12 mar 2008


A muller e a poesía


Recital no Liceo de Ourense,
mércores 12 marzo, 20,15 h.
Recitarán Teresa Devesa e Loli Conde. Organiza a Sección de Literatura do Liceo, no marco da semana da Muller do Concello, concellería de Igualdade (Marta Arribas). Coordena: M. Valcárcel.

8 comentarios:

  1. O tamaño da letra de TENENCIA é tan grande como a do lugar e a data de organización. E, por suposto, máis grande que Concello de Ourense.

    ResponderEliminar
  2. Efectivamente, Arume d.p. Máis grande que "Concello de Ourense". Saque vostede as conclusiós, que eu xa as saquéi. Sonlle unhos enamorados dos logos. Deben de pensar que có diseño do logo xa está o traballo feito. Como fan a maioría de empresarios principiantes que van ao tacho. O electorado ourensán xa lles pasóu unha primeira factura, pero eles, na súa miopía, achacaránllo a calquera outra cousa, menos á sua xestión que. Sinxelamente, son perfectos. Agora andan cun programa-propaganda en Telemiño vomitivo.

    ResponderEliminar
  3. Tamén, vostés, cando se poñen repunantes...

    ResponderEliminar
  4. Non sei se o creativo conta con que a xente saiba quen é Tenencia.

    ResponderEliminar
  5. Ese anagrama de "Tenencia" (en galego correcto: tenza) din que é algo omnipresente en Ourense, e que ten dado lugar a comentarios ben chuscos e a chanzas sen fin.

    Debería alguén dicirlles que facer o ridículo non é algo que dea moitos votos.

    ResponderEliminar
  6. Teñen algo de razón pero a min esa flor das Burgas que colleron como logo gústame moito, mellor que os escudos anticuados e algo rancios, a verdade case deberían mudar o escudo do Concello pola flor e así xa mataban dous paxaros dun tiro. Espero non se ofendan con esta humilde opinión nen co pouco respeto que lle teñño aos escudos pero para gustos hai colores e a flor é ben mais bonita que o escudo.

    ResponderEliminar
  7. Penso que de verdá unha tempada en Siberia a eses da Tenencia non lles viría nada mal.

    ResponderEliminar
  8. Ese exceso de visibilización é unha arma de dobre fío, porque a xente non lle gustan esas pantomimas publicitarias a todas horas.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.