27 may 2007


A Biblia porno.

Pan por Pan 27 maio (Na imaxe, Lilith)

Recollo esta nova dun artigo en “La Vanguardia” de Quim Monzó, un dos mellores articulistas españois. Conta Monzó que as autoridades de Hong Kong censuraron como “indecente” un artigo con preguntas de temática sexual nunha revista estudantil. Periodistas e profesores universitarios reclaman agora que se respecte a liberdade de expresión e dous mil cidadáns fixeron un manifesto pedindo que se clasifique a Biblia como un libro obsceno: que se prohiba ós menores de 18 anos, cun aviso en cuberta do seu carácter pornográfico, e que se venda envolta en plástico transparente. De certo, na Biblia hai adulterios, incestos, violacións, orxías, condutas condutas sexuais heterodoxas, etc. Malia iso, forma parte da nosa civilización e ninguén se escandaliza lendo “O Cantar dos Cantares”. Creo que os protestóns, pois, teñen algo de razón: o caso é que lla dean

6 comentarios:

  1. Negocio e provocador sería facer unha "biblia ilustrada"...

    ResponderEliminar
  2. Se se refire a "ilustrar" todas esas escenas cargadas de erotismo e provocación, podería facerse mesmo con imaxes dos grandes pintores clásicos, dende o Renacemento e o Barroco, e hai material abondo para facer unha Gran Biblia Ilustrada en moitos tomos: máis dun crente chegaría a asustarse coas imaxes...

    ResponderEliminar
  3. A eso me refería,claro.
    Pero, de acordo ao título do seu post, con fotos explícitas... algo que dotase de sentido ao sen sentido das fotos só provocadoras do artista estremeño cuxo nome non recordo

    ResponderEliminar
  4. Quim Monzó cita un libro dunha editorial texana, fins dos 80, que non coñezo por suposto: "The X-Rated Bible (A Biblia X), de Ben Edwatd Akerley, que recolle fragmentos suxestivos dos Sagrados Textos, tanto na vertende heterosexual como na homosexual, masturbacións, enfermidades venéreas, orxías, adulterios, violacións, prostitucións diversas, intercambio de maridos, abortos, escatoloxía, zooloxía, incestos: cómo Amnón viola á súa irmá Tamar, cómo Lot deixa embarazadas as súas dúas fillas, etc. Todo isto está na Biblia. Pero supoño que esta versión non será ilustrada.

    ResponderEliminar
  5. Marcos, ese cuadro sempre me encantou. Quen me dera colgalo na miña casa!!
    bico de serpe
    moralla

    ResponderEliminar
  6. Marcos, ese cuadro sempre me encantou. Quen me dera colgalo na miña casa!!
    bico de serpe
    moralla

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.