1 nov 2007


NOTICIAS DE VERDADE HISTÓRICAS
Andoliña 1 novembro

Foi onte unha xornada en verdade histórica e non me deixo levar por ningunha retórica, que sobra nesta ocasión: producíronse dúas novas de carácter histórico. En primeiro lugar, a aprobación da chamada Lei da Memoria Histórica, que se resume moi ben na cita da vicepresidenta Fernández de la Vega: “non ten unha soia liña que non poida ser apoiada na súa integridade por calquera demócrata”. En pouco tempo ninguén lembrará as babecadas que se dixeron contra a mesma por parte dunha dereita rancia e de dubidosas nostalxias.
E, aínda con maior transcendencia, a sentencia do xuízo do 11-M. O Tribunal xa se gañara o respecto de todos cun labor procesual impecable. Nos últimos días o PP recuou todo o posible nas paranoias que promoveu con tanta forza. Para non facer máis o ridículo, supoño. España gaña puntos no mundo ditando xustiza contra o comando salafista que perpetrou o horrible atentado: un grupo nacido dun cisma relixioso na mesquita de Madrid, que acordou nun cumio en Estambul converter Europa en “territorio de guerra”. Os que estivemos contra a guerra de Iraq, os que non admitimos os abusos de Guantánamo, os que non cremos en falsas conspiracións, podemos tamén estar satisfeitos.

14 comentarios:

  1. Unha das cousas que me resultan máis admirables é o escrupuloso sentido da presunción de inocencia e da doctrina xurídica do in dubio pro reo. Eso amosa o que debe ser un estado de dereito. Por iso, non resulta sorprendente que algúns acusados con penas de más de dez mil anos poidan quedar absoltos por falta de probas inequívocas. Eso é o triunfo da xustiza, aínda que poida resultar irritante para quen cría que había que ser implacable e exemplarizante. A exemplariedade reside no rigor con que se exerce o dereito, non na pena.

    ResponderEliminar
  2. De hoxe na Voz...


    video de O Courel e Luar na Lubre

    ResponderEliminar
  3. Non foi este tema, polo que se ve, de interés

    ResponderEliminar
  4. Quizais porque os dous temas que trata xa sairon a fondo noutros fíos. E, en concreto, o da Lei da Memoria pasou desapercibido mesmo na prensa en xeral, absorbido polo interese mediático da sentencia: ó mellor, foi mellor así...

    ResponderEliminar
  5. Memoria histórica? A memoria ten historia? A memoria é algo histórico?

    Non sería mellor dicir "memoria da historia"?

    ResponderEliminar
  6. A memoria ten historia e a memoria é algo histórico. Entre moitas outras cousas máis...

    ResponderEliminar
  7. Que significa, pois, "memoria histórica"? Por que se emprega esta expresión nun contexto tan reducido, para se referir a uns crimes do pasado?

    ResponderEliminar
  8. Confésome incapaz de respostarlle nunhas poucas liñas.

    En todo caso, direille que, na historiografía internacional, non abranxe os "crimes do pasado" en si mesmos, senón a creación, transmisión, recreación-negociación e utilización ao longo do tempo de sucesos xulgados relevantes do pasado, en especial dos traumáticos, nunha complexa dialéctica presente-pasado-futuro.

    Dito isto, quedan moitísimas máis cousas no tinteiro. Lamento non poder serlle aquí de máis axuda. Quizais, con bastante sorte, dentro duns meses...

    ResponderEliminar
  9. Como creo que dicía o grandísimo Borges, todas as viaxes son espaciais e todos os feitos son históricos: por que non ía ser, logo, a memoria histórica?
    De todas maneiras, que noutro post houbera (17) comentarios sobre o tema non quita que poida advertir un certo desleixo por asuntos que seica quedan por alá, Madrid ou máis lonxe. Non sei: imaxino eu, tal vez de máis.

    ResponderEliminar
  10. É que non se pode estar a todo, Arume. Se aínda tiveramos unha pequena subvención...

    ResponderEliminar
  11. ... unha subvencionciña que nos dera para podermos facer unha paparota colectiva ao mes.

    Non perdamos a esperanza, que ao mellor aínda declaran BIC a este blog.

    ResponderEliminar
  12. Esa paparota que non quede en ná. Imoslle solicitar ao anfitrión que promova unha para antes de fin de ano (Nadal para os tradicionais, sen Carlos Puebla).

    ResponderEliminar
  13. it was not freedom endurance operation in iraq

    ResponderEliminar
  14. Se fan esa paparota cultureta, aínda que sexa sen subvención, non deixen de avisarme.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.