20 oct 2006



Franco lexionario.

Di Paul Preston que Millán Astray foi a persoa que máis influencia exerceu na formación moral e ideolóxica de Franco: nomeouno o seu segundo xefe e comandante de campo e upouno a dirixir a Academia Militar de Zaragoza. De Franco soldado en África tamén quedan historias lóbregas: el mesmo lle contou ó seu curmán como ordenou fusilar a un lexionario por non gardar o respecto a un superior por un incidente insignificante arredor da comida.
Na Lexión adquiriu Franco a teoría nacional-militarista que logo impuxo dende o poder: odio ó liberalismo e o Exército, encarnación da patria.
En 1906, un ano antes de iniciar Franco a súa carreira militar, Millán Astray casaba con Elvira Gutiérrez de la Torre, filla dun xeneral. Ó rematar a voda, “Elvirita” díxolle que xurara castidade de por vida e así foi: converteuse en criada do seu marido para sempre xamais.
(Imaxe: "Franco, o asasino", de Luís Seoane, do álbum Trece estampas de la traición).

2 comentarios:

  1. Un poema dedicado a Franco de León Felipe


    HAY DOS ESPAÑAS

    Hay dos Españas: la del soldado y la del poeta. La de
    la espada fraticida y la de la canción vagabunda. Hay
    dos Españas y una sola canción. Y ésta es la canción
    del poeta vagabundo:

    Franco, tuya es la hacienda,
    la casa
    el caballo
    y la pistola.
    Mía es la voz antigua de la tierra.
    Tu te quedas con todo y me dejas desnudo y errante por
    el mundo…
    Mas yo te dejo mudo… ¡mudo!
    Y ¿cómo vas a recoger el trigo
    y a alimentar el fuego
    si yo me llevo la canción?


    Luis Felipe, “Nueva Antología Rota”, México, Finisterre Editores, 1975, 2ª ed., p. 181. (mercada por 180 pesetas na “trastenda” de Tanco o mes de decembro de 1975 por consello do poeta Antón Tovar).

    ResponderEliminar
  2. Algún día debería escribir vostede, señor APC, sobre o papel desa trastenda da Libraría Tanco e don Antón Tovar: que libros mercaban? como chegaban aló? como se informaban de cales eran os máis interesantes?

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.