14 jun 2007

Bob Dylan
Na foto con Joan Baez, na marcha dos Dereitos Civís, 1963.

Era o cantante preferido do meu irmán maior nos primeiros 70. El trouxo a casa os seus discos. El levoume, case escondido (eu non tiña aínda a idade), a ver "Pat Garret e Billy o neno". Eu sempre asociarei a Bob Dylan co meu irmán na súa fase "hippie" cando quería estudar Belas Artes en Madrid.

Recomendado. "Dylan, o premio premiado" (Manuel Ángel Candelas Colodrón, hoxe en Faro de Vigo).

Pan por Pan 17 xuño

“Cantos camiños ten que andar un home/ antes de que lle chamedes home? (...). “Si, e cantos anos pode existir unha montaña/ antes de ser bañada polo mar? / Si, e cantos anos se permiten vivir a algúns/ antes de que se lles conceda ser libres?/ Si, e canto tempo pode un home volver a cabeza/ e finxir exactamente o que non ve?/ A resposta, meu amigo, está a soprar no vento,/ a resposta está a soprar no vento./ Si, e canto tempo ten un home que mirar cara enriba/ antes de que poida ver o ceo?/ Si, e cantos ouvidos ten que ter un home/ para que poida oír á xente berrar?/ Si, e cantas mortes se aceptarán, ata que se saiba/ que morreu demasiada xente?/ A resposta, meu amigo, está a soprar no vento,/ a resposta está a soprar no vento”. Premio Príncipe de Asturias das Artes, Bob Dylan. Discútese no meu blog se tiña ou non boa voz: a estas alturas da película iso non sei se iso importa.

39 comentarios:

  1. Que sinxelo e bonito post, Marcos!
    Pois contareiche unha anécdota. Cando comencei a estudar filoloxía inglesa, no 94, viviamos en Compos na zona nova, Elena, Emma, eu e Alfonso (que tocaba a arpa, a guitarra e a armónica, tiña un oído bestial, estudiara no conservatorio). El pasaba o día cantando aos Dires Straits e a Bob Dylan. Eu facía sempre coros con el coa canción de Mr.Tambourine, que aínda a canto polos pasillos e na ducha. Sempre me lembrará aos anos de carreira!
    biquiños
    Yoli

    ResponderEliminar
  2. Vostede, amigo Valcárcel, coincidiu conmigo na elección da ilustración: Dylan acompañado dunha muller. Vostede preferiu a Joan Baez, eu a Suze Rotolo. Por que será? Somos uns puretas sentimentais.

    ResponderEliminar
  3. If you see her, say hello,
    she might be in Tangier
    She left here last early spring, is livin' there, I hear
    Say for me that I'm all right though things get kind of slow
    She might think that I've forgotten her, don't tell her it isn't so.

    We had a falling-out, like lovers often will
    And to think of how she left that night, it still brings me a chill
    And though our separation, it pierced me to the heart
    She still lives inside of me, we've never been apart.

    If you get close to her, kiss her once for me
    I always have respected her for busting out and gettin' free
    Oh, whatever makes her happy, I won't stand in the way
    Though the bitter taste still lingers on from the night I tried to make her stay.

    I see a lot of people as I make the rounds
    And I hear her name here and there as I go from town to town
    And I've never gotten used to it, I've just learned to turn it off
    Either I'm too sensitive or else I'm gettin' soft.

    Sundown, yellow moon, I replay the past
    I know every scene by heart, they all went by so fast
    If she's passin' back this way, I'm not that hard to find
    Tell her she can look me up if she's got the time.

    ResponderEliminar
  4. Sangue nas pegadas, amigo Swann. Como sabe vostede!

    ResponderEliminar
  5. COMA UN CROIO ROLANTE (con perdón)
    Hai tempo vestias de puta madre;
    botabas uns pesos aos vagamundos, non era?
    A xente dicia: terma, moneca, vas caer.
    Pensabas que se rían de ti
    e ti rías sempre
    de todos os que estaban pendentes de ti.
    Agora non falas tan alto.
    Agora non tes tanto orgullo,
    porque andas a pedir para comer.

    Que sintes?
    Que sintes,
    sen casa,
    coma unha completa descoñecida,
    coma un croio rolante?

    Ti fuches a bos colexios, vale, miss solitaria,
    pero sabes ben que andabas todo o día colgada
    e ninguén che ensinou como se vive na rúa
    e agora daste conta de que telo que facer.
    Decías que nunca te habías meter
    naquel puterío misterioso, pero agora sabes
    que el coartadas non vendía
    mentres mirabas ao baleiro dos seus ollos
    e preguntabas se quería algo contigo.

