3 jul 2007


Tes os olliños negros.

Pan por Pan 3 xullo

Dos ollos e do seu poder no amor escribín o pasado domingo: os moi cultos seguidores/as do meu blog enriqueceron as referencias literarias, de Lope de Vega a Petrarca, e de Xoán García de Guillade a Louis Aragon. E as mesmas imaxes arredor dos ollos e os amantes aparecen ademais na poesía popular galega. Por exemplo, os ollos e o “morrer de amor” dos trobadores, nesta cantiga: Eu non sei que tes nos ollos/ que, se me miras, ti matas;/ mátasme, se para min ris;/ mátasme, cando me falas”. E a beleza exclusiva dos ollos da amada, os únicos capaces de crear o misterio amoroso: Moitos, moitos ollos vin, / e sólo ós teus, miña rula,/ e sólo ós teus me rendín”. E xa saben, se os ollos verdes son traidores, semella que a este poeta anónimo lle engaiolaban máis os negros: Tes os olliños negros/ como a seda de coser; / nacemos un para o outro:/ que lle habemos de facer”.

15 comentarios:

  1. votailhe unha olhada:

    http://www.youtube.com/watch?v=nUDIoN-_Hxs

    ResponderEliminar
  2. camaco... que majo... que bunitu...

    ResponderEliminar
  3. "Los ojos con que me miras no son ojos porque yo los vea, son ojos porque me ven".Creo que é Antonio Machado, cito de memoria.

    ResponderEliminar
  4. Os ollos, mellor aínda os olliños, fascinan, encantan, engaiolan, prende, toman, allean...

    Lémbrade, amigos o comezo da primeira elexía de Propercio:

    Cintia, a primeira, tomoume, pobre de min, cos seus olliños,
    antes de me rozar ningún desexo.
    Logo o lampo abaixoume da constante fachenda
    Amor, e premeume a cabeza co pé imposto,
    até que me aprendeu a odiar as castas mozas,
    infame, e a vivir sen ningún designio.

    Unha aperta de Xiao Roel

    ResponderEliminar
  5. O Olho do home invisíbel non ve.Ou sexa,O home invisíbel é necesaramente cego (pura física).(Famosa cuestión de óptica...)

    Mr Troll ágrafo

    ResponderEliminar
  6. ¿Bunitos eses olhos?...
    Razón tenhen os brasileiros:Nao ha mulher feia,voÇé bebéu pouco...

    Mr Troll ágrafo

    ResponderEliminar
  7. Non sei se a estatua da foto é exipcia,pero recordo que os exipcios pintaban on olhos asím pra asemelharse ós gatos...

    Mr Troll ágrafo

    ResponderEliminar
  8. A Salaam Maale kum

    Ana samay xarit yi marcel ak arume ak ap.c? Dungeen bind tey? damay xaar...Damay sopp nafar leen...

    ResponderEliminar
  9. Das diferentes versións de "Ociy cernye", prefiro esta.

    ResponderEliminar
  10. Por favor, amigo XMG, como pode disfrutar do kitsch soviético perpetrando esta belísima canción. Ollos negros, cantado por calquera ruso, sen acompañamento musical, cuns vasos de vodka máis transparente que as augas do Angará, é moito mellor ca esta megalómana arroutada do exército ruso.

    ResponderEliminar
  11. Spassiba,XM glez,Drug moi...

    Mr Troll ágrafo

    ResponderEliminar
  12. (Cómo caralho se farán os caracteres cirílicos no teclado...)
    Mr Troll

    ResponderEliminar
  13. Máis nostalxia de Moscova:

    http://www.youtube.com/watch?v=iT0JPXv433s

    ResponderEliminar
  14. Megalo si, nada de teima; grandiosidade que eu puiden presenciar en directo, no Pavillón dos deportes lugués, ha de haber vinte e pico de anos.

    Tal como a poesía, moito me gusta cantando un ruso que cante ruso e ben. para o que suxire vde.: solista a capella, lírica saudade con ou sen vapores, poña hora e día; Youtube tamén vale.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.