Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
18 oct 2007
Vázquez Núñez. Nestes días o Liceo lembra ó escritor, erudito e historiador Arturo Vázquez Núñez. Morreu solteiro, sen descendencia. Foi un dos impulsores da Comisión de Monumentos, precedente do Museo, e a súa biblioteca tivo abondo que ver na formación dos intelectuais que logo forneceron a Xeración Nós. Malia todo o dito, só o Liceo se lembrou do centenario da súa morte. Da man desta sociedade houbo en anos anteriores celebracións semellantes dedicadas a Alberto García Ferreiro, ó pintor Parada Justel e a Lamas Carvajal. Con escasas colaboracións públicas: a Deputación e Raigame apoiaron a homenaxe a Lamas; o concello puxo unha placa dedicada a Parada Justel. O triste da miña reflexión é que sen a iniciativa desta casa cultural todas esas citas de seguro serían esquecidas. Unha cidade culta e normalizada precisa dunha memoria urbana propia. Ou non?
4 comentarios:
Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.
Pero...¿Cómo é posible que neste post non haxa aínda nada escrito?¿Estádeslle facendo boicot ó Vazquez Núñez por algunha causa? Se é porque por culpa dél non cheguéi eu a académico,non vos preocupedes.O que cobraba como tal gastábamolo entre os dous en xuergas e viños.Xa fora así o trato,antes de que o tribunal decidira...
ResponderEliminarSe alguén coñece algunha festa boa en Galiza neste finis-hebdomadaris que mo diga.
ResponderEliminar¿A Coba do Rei Centolo segue pecha?
Non lle sei, amigo da Coba.
ResponderEliminarEu parto mañá pola mañá de fin de semana campestre, bucólica, pastoril e montañeira. E con xente interesante e ben agradable, plurinacional e plurilingüística. Habémonos entender en castelán (ou español).
Vaia apicultor,leve posta no equipo de música do carro a sinfonía sexta de Beethoven,"Pastoral",pra amenizar esa viaxe tan bucólica.Eu veño de chegar á casa.Colléronme por banda uns amigos do Marcos Valcárcel,un pintor e un escultor,i emborracháronme a cervexas,a uns quilómetros de Ourense.O meu telemóbel (non teño reló) dí que son cáseque as tres da mañá.Pero pagóu a pena.Eses amigos do Marcos déronme unhas cantas ideas que plasmaréi mañán,ou xa hoxe,nuns folios A4,pra seren publicados cando morra,como fixo Copérnico,que a "Verdade" é grandiña pra defenderse sóa sen complicarme a vida a mín,como dixo Galileo.
ResponderEliminar