10 feb 2008



Gioconda Belli. Pan por Pan domingo 10 febreiro.

Hai uns días fallouse o premio de novela Biblioteca Breve na súa edición número 50. A gañadora, cunha novela que mesmo fabula as andainas de Adán e Eva, foi a autora nicaraguana Gioconda Belli (Managua, 1948). Sígoa como poeta hai bastantes anos, en libros como “El ojo de la mujer”, “Apogeo”, “Mi íntima multitud”, etc. É unha das grandes voces femininas do noso tempo, cuns poemas cheos de sentimento e erotismo, pero tamén de identificación coa Terra e de conciencia da nosa incerteza. Versos tan ousados como estes: “El Big Bang fue el orgasmo primigenio. / Orgasmo de los Dioses amándose en la Nada./ Cada vez que te amo repito la Génesis Universal”. Ou esa fermosa imaxe da distancia do amado (“Como tinaja”) na metáfora dunha ola seca, carente da auga do amor, que se vai quebrando na súa pel nos días secos da ausencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.