18 mar 2007


España non se rompe...

O escritor Antonio Gala, presentando estes días a súa novela "O pedestal das estatuas", dixo en Barcelona isto:

"Non se pode dicir que España se rompa, porque nunca houbo unidade no país e, xa que logo, estamos como antes".

18 comentarios:

  1. Teño por costume non comentar as palabras de insignes politólogos como o señor Antonio Gala.

    ResponderEliminar
  2. Queda desculpado, señor a.p-c. ¡Resignarémonos a non contar nesta caso co luminoso punto de referencia dos seus comentarios!
    (Hai golpes na vida... eu non sei...)

    ResponderEliminar
  3. Seica presenta un libro sobre Felipe II. Probablemente deuse conta de que a vella historia do secretario Antonio Pérez tiña que ver con que en Aragón tiñan unha xurisdicción ben distinta á de Castela e que non lle podía facer nada por moito emperador que fora e rei dun territorio onde nunca se poñía o sol. Descubrir que os austrias que encabezaron o noso destino no universal e foron tomados coma exemplos para o fascismo hispánico tiñan que pedir permiso para actuar en Zaragoza (ou pedir cartos aos sevillanos) debe ser un trauma terrible. Pero en efecto, España só pretendeu ser unha co Conde-Duque e despois cos borbóns, pero sempre coas correspondientes resistencias naturais.

    ResponderEliminar
  4. Hai que ver que ben fala
    galego don Antonio Ghala.

    ResponderEliminar
  5. Os meus comentarios, señor brandabarbarán, é obvio que nunca poderán competir en luminosidade cos seus propios e cos de Antonio Gala, circunstancia á que me resigno. Por iso, modestamente, prefiro quedar calado nesta ocasión.

    ResponderEliminar
  6. Hai unha película de Woody Allen, "Chamaleon". É a historia dun tipo que é capaz de adaptar os seus trazos físicos e até as súas ideas ao medio onde se atopa. E así, nun abraiante proceso de simobiose co medio, é xudeu cando se atopa con xudeus, negro cos negros, e nazi entre os nazis.
    Mañá, nun artigo no seu periódico, ou nunha presentación do seu libro en Sevilla, tiraralle das orellas a Zapatero por romper España.

    ResponderEliminar
  7. Pois se cando, modestamente, prefire ficar calado fai tanto comentario, sr. a.p-s., será cousa de ver cando o que prefira sexa tomar a palabra...

    ResponderEliminar
  8. Habitualmente son abondo luminosos os comentarios do señor AP-C. Pero creo que ten razón ao non pretender disputar no terreo da Luz con Antonio Gala. Iluminado pola súa actitude, eu tamén calo.

    ResponderEliminar
  9. Inciso

    [Por certo, don Leituga 1, para disipar as súas dúbidas deixeille un comentario sobre o camposanto de Port Bou na entrada que xa foi arquivada. Dígollo por se non o viu]

    ResponderEliminar
  10. Calemos pois todos ante a elocuencia heliocéntrica de Gala

    ResponderEliminar
  11. Amigo AP-C: acabo de ler o seu estimulante comentario sobre o cemiterio de Port Bou. Ten que ser unha experiencia extraordinaria a súa visita, que non deixarei de facer, para edificación das miñas fillas e como tributo a Europa e a un futuro de paz e harmonía universal. E talvez, ao pé da tumba de Benjamin, cantaremos todos xuntos o "Himno á alegría", en versión de Miguel Ríos.

    ResponderEliminar
  12. Home, eu non me poría tan exultante. Mais se lle prace...

    ResponderEliminar
  13. Irei a ese cemiterio e conseguirei, con sinuosas artes de seducción, que as miñas fillas me acompañen. Píntao vostede tan bonito que xa é unha das cousas que máis ganas teño de ver alá.

    ResponderEliminar
  14. Home, quizais me deixei levar por unha inusitada "pulsión lírica" (sic.) que quizais se lle contaxiou a vostede.

    Sexa como for, o que semella incuestionable é que, coa súa capacidade de persuasión e/ou seducción, pode conseguir que as súas fillas vaian encantadas a onde vostede lles indique.

    ResponderEliminar
  15. O Camp Nou e o borceguí con que Koeman meteu o gol en Wembley da primeira Copa de Europa pódelle gustar ás súas fillas se son ou futboleiras ou mitómanas. Case mellor que o cemiterio. E perdón pola vulgaridade, pero como lle vin a Leituga 1 un ramalazo culé... E xa se sabe: nas sectas heroicas coñécese ben aos iniciados.

    ResponderEliminar
  16. Home, amigo Arume, non boicotee a miña suxestión, por favor. Que digo eu que ir ao Camp Nou non é incompatible con ir tamén a Port Bou a visitar a tumba de Walter Benjamin.

    ResponderEliminar
  17. Non mo tome a mal, amigo APC, eu só quería introducir no comentario intelectual unha pinga de irracionalidade culé. Entre eso e os cargols da boquería xa ten ese cupo. Despois pode darlle ao benjamín. Walter, por suposto.

    ResponderEliminar
  18. Non, ho, non llo tomo a mal. A miña resposta foi :-) en plan simpático, o que pasa é que o teclado non permite tales matices expresivos.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.