12 mar 2008


Centenario Curros (1).
Pan por Pan mércores 12 marzo (Imaxe: M. Murguía)

Foi Curros Enríquez un poeta moi popular xa en vida, quizais o máis popular do seu tempo. A súa difícil biografía, o enfrontamento co dogmatismo da xerarquía eclesiástica, o seu alento rebelde e civil, fixeron aboiar unha chea de seguidores dos seus versos. Demostrouse en varias ocasións e tamén no traslado dos seus restos dende Cuba a Galicia e o enterro dos mesmos no cemiterio da Coruña, por iniciativa da Asociación da Prensa desa cidade. Basta lembrar algúns nomes que participaron na solemne velada fúnebre no Teatro Pincipal coruñés: Manuel Murguía, Filomena Dato, Linares Rivas, Cabeza de León, Manuel Casás, Lugrís Freire, etc. Din os xornais que 40.0000 persoas foron tras do féretro. Poucos días despois a Escola Laica, os centros republicanos e núcleos librepensadores convocaron un mitin de desagravio polo seu enterro católico en Cuba.

1 comentario:

  1. http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=7322


    "Se eu fixen tal mundo... que o demo me leve"
    A Fundación Curros Enríquez encarga a Rei Zentolo o deseño dunha camiseta polo centenario da morte do poeta de Celanova

    Con motivo do centenario do pasamento de Manuel Curros Enríquez, a Fundación que leva o nome do escritor encarguolle á empresa Rei Zentolo o deseño dunha camiseta, que contén o retrato do poeta cos títulos das súas principas obras, rodeado polos versos "Se eu fixen tal mundo... que o demo me leve", que condensa o anticlericalismo e a crenza en Deus presente no escritor celanovés.

    As celebracións do centenario de Curros continúan esta semana, coa chegada a Celanova de estudantes de toda Galiza para realizar as actividades propostas pola Fundación, que inclúen a visita á Casa dos Poetas ou a realización da Ruta Currosiana. Até o mes de maio, 25 grupos confirmaron a súa presenza en Celanova para sumarse ao centenario.

    Para esta semana tamén está programada a representación da peza teatralizada 'A Virxe do Cristal', na Casa Museo de Curros, que será complementada cunha lectura poética a cargo dos alumnos do colexio Sagrado Corazón de Celanova.

    Por outro lado, o sábado ás 18 horas, a Asociación de Escritores y Artistas Españoles ofrecerá un recital a cargo de Carmiña García, Premio Nacional de Declamación, na Casa dos Poetas en Celanova.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.