26 may 2007


A SORTE ESTÁ BOTADA
Andoliña 26 maio (Imaxe: La pudizia velata, Nápoles)

Remata o barullo electoral, os ruídos abusivos na rúa e a retórica dos carteis. As caixas do correo poderán repousar por fin despois dos excesos alimenticios destes días. Chega a hora da reflexión e nunhas horas de pouco valerán as enquisas, nin as fotos de impacto, nin os sorrisos enchoupados nas paredes. Nestas alturas, o único soberano é o electorado é un misterio saber o que pensa este señor.
Que decide o voto da xente? A ideoloxía dos partidos ou o carisma dos candidatos? A estratexia atinada ou non das campañas ou a opinión pública e publicada dende os medios de comunicación? Ou o poder do peto do pantalón? Ninguén o sabe realmente. Presentáronos múltiples modelos de cidades ideais, ó gusto de cadaquén, pero iso tampouco garante ningún éxito: houbo promesas semellantes xa noutras campañas anteriores. Supoño que o quid da cuestión está na palabra credibilidade: oxalá puidésemos esculcar no fondo dos ollos de cada candidato e descubrir así a súa máis auténtica personalidade.
Pero non pasa nada. O mundo segue. Como dicía onte o amigo Monxardín, o luns todos gañarán, todos terán algún argumento para demostrar que as cousas non lles foron tan mal. Todos contentos.

11 comentarios:

  1. Para min foi unha campaña rara, nun momento raro. A xente en xeral non falaba das eleccións; probablemente, o feito de que ultimamente o ano sen comicios é excepción cansa, e de que maneira.

    Con todo, non me estrañaría que mañá houbese unha alta participación. É para congratularse: por unha razón ou outra, aumenta a implicación da xente na cousa pública (polo menos exercendo o sufraxio) e o noso país xa non é exactamente o paradigma do abstencionismo. Insisto: non é mala nova.

    Eu, mañá, aparte de exercer o sufraxio teño traballo: son apoderado ben saben de quen. Voten, pasen bo domingo e xa falamos.

    ResponderEliminar
  2. Que os votantes repartan sorte a todos, a todos menos a quen xa sabemos.

    ResponderEliminar
  3. Se refiere Vd. al Partido Carlista?

    ResponderEliminar
  4. E logo preséntanse nalgures os seguidores de "Dios, Patria y Rey"?

    ResponderEliminar
  5. Podemos continuar neste fío o da campaña?

    ResponderEliminar
  6. E qué, xa votaron todos vostedes ou pénsano deixar para máis tarde?

    ResponderEliminar
  7. Pois sí, algúns xa votamos e ben cedo por certo. No me caso serían sobre as nove e media. ¿Por quén?. Pois por un deses partidos que esta noite nos dirá que gañou.

    ResponderEliminar
  8. O problema de votar é que cando colles a papeleta e ves de número tres a un coñecido un pouco impresentable, que non sabías que se presentaba (vala a contradicción), pois como que tes dúbidas, saes da cabina, miras ao redor, volves entrar, colles outra vez a papeleta, e outra, e arrenegas de todo esto e vas ver perder o celta, que é o que nos queda. Por suposto, votas, pero xa nin sabes ben. Alea, a xata está deitada.

    ResponderEliminar
  9. FIO DA CAMPAÑA:
    se lles parece ben, abrirei agora outro FIO para avaliar os resultados. Vése ben que o tema nos interesa. Vémonos alí despois das 20 h.

    ResponderEliminar
  10. Para Arume: é certo que ás veces hai que coller a papeleta un pouco de esguello. Pero o xogo político é así: ogallá houbese listas abertas, habería algunhas sorpresas.

    ResponderEliminar
  11. Creo que xa teño comentado algunha vez que as listas abertas non son a panacea de nada.

    De feito, alí onde existen, a porcentaxe de cidadáns que usa tal posibilidade é numericamente irrelevante. Na práctica a grandísima maioría vota a lista en pleno do mesmo partido.

    Con todo, benvidas sexan as listas abertas.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.