12 nov 2007























unha xornada con R. Villares en Auria
Nas fotos: Ramón Villares, a súa dona Berta; Afonso Monxardín, a súa dona Belén Lorenzo; o historiador Xosé R. Quintana; Clotilde Iglesias, filla de "Tacholas", este que asina, e Blanco Amor en bronce da man de Xosé Cid, na praza do Bispo Cesáreo. A maioría das fotos fíxoas Afonso, agás na que sae el que está realizada pola súa muller (clicando poden amplialas, xa saben).

20 comentarios:

  1. Polo que se pode apreciar, ningún de vostedes (os homes) se parecen a George Clooney.

    (A propósito doutro debate noutro fío)

    ResponderEliminar
  2. Ese Quintana pode ter un aire...

    ResponderEliminar
  3. Ven se ve que debe ser amigo seu, Leituga 1, polo que conmove a súa fidelidade. Aínda que se lle apreza un certo aire de elegancia natural ao tal Quintana, para sermos sinceros dista moito de asemellarse ao Clooney. Mellor será que non lle preguntemos ás donas que frecuentan este blog por ningún dos retratados. Dito sexa co meu máximo cariño e respecto a tan prominentes (sic.) figuras.

    ResponderEliminar
  4. Ben (con b, naturalmente).

    ResponderEliminar
  5. Salvo as chicas, eu non vexo similitudes con números un do cinema, mais ven vexo petrucios na solaina, moi elegantes eso si.

    ResponderEliminar
  6. Vostedes desculpen, pero os varóns moi sobrados de peso todos. Ollen para si e cóidense un pouco que non son porcos para o San Martiño.

    ResponderEliminar
  7. É que, a pesar de seren oterianos, ollan pouco "arredor de si".

    Petrucios na solaina é a denominación perfecta. Dito sexa co meu máximo... etcétera, etcétera.

    ResponderEliminar
  8. Prominente Apicultor, debo dicirlle que aínda me estou esmendrellando. Con perdón dos aludidos.

    ResponderEliminar
  9. Eh, oiga, Saavedra, sen faltar. Que eu estou bastante máis delgado que todos eles. Definitivamente, non son prominente figura.

    ResponderEliminar
  10. Pois para min que o da barba branca tén un aquel de filósofo existencialista de Montmartre recriado en Ourense... Só o Marcos semella que teña o elixir da eterna mocidade. Non terá un pauto co demo? Canto ao petrucio exreitor, non deixa de marabillar a súa expresión de natural bonhomía retranqueira. Malia o seu amor intelectual por Otero Pedrayo, fáltalle o pequeno aire de bohemio de mocidade que tiña o de Trasalba.
    Con todo, trátase de figuras de peso. Intelectual, está claro. Pero sexamos serios: Pódese apreciar o bo da cultura sen apreciar o bo dun cocido?

    ResponderEliminar
  11. Villares está como hai vinte anos, como cando era magnífico rector ou reitor. Un pouco de Grecian Dous Mil e punto.

    Valcárcel conserva moi ben o aire de rapaz chapón, serio e voluntarioso, con ese flequillo de chico del PREU, esa ensaimada permanente que moitos envexamos. Un pouco de bici estática e arreando.

    O mellor conservado é o nachiño de lentes, barba e pelo branco, con ese aire "Alec Guiness". Parece simpático. Eu non lle engadiría nin lle quitaría nada, pero é que nin unha cursiva.

    ResponderEliminar
  12. Vai, semella que vai rematando a maxia e o misterio dos alcumes, todo queda na casa....

    ResponderEliminar
  13. Vedes? Que dicía eu de non preguntarlle ás donas? Chegou a amiga Ana Bande e vaise defraudada porque o Valcárcel colgou esas fotos petruciais. A min que me rexistren, eh!

    ResponderEliminar
  14. Se polo menos o Marcos tirase de Photoshop a cousa aínda tería un pase!

    ResponderEliminar
  15. JA,JA,JA,qué graza!Marcos,chico del PREU! JA,JA,JA,JI.Este Swann,tén cada cousa (Hip!).Ai,canto rín.

    Chicos del PREU

    ResponderEliminar
  16. Para M. SWAN e a quen interese: non son da quinta do PREU, son un pouco máis novo. Xa había COU cando eu cheguei aló, xa houbera un ou dous anos antes, e xa pillei a Selectividade, con exame en Compostela. O da bici estática non estaría mal pero hai anos revendinlla ó querido e finado Quino Dacunha. O que fai falla é vontade: de momento, camiñar, nada máis. E debera andar moito máis, é evidente.

    ResponderEliminar
  17. Eu creo que Swann estábase a referir á película aquela do mesmo título "Los chicos del Preu" na que aparecían tupés semellantes. Había un actor daquela que tiña sempre un flequillo que soplaba para poder ver. Agora non recordo o seu nome.

    ResponderEliminar
  18. Aquí, da quinta do PREU son eu. O último ano, por certo, no que houbo en Lugo un grupo experimental de COU, un grupo de elixidos que entraron na universidade sen probas selectivas. Sorte que tiveron.

    ResponderEliminar
  19. De defraudada nada, están vostedes moito mellor do que eu pensaba...mmmmm...

    ResponderEliminar
  20. A amiga Ana Bande sempre tan amable, aínda que ben pensado... o seu comentario podería dar para outra interpretación. Eu, de vostedes, os interpelados, faría unha lectura semiolóxica do seu texto. Non sei, non sei...

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.