24 oct 2006


A mala sorte.

Os pobos, como as persoas, poden ter boa ou mala sorte. En outubro de 1956, os húngaros creron nas promesas de desestalinización do líder soviético Kruschev e botáronse á rúa, tiraron estatuas de Stalin e cantaron nas rúas de Budapest a Marsellesa e o himno “De pé, maxiares” do poeta Sandor Petófi.

Quitáronlle a fouce e a estrela á bandeira húngara e reclamaron a legalización dos partidos políticos e a saída do país das tropas soviéticas. Aquela revolta non acabou ben: os tanques rusos tomaron Hungría cun saldo final de tres mil mortos, 350 executados e douscentos mil refuxiados. Non tiveron sorte os húngaros: soñaron antes de tempo coa liberdade.

O resto do mundo nin mirou para eles. Non se podía alterar o difícil equilibrio da Guerra Fría. Como xa sucedera na España de 1936, as democracias fixeron como os moniños eses: nin vían, nin falaban, nin escoitaban. (Imaxe da pintora inglesa Ruth Franklin)

2 comentarios:

  1. Hoxe en día aínda vivimos nunha hipócrita e vomitiva guerra ¿fría?, eu diría ben "quente"

    ResponderEliminar
  2. Linda pintura, e moi expresiva só cuns trazos, o que lle suma máis valor

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.