9 jul 2007

1000
MIL
UN MILLEIRO
Millenta
Primeiros 1000

Comunícolles que a anterior entrada, As marabillas de Galicia, fai a número 1000 das escritas neste blog dende que este seu amigo decidiu abrilo, aló por marzo de 2006.
Graciñas a todos e todas por estar aí.

10 comentarios:

  1. Permítame decirlle que este blog si que é unha das marabillas de Galicia. Parabéns, noraboa, beizóns a tutiplén.

    ResponderEliminar
  2. eu tamén voto por estas uvas, e espero que permanezan na solaina durante todo o inverno por se non temos boa colleita, que espero que sí. Parábéns a tódolos seareiros tamén deste espazo que o enriquecen tanto e ¡viva o mestre auriense! hip! hip! ¡HURRA!

    ResponderEliminar
  3. Un agasallo para Marcos Valcárcel neste milenario:
    Parlami d'amore, Mariù

    ResponderEliminar
  4. Non habería que ponher "um miliario virtual"?
    Non atopéi ningún en iutub.
    De noite,vou a Chaves,e roubo a "pedra das naÇoes" da ponte sobre o Támesis pra poñela no blog.

    Por certo,Marcos,non sei se conhece a anécdota de Otero Pedraio e o Támesis.
    Ó parecer foi inspector de educación.Unha volta foi inspecionar unha escola a Verín.Entróu na clase e preguntóulhe ó profesor de qué era a clase.Dixolhe,de Geografía.Moi ben.Pregunto de geografía.Tí,rapá.Cómo se chama o río que pasa po eiquí por Verín.O rapá non o sabía,e sopláronlho de atrás,pro entendéu mal e dixo "O Támesis".E dice él: Moi ben,home.Qué lhe tén que envidar o Támesis ó Támega.Aprobado.

    ResponderEliminar
  5. Pois penso que se non o milleiro, eu lin cando menos 950 e tantas. E por cada unha delas tería que deixar aquí un agradecemento. Mil artigos mais!

    ResponderEliminar
  6. Noraboa, e como dixo o outro, outras mil primaveras máis.

    ResponderEliminar
  7. 1000 UVAS NA BOCA x sabe dios cantas uviñas dentro = menudo empacho que levas, ourensán!!!
    como fermenten todas...
    ou borracheira ou macroúlcera (porque algunhas foron perigrosas...mais outras do mellorciño, que para iso somos da zona do Ribeiro e do Mencía!!)

    Noraboa, compañeiro
    Yoli ;-)

    ResponderEliminar
  8. Graciñas a todos pola vosa amizade e constancia. E polos agasallos musicais. E polas vosas palabras. Sabedes que esa amizade (e admiración) é tamén mutua: Arume, Ana Bande, Torre de Babel, Xaime, Moralla, Troll, etc.
    Por certo, creo que xa escoitara (non sei onde) a anécdota de Otero, que é magnífica: nunca suspendía a ninguén, xa saben. Así calquera ten alumnos/as que o recordan a un sempre. E para ben...

    ResponderEliminar
  9. Fermoso miliario. Poña (cando menos) outro na vía das súas letras, faga o favor. Seguiremoslle pedindo máis. Parabéns

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.