    Que sintes?
    Que sintes,
    mirándote,
    sen camiño para casa,
    coma unha completa descoñecida,
    coma un croio rolante?

    Ti nunca miraches para atrás para ollar a tristura
    nos caretos dos xoglares e dos paiasos,
    cando viñan onda ti e facíanche trucos;
    nunca entendiche que iso non estaba ben;
    sempre deixache que outra xente dera os paus por ti.
    Ías sempre galopando no cabalo de cromo, co teu diplomático,
    mentres levaba nos ombreiros un gato siamés.
    É fodido descubrir
    que realmente el non está,
    despois de que che roubara todo o que puido.

    Que sintes?
    Que sintes,
    mirándote,
    sen camiño para casa,
    coma unha completa descoñecida,
    coma un croio rolante?

    Princesa na torre e toda a xente guapa
    bebendo, pensando que teno todo feito,
    intercambiando todo tipo de preciosos agasallos e cousas así.
    Pero preferías mangar o teu anel de diamantes, e despois empeñalo.
    Parecíache tan divertido
    o teu Napoleón en farrapos e o estilo que empregaba.
    Vai con el agora. Chámate. Non podes rexeitalo.
    Cando non tes nada, non tes nada que perder.
    Agora es invisible; non tes secretos que gardar.

    Que sintes?
    Que sintes,
    mirándote,
    sen camiño para casa,
    coma unha completa descoñecida
    coma un croio rolante?

    ResponderEliminar
  6. Coñazo de mitómanos co Robert Zimmerman este.Qué bonito tocar a guitarra mentras os negros iban andando os seus traballos kilómetros enteiros pra protestar pacíficamente pola discrminación nos autobuses...Qué canciós tan nostálxicas pra mandarse unhos porros...(E moitas das suas letras sólo comprensibles si un xa os fumóu)

    O Troll ágrafo

    ResponderEliminar
  7. Señor Cisne (Swann en "tedesco")
    as letras do Dylan tennas todas na rede,e os acordes tamén...
    O Troll ágrafo

    ResponderEliminar
  8. É mellor non mirar para atrás, Arume. Corre un o risco de ficar estantío, "ecuestre por mi vida definitivamente anclada", que dicía Lorca.

    ResponderEliminar
  9. Sexamos xustos: Bob Dylan canta bastante mal; por outra banda, ten pouca voz, pero desagradable. Pero que ben queda todo xunto!

    "Mr. Tambourine" e "Blowin' in the wind" posiblemente poderán superar a hipotética barreira do alzheimer.

    Noutra orde de cousas: vostedes xa non souberon nada de Donovan, ou?

    ResponderEliminar
  10. Boeno...a súa canción "colours" aparece no anuncio televisivo de TITANLUX...

    O Troll ágrafo

    ResponderEliminar
  11. Amigo González: Se Bob Dylan canta mal, daquela tamén o fan mal os mellores cantantes de rock, dende Mick Jagger ata Rod Stewart, Robert Plant (Led Zeppelin), Tom Waits ou Johnny Rotten (Sex Pistols). Bob Dylan, ou calquera dos devanditos, cantan "mal" dende canons alleos ao rock, que é a veta musical na que se insire Dylan. Dende os criterios de calidade do rock, eu creo que Dylan é un dos mellores cantantes que deu este tipo de música. Claro que se o compara con Plácido Domingo ou con Domenico Modugno... Pero poña vostede a Domingo ou a Modugno a cantar Tom Thomb´s Blues ou mesmo a máis melodiosa "Like a rolling stone" (o "croio rolante" de Arume) e xa me contará se o fan mellor que Dylan.
    En canto ás cancións, creo que só os Beatles lograron fabricar un número tan grande de "clásicos". Dylan ten, polo menos, cuarenta ou cincuenta cancións merecentes dese título. E iso que aínda están sen revisar criticamente os seus discos dende finais dos 70 ata mediados dos 90, os anos da "travesía do deserto" dylaniana.

    ResponderEliminar
  12. Señor González: Moitísimas grazas. Acaba vostede de devolverme parte da miña autoestima.A min gústame moi pouquiño o Dylan cantando, pero tiñao moi caladiño.O que non deixo de valorar é a súa intención de querer cambiar o mundo nunha época moi determinada.

