27 feb 2008


ENTREVISTA: APERITIVO CON... GIOCONDA BELLI
(El País 25 febreiro)
"A froita prohibida era un figo e o paraíso, Irak"


Mágoa que a poetisa nicaraguana Gioconda Belli non afonde máis, nesta breve entrevista, na súa teoría sobre o Paraíso e a mazá que era un figo.
(Imaxe: Adán e Eva, de Hans Baldung Grien)

2 comentarios:

  1. Pois agora é o revés: Irak, a froita prohibida, e o figo, pois, o figo.

    [Ficus, en latín, tamén valía como hemorroides, con perdón]

    Marcial I, 65
    Cando digo figo, riste coma se fora unha verba bárbara
    e disme, Ceciliano, que figos é o correcto.
    Chamo figo ao que medra nas arbres,
    Figos son, Ceciliano, os que ti tes.

    ResponderEliminar
  2. Marcial era un que lle facía versos a unha señora que acodía moito aos baños e que se chamada Felatriz, va que si?

    Non sei se, entre nós, "figo" se ten usado no sentido que todos estamos a pensar. No provenzal ese que se fala en Catalogne, "figa" quere dicir iso, mesmamente.
    En Galicia, acho eu, usánse máis as metáforas piscícola-mariñeiras. O cal non é unha novidade: aí teñen o "fotre el bacallà", metáfora de indudábeis valores sinestéticos.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.