4 oct 2006


Seminario Estudios Socialistas Manuel Suárez Castro

Un amigo infórmame do nacemento de Seminario de Estudios Socialistas Manuel Suárez Castro e dun blog asociado a esta figura histórica. Unha nova que me enche de ledicia e que fai xustiza ó alcalde socialista da cidade auriense coa Fronte Popular, fusilado nos horrores da barbarie fascista. O blog conta xa cunha ficha biográfica do líder socialista, un breve artigo meu de hai uns meses e un longo e documentado estudo de David Simón, máximo especialista na historia da sanidade ourensá e da nosa psiquiatría e autor de varios libros imprescindibles ó respecto.
Noraboa de novo.

2 comentarios:

  1. E quen forman parte deste Seminario? É por saber!

    ResponderEliminar
  2. Non teño máis información que a que aparece no novo blog. Supoño que estará aínda en proceso de creación, pero, se anda polo medio David Simón, ha ser cousa seria e ben feita, seguro.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.