10 ene 2007



Quico Cadaval, dramaturgo e director teatral

"De pequeno quería ser chofer, químico nuclear, astronauta e capitán de barco"

O xornal gratuíto en galego De luns a venres publica hoxe esta breve entrevista, de Natalia Pena, con Quico Cadaval, O Carreirán, vello amigo e compañeiro de estudos (na Facultade de Historia) e doutras zarandainas.

P. Un sinónimo de Galicia?
R. Recuncho de España.
P. Que quería ser de pequeno?
R. Cóntoche por orde: chofer, químico nuclear, astronauta e capitán de barco... Xa ves como acabei de maior.
P. Cal é o seu lema na vida?
R. A miña petulante humildade.
P. E a súa principal virtude?
R. A gula.
P. Unha canción?
R. Moon of Alabama.
P. Un libro?
R. Bufo e Spalanzani, de Rubem Fonseca.
P. E unha película?
R. A casa das dagas voadoras.
P. Elixa un lugar.
R. A ponte de Couso, na parroquia de Aguiño.
P. A súa comida preferida?
R. O bacallau con pasas en caldeirada.
P. Alguén a quen admire?
R. Nas letras, Álvaro Cunqueiro; e nas armas, Enric Cantona.

1 comentario:

  1. Cadaval é o mellor narrador de historias do mundo.
    Quero dicir: do mundo por nos coñecido: Península Ibérica e dende México para abaixo.
    Da súa categoría como contador pode dar fe a admiración que os outros colegas sinten por el.
    E a miña admiración por el tenme convertido nunha especie de groupie seu: Se el vai falar a menos de 120 kilómetros de onde esté eu, alí vou, seguíndolle as pegadas, porque aínda que conte historias xa sabidas, da súa voz parecen outra vez novas.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.