
O vento que axita a cebada
Andoliña martes 11 decembro
Vin nestes días O vento que axita a cebada (2006), unha das últimas películas de Ken Loach. Narra as orixes da independencia irlandesa e as loitas fratricidas que acompañaron aquel parto, tema tratado tamén en Michael Collins, de Neil Jordan. Os militantes máis radicais non aceptaron a partición dos condados do norte (o Ulster) nin o pacto cos terratenentes do país. No Reino Unido, os medios conservadores tachárona como película pro IRA, pois o centro desta é o papel desta organización naquela loita. Tampouco é a primeira película sobre o IRA: lembren O delator, de J. Ford, 1935.
Vista dende aquí, con todo, é inevitable pensar en Euscadi e nas posibles semellanzas: a estratexia de guerrilla dos voluntarios irlandeses, o apoio do clero ó nacionalismo etc. Aquilo foi en 1920 e xa choveu, moito cambiou o mundo e a contorna internacional. Pero, sería imaxinable unha Euscadi Sur, sen a parte francesa, a padecer unha guerra fratricida entre vascos, digamos vascos do PNV contra vascos de ETA? A organización terrorista xa ten atentado contra cargos peneuvistas: posibilidade nada inverosímil, pois. Agardemos que na Europa do século XXI tal horror non sexa posible.
De qu� me sona ese fulano?
ResponderEliminarStuds Lonigan?
�rase unha vez en Am�rica?
mmmm....
vin a película e doeume a alma. Agardo polo artigo.
ResponderEliminar¡Eu tamén andarei por alá! ¡Se o vexo mandareille un saúdo, ho!
ResponderEliminarSempre foi para min un misterio .Quen se agochaba baixo aquel nome tan musical que figuraba nun libro do meu pai?. Maña en compostela teremos a oportunidade de resolver aquel misterio.
ResponderEliminarPd. Marcos Ana visita compostela e falara na fundacion caixa galicia presentado por Alonso Montero.
Gustavo Peaguda
A mín xa se me tén ocurrido, no futuro, unha "Euscadi do Norte" e unha "Euscadi do sur". Neste caso, a diferencis de Irlanda, a do norte sería a independente. Menos mal que a relixión no ten nada que ver neste caso (creo). Non hai desfiles de cór naranxa e cousas así.
ResponderEliminarAmigo Xoán da Coba, Euskadi Sur teno moi difícil para soñarse como estado independente. Pero, Euskadi Norte, creo eu, nun país tan centralista e uniformista como Francia, aínda moito máis. O da relixión tamén é discutible e o peso da Igrexa vasca no nacionalismo é evidente, cando menos nos seus inicios (vale para o PNV e para ETA tamén).
ResponderEliminarEu non me refería ós países vascos francés i español cando falaba de norte-sur. falaba dunha hipotética fronteira que dividría dúas euscadis: a máis "españolista" (coincidindo máis ou menos coa provincia de Álava e quizás navarra) que permanecería unida ó estado español, e a que se faría hipotéticamente independente. Pero non sei hasta que punto se aceptarían pra eso fronteiras previamente impostas como as "provinciáis" españolas ou a "nacional" francesa. Pero esto é "política ficción".
ResponderEliminarQuería facer unha comparanza có que foi o proceso en Irlanda, onde o problema se "resolvéu" dividindo a ínsula en dúas partes,unha pertenecente ó Reino Unido e outra independente.
Entendino mal logo. Se é así, a cousa ten máis sentido. Aínda que segue sendo ben difícil de realizar e que sería interpretada como un auténtico fracaso polo nacionalismo radical: sería aínda peor que o sucedido en Irlanda nos anos 20.
ResponderEliminarAs fronteiras dise estado estarían limitadas as provincias de Guipozkoa e Bizkaia e o noroeste de Navarra, é dicir a zona máis preto a Guipozkoa. Parece mentira que moitos anos despois sega sendo así (Guerra Civil), salvo o norte de Navarra, daquela feudo carlista. Lembro a anecdota dos Baroja, unha familia mal vista en Bera do Bidasoa, por ateos e contrarios ó carlismo, vila que hoxe é feudo do integrismo vasco...
ResponderEliminarO enfrentamento semella dificil entre vascos pero é real entre abertzales e o estado español, real, represivo e violento.