    ResponderEliminar
  13. Creo recordar nalgunha biografía de Dylan,que un dos primeiros que lle dixo que cantaba fatal foi o seu propio primeiro mánager.Pero tamén lle dixo que eso non tiña importanza...
    Hay tantas cousas que na altura da verdade importan pouco,e que os perfeccionistas non acaben de aceptalo...
    O Troll ágrafo

    ResponderEliminar
  14. Unha das frases que me gusta de Dylan é a que dixo unha vez de que non lhe importaba tirar mil canciós ó lixo,ou dúas mil,pra sacar unha boa...
    O troll ágrafo

    ResponderEliminar
  15. Leituga, discrepo calorosamente. As interpretacións de "Whole lotta love", "Satisfaction" ou "Baby Jane" falan de facultades e execución moitos graos por riba do bo do Zimmerman.

    Pero léase o meu comentario na súa integridade: poucas combinacións con materiais de eficacia limitada deberon resultar tan afortunadas. Díxoo alguén sobre o Álvaro Pino: sacáballes o máximo partido ás súas miserias físicas; pero PIno suaba, e Dylan aparenta facelo coma sen darlle maior importancia.

    Probablemente, cifra dun xenio. Así é que, Doniña, posiblemente non estaremos tampouco totalmente dacordo.

    E co de estilos ou execucións operísticas, pop ou rock, non convén tampouco xeneralizar. Aínda lembro ao Zucchero non sei se co Pavarotti, a Freddie Mercury (en paz estea) coa Caballé, e soaban. Madia leva se soaban.

    ResponderEliminar
  16. Moi bo o artigo de Miguel Ángel Candelas, sen dúbida un gran dylanita.

    Debería, na miña opinión, facer aínda un par de artigos máis dedicados ao de Duluth (e digo dous por non dicir douscentos).

    Eu son, xa se nota, dylanita até as cachas.
    Membro, pois, da secta do Planeta Waves.

    ResponderEliminar
  17. Perdón: Manuel Ángel...

    ResponderEliminar
  18. Excelente semblanza a de Candelas Colodrón no Faro. Unha magnífica síntese da traxectoria de Dylan.

    Entendo os matices do seu post, González, pero sigo pensando que Bob Dylan non canta mal, senón magnificamente ben. ¿Que fai da necesidade virtude? Evidentemente. Incluso Beethoven o facía. No que discrepo por completo é no da voz "desagradable". A min cando menos me gusta a súa voz é nos primeiros catro discos, cando aínda non sabe sacarlle partido. Se é ese o momento ao que vostede se refire, ata podería chegar a estar de acordo. Pero a partir de aí, excelente, reinventándose como intérprete en cada disco e mesmo demostrando nalgúns, como "Nashville Skyline" ou o inxustamente infravalorado "Sefportrait", que podía terse convertido nun pasable cantante de country. Nos últimos discos, a súa voz, topicamente definida como "nasal", pasou xa a augardentosa. Está nun dos seus mellores momentos.

    ResponderEliminar
  19. O que hai que lembrar é que nestes momentos ten previsto cantar durante case todos os días do verán en EE.UU. e en agosto en Australia: TOUR DE DYLAN VERÁN 2007
    Impresiona, sobre todo tendo en conta que cantar Highway 61 Revisited con sesenta e cinco anos coa poderosísima banda que o acompaña non é coma cantar unha country tipo Donovan ou John DEnver ou andar polas televisións tipo Nicola di Bari facendo playback.
    Lucio Dalla era o que cantaba con Pavarotti (quen probablemente cantou tamén con Zucchero) unha espeluznante Caruso.

    ResponderEliminar
  20. Se o estilo consiste en facer dos propios defectos virtude, tal e como sentenciou outro xenio de voz mediocre, hai que admitir que Bob Dylan ten un estilo cargado de virtudes: desafina, nasaliza, entra a destempo. Pero iso é o que o fai inimitable. O Sábado actua, en Vigo, o grupo de rock do que eu formo parte. Cantaremos All along the watchtower, I shall be released e I´ll be your baby tonight para celebrar o premio.

    ResponderEliminar
  21. Máis datos, amigo Morrison, onde vai tocar? Que ao mellor me animo e fago coros gospel a I'll be yoooooooooooour, baby, toniiiiiiiiight.

    ResponderEliminar
  22. Cómo... pero é que actúan The Doors en Vigo? Pero se eu pensaba que morrera...

    ResponderEliminar
  23. Mágoa que o outro Dylan (Dylan Thomas) do que tomou emprestado o alcume non sexa tan coñecido.

    ResponderEliminar
  24. "Pouca voz, pero desagradable" é probable expresión luguesa, a miúdo máis pándiga ca realista; pídolle desculpa, Leituga, pois neste caso resulta hiperbólica, indigna seguramente de ser tomada totalmente en serio. Non é a de Bob Dylan, para nada, unha gran voz; pero xa falei tamén do efecto artístico.

