30 oct 2006

Tamén forman parte da nosa identidade...
Nestas cousas tan complicadas das identidades deixémoslles, agora que a TV cumpre 50 anos, un pequeno recunchiño da mesma ás andainas da familia vaqueira Cartwright, tan seguida dende 1962 (eu empezaría a vela máis tarde que daquela só tiña catro anos). Unha galería de imaxes destas cinco décadas, aquí.

3 comentarios:

  1. Ninguén se lembra de "La Ponderosa". Qué pena. En troques, todos pendentes do Beiras e do Guede.

    ResponderEliminar
  2. O meu avó Xoaquín chamou Joe a Michael Landon ata o derradeiro día da sua vida. Para el Charles Ingalls, e o anxo aquel do Camiño ao ceo sempre foron Joe.

    ResponderEliminar
  3. Bonanza en branco e negro. Que marabilla!
    O meu favorito era o irmán maior que vestía de negro e que durou pouco na serie.

    tantarantan Bonanza!

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.