
O mundo do traballo en Galicia
Pan por Pan mércores 16 xaneiro
Entre as temáticas menos abordadas pola historiografía galega está a evolución do mundo artesanal e obreiro na nosa historia contemporánea. Por iso é ben oportuno o libro “O mundo do traballo en Galicia”, editado por Ramón Villares e realizado por Margarita Barral e Antonio Míguez e promovido pola Consellería de Traballo. Cunha edición moi coidada e abundante documentación gráfica, ofrece unha síntese da historia do traballo dende o século XIX (a primeira folga xeral galega data de 1872 nos arsenais ferroláns) ata os nosos días. Subliñan os autores algún fenómeno específico no mundo obreiro galego como a forte presenza da muller en sectores como a conserva ou a Fábrica de Tabacos coruñesa. Pero a estrutura das directivas obreiras, nesas sociedades, seguía unha xerarquización machista e prestaba escasa atención ós temas laborais que só afectaban ás mulleres.
Como o post vai sobre o "mundo do traballo", é normal que ningún dos contertulios poña nada aquí.
ResponderEliminarIrónico e simpático comentario, amigo Apicultor. Poño eu estoutro comentario, a ver se alguén pica. Por certo, as imaxes dos personaxes "traballadores" que saen no libro (como a que puxen no post) non se parecen en nada ós "traballadores" que eu coñezo de entre os que andan/andamos polo blog, iso tamén é certo.
ResponderEliminarNon sei se o dirá o libro, que aínda non o lín. Pero a xente de aldea que tamén traballaba en empresas, consideraba o traballo no campo coma o seu "verdadeiro" traballo. O outro, era pra ganar cartos, pero non se identificaban con él, non lles "daba de comer". Remataban a xornada na fábrica e marchaban apresuradamente pra traballar nas fincas tanto como lle permitira a luz do día. Nos días largos do vran, precisamente cando máis traballo agrícola hai, facían case tantas horas nun coma no outro.
ResponderEliminarA esa figura que nomea XDC ténselle chamado "proletariado simbiótico" ou termos similares. Moi típica en Galicia e parte do estranxeiro. A pluriactividade era -e nalgúns casos aínda segue sendo- moi importante para complementar as economías familiares.
ResponderEliminarSí, é certo, obreiro simbiótico. Non sei onde o lin... Lamas Crego, tal vez?? Gondar Portasany??
ResponderEliminarQuén viña sendo, estimado apicultor???
Ou, cando menos, donde foi recollido este termo???
Ufffffffff Lamas Crego é fabuloso.
Cumprimentos.-
A pluriactividade sigue sendo fundamental nesta provincia, cecais tamén en galicia.
ResponderEliminarA parte de vos, amados escribidores que no voso lecer vos dedicades a ler e a traballos intelectuais, quen nesta provincia no ten unhas verzas, un marrou ou dous, viño, ...colle castñas, patacas, grelos...cria coellos...ou polos....ou ten o arcón cheo de baril xavarí ?. Alén de estar reformados ou ter outro traballiño con seguridade social?.
Se non for por eso a nosa subsistencia sería penosísima. Non entendo de economía, pero parece ser que estos feitos ( ademáis facenda non lles pode meter o dente, moitos xubilados teñen as súas colleitiñas) supoñen que estemos na metade dun ranking , non sei cal se é "aforro per cápita", se é que existe o término , cando en ingresos debemos estar de penúltimos..
Bueno, bueno non sei como foi o facto, pero os sociolistos recén chegados ó poder ( nesta última lexislatura) querían inspeccionar a fondo para descubrir onde estaba o quid da cuestión. Pretendian entrar a saco no mundo empresarial, meterlle mau para por órden e concordar as contas. Outro socialista, o único empresario que teñen, paroulles os pés e desveloulles o segredo das pataquiñas, do porquiño, etc...
Pouco a pouco construése moito.
En certo modo seguimos a ser grandes, bueno, algúns, parte do povo....sei que pode ser controvertido pero etxe o que hai.
O exemplo que eu teño da miña casa é o de ser tremendamente traballadores. Asumín o deber de darlle continuidade, é parte da miña herdanza cultural.
PROLETARIADO SIMBIÓTICO (para XDC e para todos):
ResponderEliminarEste concepto, que eu saiba, púxoo en circulación RAMÓN LÓPEZ SUEVOS, a mediados dos 70. Había tempo que non o escoitaba, agás unha cita de R. VILLARES cando veu falar da emigración ó campus.
