12 oct 2006


O blog está moi vivo

O blog está moi vivo, tanto polo número de entradas diarias que se producen como pola riqueza dos debates que aquí compartimos entre todos/as. Segundo me informa o meu asesor informático, o amigo Xulio Outumuro, entre o domingo e o martes un total de 104 persoas leron ou descargaron o discurso de Beiras que aquí está aloxado (coa miña presentación). Ademais, dúas novas xeradas por este blog (a homenaxe a Beiras e as declaracións de Paco Rodríguez sobre Ferrín) tiraron de dous fíos do foro arroutadanoticias.com, cun total dun cento de comentarios ó respecto, visiualizados ata agora por unhas mil cen persoas.
(Foto do discurso de Beiras no Ateneo, no momento da miña presentación, cedida por Dani Atanes, fotógrafo de La Región).

7 comentarios:

  1. E creo que eu estou en todas esas estadísticas.

    O froito dun gran traballo.

    Saúdos

    ResponderEliminar
  2. Deberían ser mais interesantes as tertulias do liceo das que fala vostede aquí, meis témome que ten mais interés e difusión o que neste bolg acontece. Cousas de tecnoloxia. As Tertulias desapareceron funcionalmente nos anos 60, e todo intento de rescatalas é un revival nostálxico.
    ánimo co blog. E xa sabe que tipo de novas colgadas son as que mais tirán do teclado....así que....aprobeite, e dealle mais ao quente.
    Un saudo
    Marcialg
    marcialg

    ResponderEliminar
  3. Case todas as mañás entro no blog de Marcos. Sempre aporta algo interesante.
    Beizón.

    ResponderEliminar
  4. Graciñas a todos/as polos vosos parabéns: sei que estades aí e iso me anima a seguir cada día co blog e a consultar moitos outros que leo a cotío. Creo que entre todos/as estamos a descubrir un marabilloso mundo de comunicación que tamén pode suplir as vellas tertulias -como di Marcialg- ou sequera complementalas; o ideal sería que existisen ámbalas dúas cousas. Todo o que sexa comunicarse nos enriquece.

    ResponderEliminar
  5. tamén veño por aca a cotío (mais dunha vez, moitos deses días) coma quen va a unha clase que lle gusta moito moito. Graciñas Marcos!

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.