18 mar 2007







CEN ANOS DE HISTORIA CULTURAL. 1959: VIEIROS. A ESMORGA. PIMENTEL.

Aparece A esmorga en Buenos Aires.
Nace a revista Vieiros en México.
Luís Pimentel, Sombra de aire na herba
Emilio Pita. Luís Seoane. Xosé Conde. Obras completas de Ramón Cabanillas.
Poesía de Avilés de Taramancos, Fernández Ferreiro, Bernardino Graña, Ramón Lorenzo e Antón Tovar.
A petición da RAG, Cela pide que a RAE elimine a acepción de "gallego" como "mozo de cuerda" no Diccionario castelán.
Segunda viaxe de Otero Pedrayo a América.
Revista Escritos en Lugo. Franqueira. Academia Médico-Cirúrxica de Ourense.
Morren Ramón Cabanillas, Luis Brage Villar, Andrés Gaos e José Mª Fernández Colmeiro.
1959 é a quinta de Xosé Cid Cabido, M. Bragado, A. Baamonde, Camilo Valdeorras, Antón Castro, Blanca Andreu, Susana Fortes, Xela Arias, Anxo Quintana, Luís Menéndez Villalva, A. Durán "Morris", Carlos Blanco, Juan Cuesta, Carlos Amil, etc.
Cunqueiro e O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca
Galicia como tarea. Teoría de la Atlántida. Algar. Cantigas de novo xeito vello.
Ernesto Guerra Da Cal. Asociación Argentina de Hijos de Gallegos. Revista ‘Anduriña’, do Lar Gallego de Sevilla.
A revista literaria española ‘Ínsula’ editaba no verán un número especial monográfico (152-153) dedicado ás letras galegas.

E en Italia aparecía un relevante estudo da nosa lírica medieval: ‘Studi su trove e trovatori della prima lírica ispanoportoghese’ (Bari), de Silvio Pellegrini.
(Esta última nova vai dedicada ó noso italianista Arume dos Piñeiros)
(Nas imaxes, unha edición de A esmorga; primeira portada de Vieiros, e retrato de Cabanillas por Isaac Díaz Pardo)

6 comentarios:

  1. Tanta vida que tivo a diáspora e o exilio, cultural e politicamente por desgraciados feitos históricos. Saberemos artellala para que siga? ou terá que ser feito por si mesma?.

    Saudos.

    ResponderEliminar
  2. Este é o índice de Ínsula (152-153) que pode consultarse en http://www.insula.es/hemeroresultados.jsp

    Rafael DIESTE / Camino de Santiago
    Ramón CABANILLAS / Letras gallegas
    Domingo GARCÍA SABELL / Europa desde Galicia
    J.M. BOIX I SELVA / Ante la muerte del gran poeta catalán J.M. López-Pico
    Ricardo CARVALLO CALERO / Personalidad literaria de Otero Pedrayo
    Luis PIMENTEL / Galicia
    Celestino F. De la VEGA / Pefil gallego de Valle Inclán
    Anxel FOLE / Los afanes y los años. El nuevo ensayismo gallego
    José FILGUEIRA VALVERDE / El retorno a la "forma inmóvil" de la lírica gallega
    Manuel VIDAN TORREIRA / Raíz gallega del pensamiento filosófico de Amor Ruibal
    M. RABANAL ÁLVAREZ / Un clásico gallego: Castelao
    Aquilino IGLESIA ALVARIÑO / Abedoeiras
    Ramón LUGRIS / Risco en las letras gallegas
    Eduardo BLANCO-AMOR / Los poemas gallegos de Federico García Lorca
    Juan ROF CARBALLO / El emigrante Ulises
    Ramón PIÑEIRO / Factores esenciales de la literatura gallega
    Emilio GONZÁLEZ LÓPEZ / La rehabilitación del idioma gallego
    José María DÍAZ BORQUE / Monumento a ausencia
    Xohán LEDO / Recuerdo de la pintura gallega
    José Luis FRANCO GRANDE / Panorama de la poesía gallega actual
    Ramón CABANILLAS / O carballo
    José Ramón MARRA-LÓPEZ / Castro, Américo: Orígen, ser y existir de los españoles
    José Luis CANO / Papini, Giovani: Juicio universal
    Ramón PIÑEIRO / Carballo Calero, Ricardo: Contribución ao estudio das fontes literarias de Rosalía
    José Luis CANO / Estudios sobre Unamuno y Machado
    José Luis CANO / F. García Pavón: Antología de cuentistas españoles contemporáneos
    Ramón PIÑEIRO / González López, Emilio: Grandeza y decadencia del reino de Galicia
    José Luis CANO / Druon, Maurice: Alejandro el Grande
    José Luis CANO / Cecchi, Darío: Tiziano y Venecia. Una vida y una ciudad
    José Luis FRANCO GRANDE / Cunqueiro, Alvaro: Don Hamlet
    REDACCIÓN ÍNSULA / Francisco García Pavón nos habla del cuento
    José María CASTELLET / El primer coloquio internacional sobre novela
    José LANDEIRA IRAGO / Carta-discurso a Ramón Piñeiro
    Salvador LORENZANA / Notas sobre el teatro gallego
    Salvador LORENZANA / Las letras gallegas en América
    Sebastián RISCO / La literatura narrativa en gallego
    Paulino GARAGORRI / Disputaciones orteguianas
    José CORRALES EGEA / Entrando en liza. Cinco apostillas a una réplica
    Giuseppe BELLINI / La poesía de Jorge Carrera Andrade
    José CORRALES EGEA / El año teatral: Notas y comentarios
    Manuel RABANAL TAYLOR / El hombre del traje gris de Nunnally Johnson
    Ramón OTERO PEDRAYO / El recodo de Casdenón

    ResponderEliminar
  3. Para Arume: graciñas pola información; non sabía que se podían consultar os índices de INSULA na rede, un material ben valioso, por certo.
    E para Clara Flor: tamén eu me estou a sorprender, facendo esta serie, do inmenso aporte cultural da Galicia americana dende 1936. Coñecía esa realidade, pero agora vexo que tivo moito máis peso, sobre todo nos anos 50, do que moitos pensan.

    5:41 PM

    ResponderEliminar
  4. Non é o ano da segunda viaxe de Otero a América. É a terceira.
    Sempre nos esquecemos da viaxe de
    1956 a Venezuela. Cómpre que a estude alguén.

    ResponderEliminar
  5. Ten razón, sr.Etxeokai: un despiste porque case ninguén cita esa viaxe a Venezuela. Pero como esta serie aínda terá longo percorrido (no seu momento en libro-libros) aínda teño oportunidade de corrixir iso e outras cousas. Graciñas pola súa achega.

    ResponderEliminar
  6. Fun rapidamente a Ínsula coa ilusión de consultar ese número e outros varios... Pero só se poden consultar os índices. Que desilusión!

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.