27 feb 2008

Brincadeira.



9 comentarios:

  1. A canle Intereconomía non é precisamente moi esquerdosa: vamos, que traballan os da COPE, ABC e La Razón. Non sei se entran os de EL MUNDO, ao que pertencían en tempos. O facherío, para entendérmonos.
    Por iso, non sei se a ironía que nós vemos outros non verán sentido recto.

    ResponderEliminar
  2. EN CROQUES (P. Conde) ESTÁ moi simpática a ligazón que fai a un video da NIÑA DE RAJOY con Carmencita Franco: xenial!!!!

    ResponderEliminar
  3. O outro día cadroume ver uns minutos esa canle Intereconomía, no que se debatía sobre o Debate. En efecto, unha panda de facherío adubiada cun par de comentaristas "centristas" para disimular.

    Un deles, un tal Agapito, metía medo, moito medo de diós. Déronme ganas de ir buscar o pasaporte por se acaso.

    ResponderEliminar
  4. No kiosko de cabeceira teñen pendurado A nosa terra cun libelo noxento chamado ALBA. Se algún ten os figados preparados, non pode ler hoxendía nada máis emético. (Joer)

    ResponderEliminar
  5. Eu o único comentarista centrista solvente que coñezo é de Lugo, e chámase Fernando Ónega.

    É moi versátil, coma os bos tenistas. Polas mañás predica dunha maneira en Onda Certo, doutra diferente na Radio Galega e aínda dun terceiro xeito na Voce da Galiza. Coma os tenistas: voleas, passing "shocks", "loves" listados, saques "que-te-kagas"... Non sei se o dixen, pero é de Lugo, e fala un galego moi de seu.

    ResponderEliminar
  6. A revista ALBA que ten formato de xornal pertence aos sectores máis ultras do catolicismo, pero adoita poñer en portada escabrosas noticias referidas ao aborto. Amén (;)) de numerosas referencias ao separatismo, ao marxismo e demáis especies demoníacas. Creo que non o compra (segundo a kioskeira) nin o facha do barrio, que lle parece un pouco noxenta de máis.

    ResponderEliminar
  7. "Alba" é un semanario católico vinculado a plataforma "Hazteoir.org", quen actualmente desenvolven a campaña "Yo rompo con ZP" a base de videos de intención tremendista. Eu non compro "Alba", claro, pero vou con frecuencia á web de "Hazte oir" (con versión en galego, por certo). Pero non me fagan caso, eu son moi morboso.

    Creo que o que apunta Arume sobre a posible ausencia de própósito irónico no video "Rajoydi" vai ben endereitado, tendo en conta a liña extremadamente ultra de Intereconomía. O cal lle dá máis gracia aínda ao asunto e abona as teses sobre a impericia da dereita no uso dos novos medios de comunicación política, moi comentada estes días en ambientes sociatas.

    ResponderEliminar
  8. Máis niñas de Rajoy:

    http://www.publico.es/054554/ninas/rajoy

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.