16 may 2007


Unha entrevista a tres bandas
(Detalle de Ingres)

Creo que xa lles falara da entrevista que me fixo hai unhas semanas Belén Regueira a propósito deste "noso" blog. E que me serviu ademais para estrearme na tecnoloxía do Messenger cunha charla a tres bandas con Belén e con Manuel Bragado. A entrevista xa está publicada en papel (eu ainda non a vin nese formato), no marco do Cultur.Gal, e tamén na rede no enderezo que agora lles dou, por se lles interesa:
http://www.culturagalega.org/i+c/index.php#publicacion

5 comentarios:

  1. Parabéns ( ou beizóns ) pola entrevista a tres bandas. Certamente interesante.

    ResponderEliminar
  2. É un consolo para min saber que Bragado fuma moito, tal como nos informa nas súas notas autobiográficas. Sinto a estraña solidariedade dos que penden dun fío. Aínda que quen sabe ao que lle chama el fumar moito.

    ResponderEliminar
  3. Parabéns polo diálogo a tres, e aos tres. Entre outras cousas serviume para lembrar a nosa proximidade xeracional, amais de outras moitas máis proximidades militantes e existenciais. Saúdos e bo día das nosas letras. Mil máis.

    ResponderEliminar
  4. Agora están a pasarse a papel moitas letras nacidas nos blogs. O outro día comprei un libro que acaba de saír, titulado "Abierto a todas horas" (Alfaguara), que recolle as entradas publicadas durante un ano por Félix de Azúa en "El Boomeran(g)". É do mellor que lle lin a Azúa, o cal xa é moito dicir porque case todo o que escribe este home é moi bo.

    ResponderEliminar
  5. Se non estou equivocado, moitas das cousas que escribiu nos blogs apareceron tamén en EL PAÏS e, sobre todo, en El Periódico de Catalunya.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.