Non sei se hoxe o termo é correcto dende as claves económicas: os que saiban máis que o digan.
Pero usouse moito nos 70: pasou á prensa, á linguaxe panfletaria e, sobre todo, ós seminarios de formación da UPG, como lembrará o BIEITO IGLESIAS, que deu algúns (e non o pode negar porque eu lle gardo as notas daquela).
O concepto de "proletariado simbiótico" foi, en efecto, popularizado por Suevos, e constitúe, ao meu xuizo, unha das escasas aportacións interesantes do nacionalismo leninista naqueles tempos. Queríase indicar un tipo de clase obreira que ocupaba estructural e case simultaneamente dous modos de producción: o capitalista (a fábrica) e o precapitalista (a leira. Había, sen embargo, na teoría de Suevos unha certa visión limitativa da simbiose: a economía familiar era entendida como unha insuficiencia ou válvula de escape ante o feito de ser un "auténtico" proletariado. Sería CIES (Círculo Interdisciplinario de Estudos Sociais: Basilio Lourenço, Daniel Pino, César Portela e moitos máis)), pouco despois, quen elevase o simbiotismo a categoría positiva ao descubrir as virtudes da autosuficiencia e da pequena escala, fronte á heternonomía e despilfarro propias da civilización capitalista de consumo. A industrialización masiva e éxodo cara as cidades debilitou o carácter simbiótico da nosa poboación traballadora. Pero aínda así, como se dixo aquí moi acertadamente, Galicia continua a ser simbiótica, tal vez non tanto na súa realidade económica coma no seu pathos cultural máis profundo. E eu non o vexo como algo necesariamente negativo.
ResponderEliminarLembranse daquel "Exercito Simbiótico de Liberación", norteamericano, no que militou Patricia a filla do magnate Hearst?
ResponderEliminarMoi interesante o que escribe Jim Morrison.
Eu sempre o entendín como procesos de transición que se alongan e perduran mais do agardado e calculado. En Galicia a mentalidade premoderna pervive nas cidades precisamente porque non se cortou o vínculo co rural. Hai unha urbanización deficiente, peculiar, moi a galega. Hai unha acomodación, e ten efectivamente creo aspectos moi positivos.
Pero tamén negativos, esa simbiosose facilita os baixos salarios que a longo prazo extrangulan o desenvolvemento do pais, e o orientan a non ser productivo, a vivir compensadamente entre baixos salarios e os grelos da aldea.
En consecuencia, tampouco se desenvolve o rural, que indefectibelmente vai quedando a ermo nun movemento poboacional de grandes dimensións, como o que está agora sucedendo.
Interesantísimo, nobles irmaus.
ResponderEliminarO simbiotismo ten, sen dúbida, eses aspectos negativos que apunta vostede, Jimmy. Pero, nun mundo dominado pola concentración e a grande escala, non semella negativo reivindicar estructuras de pequena escala (parroquia, aldea)anque só sexan como elementos residenciais. O desenvolvemento do rural non virá, na miña opinión, dado por unha política de creatio ex nihilo: deserticemos o campo e introduzamos elementos urbanos que o desenvolvan, unha "ideoloxía" universalista que acabe co caciquismo das reciprocidades, etc. Todo iso está moi ben e eu compártoo. Pero unha sociedade como a galega goza dun habitat natural, un sistema de ordeación do territorio e de economía familiar rural de pequena escala, qu eu estimo coma un valor positivo. E coido que as políticas agrarias e territoriais non deben obviar estes aspectos, pois, do contrario, faríamos noso o ideoloxema compartido por liberalismo e marxismo: a historia como un proceso liñal de industrialización, a canta maior escala, máis "racionalización". Nese sentido, o apego do galego á súa segunda residencia rural, o abesentismo laboral da vendima, a identificación simbólica coa aldea, a complementación da economía cos escasos inputs obtidos na producción non mercantil, e, especialmente, os valores de autonomía e de control sobre o propio mundo que estaban presentes no mundo campesiño, non me parecen mal en absoluto. Tanto máis cando vivimos nun mundo de grande escala sobre o que non temos ningún tipo de control.
ResponderEliminarOs valores comunitarios deben, paréceme, ser revisados e avaliados, para sostelos ou reprobalos. É obvio que coa desfeita do rural perdese unha riqueza en múltiples dimensións do social. O problema é esa diferencia entre o ser e o deber. O proceso móstrase letal para o rural, e de pouco sirben as polítcas mais que para paliar algunhas consecuencias negativas dun proceso que tende a borrar as identidades.
ResponderEliminar