Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
12 ene 2007
Outro gravado fermoso Este fermoso linóleum é de Carlos Maside e está na portada dun dos clásicos das nosas letras que de seguro teñen nas súas bibliotecas e que no interior contén debuxos de Xohán Ledo cos textos. Xa saben cal é, non?
Hai edición máis recente (1976) coa mesma portada. Por razóns de estrito, estreito, confeso e bandeirante localismo, en Fole gusto tanto ou máis dos relatos urbanos -Contos da néboa- coma ou ca dos rurais. Os de Lugo tamén temos o noso xenio (palabra de intención polisémica, xa que sae así.
Grazas por darme conta do meu erro imperdonable, Leituga: o gravado non era de Ánxel Xohán (tal como xa corrixín), pero tampouco de Xohán Ledo, que é o que fixo os debuxos do interior. O gravado, que ía na portada de TERRA BRAVA. CONTOS DA SOLAINA, de Fole, é de CARLOS MASIDE e é ben doado de velo, porque leva o inconfundible "m" do autor como asinatura. (Excusas polo despiste, das presas).
Non é para tanto, señor Valcárcel. Calquera erro é humano e perdonable. Con tantos nomes que temos na cabeza, ¿quen non se engaña algunha vez? E cos anos, témome, a cousa vai ir a peor...
Graciñas por faceres comentarios. Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog. De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.
Ánxel Fole. "Terra brava" quizais?
ResponderEliminarSi, Terra brava. contos da solaina. Ed. Galaxia, Vigo, 1955.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
ResponderEliminarHai edición máis recente (1976) coa mesma portada. Por razóns de estrito, estreito, confeso e bandeirante localismo, en Fole gusto tanto ou máis dos relatos urbanos -Contos da néboa- coma ou ca dos rurais. Os de Lugo tamén temos o noso xenio (palabra de intención polisémica, xa que sae así.
ResponderEliminarÉ que os de Lugo sodes romanos. Está ben claro para os que tanto o celebramos.
ResponderEliminar¿Anxel Xohán? ¿Non será máis ben Xoán Ledo?
ResponderEliminarGrazas por darme conta do meu erro imperdonable, Leituga: o gravado non era de Ánxel Xohán (tal como xa corrixín), pero tampouco de Xohán Ledo, que é o que fixo os debuxos do interior. O gravado, que ía na portada de TERRA BRAVA. CONTOS DA SOLAINA, de Fole, é de CARLOS MASIDE e é ben doado de velo, porque leva o inconfundible "m" do autor como asinatura. (Excusas polo despiste, das presas).
ResponderEliminarNon é para tanto, señor Valcárcel. Calquera erro é humano e perdonable. Con tantos nomes que temos na cabeza, ¿quen non se engaña algunha vez? E cos anos, témome, a cousa vai ir a peor...
ResponderEliminar