16 abr 2007


A mala máis mala da historia do cine
Debe facer cando menos uns 30 anos que non vía esta película. Só relembraba algunhas escenas soltas: Que foi de Baby Jane?, de Robert Aldrich (1963). Maxistral Bette Davis, pero non menor a miña tan admirada Joan Crawford. Revisiteina na tardiña do domingo e comprobei que non perdeu nada da súa forza expresiva. Pareceume unha historia tan actual como calquera das que saen todos os días nos xornais. Ó mellor é que me estou facendo vello e sinto certa empatía por unha persoa impedida como o personaxe de Blanche na película.

8 comentarios:

  1. É que a señora Bette Davis é moita actriz, con todos os respectos para a súa admirada Joan Crawford. E facendo de mala non hai outra coma ela que só cun golpe de vista era quen de nos transmitir a implacable frialdade do mal.

    ResponderEliminar
  2. Bette Davis ten fama de facer moi ben de mala. Eu atópoa adorable. É a miña actriz favorita.

    ResponderEliminar
  3. Eu coñezo ao máis malo da historia de Ourense: chámase Ghose Luis Baltar, e aínda qeu é un actor moi malo, é unha mega-estrela de cine n'Ourens. Tamén dirixe películas musicais por esas terras, con moito trombón, bombo e "ghodete, ghodete".
    Nunhas recentes declaracións, dixe: "Se non crispamos, vótannos do terreo de xogo".Caracho, se se crispan agora que están no poder que fará cando os chimpen para a oposición. Porque... chimparano para a oposición, non?
    [Desculpas pola saída extemporánea, pero pedíamo o corpo]

    ResponderEliminar
  4. Bette Davies, para min, a mellor, xunto con Ava Gardner, ai! e Katherine Hepburn.
    Mais ese filme non o vin, mágoa.
    Esas actrices de antes!!!

    ResponderEliminar
  5. Extraordinaria actriz e extraordinaria película. Calquera melodrama onde apareza Bette Davis está garantido.

    ResponderEliminar
  6. A cinta que mercamos esoutro día, no Corte Inglés vigués, ten ademais un disco dobre con entrevistas coa actriz, con Joan Crawford e con algún dos directores que a dirixiu. Paga a pena un visionado disto tamén (de momento só o fixen parcial: nunha das tomas Bette Davis, xa abondo velliña, repite nun programa de TV o baile que facía como Baby Jane ó comezo da película, á súa vez parodia da súa actuación como a "vella Baby Jane" ante o seu tarado pretendente. Grado sumo de patetismo).

    ResponderEliminar
  7. Guirlandaio sempre foi un dos máis grandes e moi recoñecido. Os seus frescos (Sta. María Novella, por ex.) son impresionantes, xunto con Filipo e Filippino Lippi, Pinturichio...

    ResponderEliminar
  8. Ana, estamos a pedir a berros que nos poñas no teu blog un post sobre Ghirlandaio: ti, que podes.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.