29 nov 2006

La nada aquí.
Do blog irmán de Fran Alonso (cabrafanada, un dos pioneiros do medio no noso país) copio esta foto das pasadas xornadas en Mariñán, sacada nos xardíns daquel fermoso lugar. Estamos na foto Xabier P. Docampo, este cronista, Rosa Aneiros e Fran Alonso. O mellor da foto, non sei se se distingue, é a placa de mármore que está tras nosa e que recitaba así: "La nada aquí". Ningún dos presentes acertou a descifrar o significado de tan fonda sentenza, que quixemos inmortalizar con certa ironía.

3 comentarios:

  1. Bonita foto, irónica, precisamente a nada da placa non se ve, pero unha pequena parte do todo da literatura galega recóllese aquí. Unha aperta e noraboa polo encontro.

    ResponderEliminar
  2. Home, había que dicir que, aparte da señorita Aneiros, o máis interesante da foto...

    (Ai, aquelas antigas galanuras que, por mor do politicamente correcto, xa ninguén se atreve a usar)

    ResponderEliminar
  3. Hic iacet pulvis, cinis, nihil. Epitafio latino.
    En tierra, en humo, en polvo, en sombra, en nada. Don Luis.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.