15 may 2007

En poleiro alleo

Alfredo Conde comenta hoxe a encerrona que me fixeron nunha televisión local, como mostra de ata pode chegar a ousadía dalgúns manipuladores: Todo vale pola audiencia (ECG).

Á súa vez e na mesma casa, Xosé M. Sarille refírese a A. Conde en relación co tema que impregna moitos dos artigos dos dous: o galeguismo e a lingua. Sarille mantén o seu tono crítico habitual coa política lingüística do bipartito (e en ANT insiste sobre a escasa valía poética de María Mariño): Alfredo Conde e a iniciación de El Koala (ECG).

Afonso Monxardín comenta unha vella visita a Londres, cando asistiu a un pleno do Parlamento británico: O día que vin a Ian Paisley (Galicia Hoxe).

E Xavier Alcalá comenta en LVG unha, polo que se ve, interesante, "História do Português".
Ah! E vaia dende aquí a miña noraboa ó amigo Henrique Alvarellos, que nestes días tivo o seu segundo raparigo, de nome Manuel.

8 comentarios:

  1. Ten toda a razón o señor Sarille. Tanto mallar no pobre do Alfredo Conde para logo chegar a isto... Por certo, a que deputado do BNG se refire o señor Sarille?

    O artigo de Monxardín narra moi ben a anécdota, coa súa habitual escritura áxil e directa. Xa podían aprender del algúns columnistas (e estou a pensar nun que escribe no "Faro" que non sabe máis que facer malas e plúmbeas oracións subordinadas).

    ResponderEliminar
  2. Pois noraboa ao Quique de Lugo.

    ResponderEliminar
  3. Supoño que Sarille se refire a P.G.M. Comigo sempre falou en castelán, aínda falándolle eu en galego, un idioma no que non se desenvolve ben, que se lle vai facer. Iso non o fai menos nacionalista nin menos coherente, penso eu. Hai xente negada para as linguas.

    ResponderEliminar
  4. Por favor, amigo Valcárcel, sexa vostede o do número 100, non sería elegante aproveitarse de tal honra.

    ResponderEliminar
  5. É que os de Administrativo sempre foron moi especiais, amigo Leituga 1. Por certo que o BNG ten dous desta rama.

    ResponderEliminar
  6. Ten razón Sarille, e estou de acordo coas súas críticas, pero o mesmo que lle apón a ese (único?) membro do BNG tamén llo podería apoñer a decenas de políticos do PSOE e do PP.
    O BNG ten as mans moi atadas no tema da normalización lingüística.
    Non imos recordar as políticas normalizadoras de gobernos anteriores... incluídas as daquel tripartito, ou si?

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.