2 oct 2007


Cen+ cen pés.

Pan por pan martes 2 outubro


A principios dos 70 chegou ata min unha revista galega editada en Madrid: a histórica “Chan”. Unha das primeiras cousas que me chamou a atención foi unhas viñetas que alí facía o humorista Xaquín Marín e tamén en “La Codorniz”: xa daquela pintaba pés que esmagaban xentes. Naquela sinxela imaxe había toda unha lectura sobre o poder e a opresión, os vencedores e os perdedores. Dende aquel símbolo Marín deu voz ós esmagados: agora publica un volume con douscentos destes debuxos. E laiase nunha entrevista (Vieiros) porque, na súa opinión, se está a perder o humor galego, sobre todo a retranca. Quizais teña razón. Sorprende porque agora temos medios para afortalar a nosa visión do mundo: a Televisión Galega, entre outros. E, unha curiosidade, entre os debuxantes que lle influíron cita a Boixcar, de “Hazañas Bélicas”, de quen falamos aquí esoutro día.

2 comentarios:

  1. Chega un cempés chorando onde a nae:
    -Mamá,trepáronme nun pé.
    -¿En cal,fillo?.
    -Non séi,na escola aínda só aprendín a contar hasta dez.

    ResponderEliminar
  2. "English Retrank"

    Un inglés,no metro,dase conta de que outro "gentleman" estáo trepando.
    -Sorry,cabaleiro.Temo que fun o bastante parvo como pra poñer o meu pé por baixo do seu.Quizáis podería vostede movelo.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.