14 feb 2007

Unha excelente iniciativa, que debeu ser posta en marcha xa hai moito tempo...

A WEB PRETENDE FACILITAR O USO E A APRENDIZAXE DA LINGUA
Política Lingüística pon na rede unha páxina con información e recursos sobre o galego [14/02/2007 18:16]
A secretaría xeral de Política Lingüística puxo na rede o espazo www.xunta.es/linguagalega/, no que se ofrecen material e información sobre a nosa lingua. Divídese en tres apartados: Política lingüística, que achega novas, lexislación, trámites e información sobre os servizos do departamento. O segundo bloque, Vivir en galego, presenta datos acerca da situación da lingua e ferramentas para facilitar e fomentar o seu uso correcto. Por último, Aprender galego recolle todas as campañas e recursos que puxo en marcha para a aprendizaxe da nosa lingua.
(De www.vieiros.com)

1 comentario:

  1. Moi interesante. Dáme a impresión de que moitos dos recursos sobre lingua e cultura galegas están moi dispersos, así que unha iniciativa coma esta parece interesante

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.