ResponderEliminarAbertzale ("patriota" en euskera) é todo nacionalista vasco: supoño que vostede se está a referir aos grupos máis radicais, polo menos no que respecta á violencia. Supoño, xa digo.
ResponderEliminarTen razón, Arume. Pero o termo abertzale adoita ser patrimonializado polo sector máis radical. De aí a sinécdoque que frecuentemente se fai.
ResponderEliminarA LINGUAXE NON É INOCENTE E QUEDA MASACRADA.
ResponderEliminarPara o caso galego: "patriota". Usábase a cotío na prensa galeguista da República. Tamén no exilio. Aínda coa morte de Franco era habitual a pintada: "Amnistía Patriotas Galegos".
Hoxe está case desterrada, agás na cabeceira "Día da Patria Galega".
O culpable é Franco, obviamente: co abuso do seu "patriotismo" queimou quizais para sempre, na nosa contorna, a recuperación dese concepto.
Os símbolos é o que teñen. Poden ser desnaturalizados e inutilizados. Quen pode ver hoxe inocentemente a cruz gamada, na súa orixe celta ou aria, despois de Hitler?
No caso se Galicia, aínda que sempre recoñecida a Patria, pouco a pouco e seguramente pola influencia do exilio americando, nos galeguistas foise trocando o de patriota que foi sendo aplicado polos comunistas e a esquerda en xeral -digo eu ¿que outra esquerda?-, polo de irmán.
ResponderEliminarDeberan sentir no pelexo próprio cando Pedro González, Manolo Beiras, ou Ramón Piñeiro lle chamaba a un: irmán.
Jimmy de Rairo:
ResponderEliminar"O enfrentamento semella dificil entre vascos pero é real entre abertzales e o estado español, real, represivo e violento."
Fico un pouco patidifuso e aqueloutrado, pois ata agora pensaba que eran vascos Buesa, Ordóñez, Rekalde, Pagaza, Berazadi e un amplo elenco fúnebre de concelleiros, empresarios, munipas e outros oficiantes das máis variadas profesións (menos curas, como indicou agudamente Savater) asasinados pola moi patriótica, abertzale e escasamente represiva ETA. É máis: na miña opinión o "conflito" famoso do País Vasco é fundamentalmente un enfrontamento entre vascos. Porque tan vascos son, mentres o señor de Rairo non demostre o contrario, os vascos que queren un País Vasco independente e os vascos (sorprendente e contumazmente masoquistas) que queren un País Vasco integrado no feroz, violento e represivo Estado Español.
É vasco quen o quere ser e ao seu xeito, non acredito en nigún pattern esencialista que otorgue formalmente esa condición. Outra cousa é a asumción dunha identidade politíta, polo que rectifico e onde dixen "enfrentamento entre vascos", digo agora "enfrentamento entre nacionalistas vascos".
ResponderEliminarO conflicto non é so un enfrentamento entre vascos nacionalistas e vascos non-ou-anti-nacionalistas, é tamén un conflicto que adequire expresións de violencia entre o Estado Español, e uns nacionalistas: os da esquerda Abertzale. Conflicto que distorsiona as posibilidades de actuación política e suspende os dereitos fundamentais.
Orientarse cara un escenario onde estes dereitos sexan respetados e garantidos, paréceme a min o camiño a seguir para sair dun conflicto que podería estas xa superado. Zapatero na proxima lexislatura, pareceme que asumirá este reto e creo que a esquerda abertzale tamén.
Canto aos outros abertzales (PNV e EA, basicamente), xa hai ben tempo que o teñen asumido.
ResponderEliminarAmigo Jimy, presupón que ZP, gañará as próximas eleccións que é moito presumir.
ResponderEliminarEn todo caso, pregunto, que condicións se cumplirán a partires da primavera do 2008, que non se esteñan a cumplir hoxendía.
Sempre que haxa alguén que teña unha pistola é que esté disposto a utilizala para matar a alguén que pense o contrario del, non se darán as condicións, e xa sei que é un argumento simplista pero imbatible.
A vostede parécelle que é moito presumir, Xaime? Eu, non é que pense que ZP vai ganar. O que penso é que o Rajuá vai levar un carallo coma un brazo.
ResponderEliminarXa falaremos, D. Xohan, xa falaremos......
ResponderEliminarPor certo Don Xaime, denos unha primicia. Vanse presentar vostedes ou non? Fágase bó, oh...
ResponderEliminar