22 mar 2008


Sátira e poetas (4)
Pan por Pan venres 21 marzo. Imaxe de J.J. Grandville.
O porco de pé. Falei onte neste recuncho da poesía satírica e de autores que usaron animalizacións nos seus versos, como Curros ou Celso Emilio. Pero o emprego máis popular deste recurso foi o que fixo Vicente Risco na novela “O porco de pé” (1928), ó retratar a Don Celidonio, o protagonista, como un porco nunha descrición burlesca ben coñecida. Remataba así: “Don Celidonio é igual por dentro ca por fóra: carne e espírito son a mesma zorza, misturada e revolta, co mesmo adubo de ourego e pemento”.
Para Risco aquela burla sobre aquel personaxe inculto e materialista que chega a alcalde de cidade era máis que un divertimento: na mesma novela sostén que existe unha correspondencia exacta entre tipos humanos e tipos animais, teoría fisiognomista de moda daquela. E esa correspondencia é non són física, di Risco, senón psíquica: o home-ra ten a mesma psicoloxía das ras.

2 comentarios:

  1. Fisiognomía galega: home lampo e can rabelo, pra fodelo. Ollos verdes son traidores, azules son mentireiros.......

    ResponderEliminar
  2. Por se é do voso interese:

    A Igrexa de Braga protesta por un anuncio de automóbiles.

    + info en:

    http://www.radiofusion.eu/rfusion/contidos/a_igrexa_portuguesa_protesta_por_un_anuncio_de_automobiles

    Tamén:

    Poema de Cabanillas adicado aos estudantes portugueses:

    http://www.radiofusion.eu/rfusion/emisoras/portugal/cabanillas_irmans_no_sentimento_saudoso

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.