda por facer.