21 ene 2007

Queren afogar ó Isolino... ?

Dende o sábado pasado o Isolino, do Xaquín Marín, anda máis afogado: quitáronlle a mitade do espazo. A min paréceme moi mal e xa mandei unha carta de protesta na web de La Voz de Galicia (cart.director@lavoz.es). Por que non facedes todos os lectores/as o mesmo? Quizais logremos algo entre todos. E cando menos que quede claro o noso disgusto.

Dende Ourense mando a miña máis enérxica protesta pola nova diminución de espazo da sección "O lecer de Isolino", de Xaquín Marín, un dos grandes do humorismo galego. Xa se lle reduciu noutra ocasión dunha viñeta de tres corpos a outra de dúas, que agora quedan nun só corpo. Paréceme inxusto para a calidade do autor e os seus moitos lectores/as. Saúdos cordiais.



1 comentario:

  1. Para quen desexe disfrutar de Isolino, publicóuse O LECER DE ISOLINO
    O prezo é de 22 €, e pódese mercar en http://www.mercadogalego.eu o enviando e-mail a centrallibrera@telefonica.net
    Teléfono 981 35 27 19
    http://www.centrallibrera.es

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.