3 nov 2006

Non todo vale. Indignante!!

Acaba de chegarme a nova dun novo blog que se anuncia dedicado a denigrar a figura do candidato nacionalista na cidade de Ourense.
Digo denigrar porque a presentación alude xa a unha serie de inxurias de carácter persoal que non caben, de ningún xeito, no debate político.
Isto é, xogo sucio, lixo puro da política máis ínfima e detestable. Indignante!!!

Con comportamentos coma este os cidadáns acabarán fuxindo da política como da peste. Xa o dicía Lamas CarvajaL: "a política como as vexigas...".
Non todo vale, dende logo. Argumentos e críticas políticas, todas as que se queiran. O resto é nauseabundo...
A miña solidariedade, dende aquí, con Alex, como a amosaría con calquera outro candidato sometido a un ataque tan burdo e miserable.

3 comentarios:

  1. Este burdo intento de difamación cutre e barato ha ter o efecto contrario ao que pretenden os seus promotores. Supoño que se procederá xudialmente contra o mesmo e que será pechado ese blog.
    Como di Valcárcel, non todo vale, non todo pode valer.
    Críticas políticas, si, ironía política tamén, incluso "personalizadas" (enténdase ben o que quero dicir con isto!).
    Pero entrar dese xeito nunha suposta vida privada dun modo tan infame e rastreiro só pode merecer a nosa máis rotunda reprobación.

    ResponderEliminar
  2. Este tipo de páxinas non son sempre pechadas.
    www.josemontilla.cc

    Esta tan só é de burla, pero...

    ResponderEliminar
  3. Véxase, por exemplo, www.vieiros.com/aspontes.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.