.jpg)
Un dos máis grandes da nosa arte e tamén da arte popular: o escultor Arturo Baltar. Así o retratou o pintor Prego aló por 1955. Por certo, segue sen ter un edificio digno onde mostrar toda a súa inmensa e xenial obra. Había unha promesa do concello neste respecto: quedará esquecida, como tantas outras? Se tivesen un Baltar en calquera outra cidade, xa tería un gran Museo no centro urbano, non me cabe dúbida.
No edificio do Banco de España?
ResponderEliminar¿No Auditorio,que o espacio debia chegar?
ResponderEliminarValería algún dos espazos do Banco de España (se se chega a recuperar para uso cultural) ou do Auditorio, que non sei se os ten, ou do edificio que se ía mercar ó carón do Belén de Baltar, na praza de San Cosme. Pero diso non se volveu saber e supoño que co cambio político debería volverse sobre o tema: vai para adiante ou non? Claro que xa sabemos que Cultura só ten débedas e é a moza pobre do concello (e non o digo porque agora sexa ConcelleirA).
ResponderEliminar¿Què opina desa I edición das festas dionisíacas,Marcos? ¡Nótase que a nosa concelleira da latín!
ResponderEliminarVin o cartel e a nota de prensa da Festa Dionisíaca e, en efecto, a nosa concelleira de cultura é profesora de linguas clásicas e ademais exerceu hai poucos anos no meu mesmo centro. A idea da festa semella boa e axeitada a un novo enfoque máis galeguizado dos ciclos festivos: queda por ver cómo se resolve nos seus contidos. En calquera caso, é a primeira edición e quizais apresurada. A idea pode ir mellorando co tempo.
ResponderEliminarCreo que o edificio o caron da capela de San Cosme está ben para o Museo de Baltar se fan un bo poxecto. Pero ¿qué pas co uso cultural do Banco de España?,
ResponderEliminar¿acabouse ca campaña electoral?