    O noso Morrison particular díxoo moito mellor ca min, e máis preciso.

    ResponderEliminar
  25. A mín as canciós de Dylan que me gostan moito son

    "Knockin´ in the Wind" ("Petando no aire")

    "Bike a rolling stone"
    ("manexa un coio redondo coma se fose unha monocicleta")

    Lewis Ca(T)rroll ágrafo

    ResponderEliminar
  26. Faro de unha xeración...
    A mín pouco me alumbróu o tipo ese...
    Se non fora por outros Premios Nobles...
    A moitos amigos meus alumbróunos de carallo,e andan ahora coas sinapsis en estado gaseoso,ou xerando mucílago ("criando malvas")

    How many times must a man hear a lie,before he starts the fight?

    (Estrofa da miña cosecha,non a busquedes na canción)

    O Troll ágrafo

    ResponderEliminar
  27. Nalgún momento entre as 20 h e as 23, no Ensanche. Pero temo que non haxa entradas. Esgotounas o noso Clube de fans.

    ResponderEliminar
  28. No Ensanche? Ao lado da miña casa! Pero isto non pode ser. Terei que conformarme con intuilo desde a miña watchtower.
    Por certo, o DJ é moi amigo de poñer varios minutos de Hurricane, cousa ben rara nestes días. Eu, sen chegar a ser asiduo, son cliente habitual.

    ResponderEliminar
  29. Lástima que eu non vou poder estar. Creo que as rapazas xa se citaron para ir todas a arrincarvos a camisa. Que sexa unha gran noite, Morrison.

    ResponderEliminar
  30. Teña coidado, amigo Leituga 1, que comentarios como o precedente seu poden ser acusados de intolerablemente sexistas e misóxinos por ofreceren unha visión estereotipada e negativa do rol da muller que afonda na secular discriminación de xénero: as rapazas carecerían de miolos e de reflexividade, polo que só se deixarían levar polos instintos máis primitivos estimulados polos alienantes mass media e a súa oferta de visións do varón dominante e triunfador.

    Xa, xa sei que vostede o fixo coa mellor das intencións e co propósito de agasallar ao seu amigo. Eu compréndoo, pero é que hoxe...

    :-)

    ResponderEliminar
  31. Vaia,o roio do políticamente correcto está conseguindo os mesmos efectos que a censura clásica...XD
    Dejad que las "grupis" se acerquen a mí...XD
    O Troll anágrafo

    ResponderEliminar
  32. Non se decatou, Troll anágrafo, que puxen un :-) que é equivalente ao seu XD?

    Pois iso...

    ResponderEliminar
  33. Joer ,con tantos "smiles" ,un ten que ser un "Smiley" de John le Carré pra entendelos todos...
    Por certo,un velho chiste inglés dice que "smiles" é a verba máis longa do inglés,por que hay unha milla ("mile") entre a primeira e a última "s". 8-)
    (Nao tenho óculos,son os olhos inchados de durmir pouco...)

    O Troll änágrafo

    ResponderEliminar
  34. Ahhh....considerando as prudentes palabras de APC, sería bembida tamén unha vocalista, ou instrumentista.
    Jimy de Rairo

    ResponderEliminar
  35. A verdade é que nin se necesitaban "smiles" ou como se chamen de ningún tipo para percibir inmediatamente a ironía do post do señor AP-C. Vaia acostumándose, señor Troll Ágrafo, que aquí xa lle fomos todos frades antes de andar cociñando polos blogs adiante.

    ResponderEliminar
  36. BOB DYLAN E VICENTE ARAGUAS. Conta Iolanda Castaño hoxe, en GH, que o crítico e poeta Vicente Araguas fixo unha tese sobre a pegada cultural de Dylan, supoño que aínda inédita.

    ResponderEliminar
  37. ¿Non vistedes o artigo de Camilo Franco na Voz,especulando coa posibilidade de que Dylan non acudira a recoller o premio prea non ter que por un traxe?
    A mín sempre me gostaron esas actitudes de coherencia persoal:Sartre rechazando o Nobel,ou o ex-alcalde de Vigo negándose a poñer corbata por moito que o pedira o protocolo...

    O Troll ágrafo...

    ResponderEliminar
  38. Que quere dicir Camilo Franco neste artigo e en moitos outros? Eu confésoo: cóstame traballo entendelo.

    ResponderEliminar
  39. Moito coincido con vostede, señor Arume, incluso nestas cousas un pouco menores. Recoméndolle que non pase moitos traballos intentando entender a Camilo Franco. O segredo é que non hai case nada que entender.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.