23 mar 2008


Sátira e poetas (5)
María a Balteira.
(Imaxe de Luís Seoane para o libro de Lorenzo Varela)
A nosa poesía medieval ten todo un tesouro no rexistro satírico: as cantigas de escarnio e maldizer. Nelas quedaron inmortalizados algúns nomes asociados a certas prácticas sexuais. Velaí María Peres a Balteira, quen, tras unha vida de luxuria e pecado (algo así como a moza esa que tanto lle gorentaba ó gobernador de Nova York), decidiu retirarse en sinal de penitencia e buscar un crego con quen confesar. Tal arrepentimento non foi aceptado polos trobadores, porque moitos deles afiaron as súas sátiras contra a pobre muller: así, Fernán Vello insiste en que a Balteira tomou con ela a un crego “e deulle a cama en que sol jazer/ e diz que o terrá mentre viver”. Moitos séculos despois acudiría Lorenzo Varela en desagravio desta cantadeira e bailadeira cunha fermosa cantiga que racha co tópico da xograría e na que a imaxina bailando coa súa saia leda, “lume nos ollos i o aire nos pés”.

33 comentarios:

  1. É posible que, a diferenza do que amosa a tradición escrita conservada, houbese mulleres que trobasen en galego; en tal caso, a modo ou en calco occitano, igual debiamos chamarlles trobatrices. En tanto un especula entre o si e mailo non, pódese gorentar o poema dun dos máis grandes, ao que ben veces acabamos indo parar:

    Maria Pérez, a nossa cruzada,
    quando veo da terra d' Ultramar,
    assi veo de pardon carregada
    que se non podia con el en erguer;
    mais furtan-lho, cada u vai maer,
    e do perdon já non lhi ficou nada.

    E o perdon é cousa mui preçada
    e que se devia muit' a guardar;
    mais ela non á maeta ferrada
    en que o guarde, nena pod' aver,
    ca, pois o cadead' en foi perder,
    sempr' a maeta andou descadeada.

    Tal maeta como será guardada,
    pois rapazes albergan no logar,
    que non aja seer mui trastornada?
    Ca, o logar u eles an poder,
    non á pardon que s' i possa asconder,
    assi saben trastornar a pousada.

    E outra cousa vos quero dizer:
    atal pardon ben se dev' a perder,
    ca muito foi cousa mal gaanhada.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas pola referencia, XMG, que non coñecía.

    ResponderEliminar
  3. A cantiga, por certo, é de Pero da Ponte. Merecería ser considerado tan clásico galego coma calquera outro. Ou case.

    ResponderEliminar
  4. Permítome engadir co seu permiso, sr. XMG, que o "un dos grandes" ó que se refire o noso amigo é PERO DA PONTE. Copio unha breve e posible interpretación desata cantiga:
    "A cantiga é unha sátira contra María Peres, a Balteira, famosa cantadeira e bailadeira das cortes de Fernando III e Afonso X, cuxa vida disoluta deu materia a moitos escarnios dos Cancioneiros. A súa peregrinaxe a Terra Santa, que asinalaría o seu regreso á relixión e á moral, parece ser o asunto desta cantiga. María Perres "cruza-se", regresa de Terra Santa chea de indulxencias, mais déixase roubalas, porque perdeu o candado da "maeta" onde as gardaba: era de prever, unha vez que as indulxencias foran mal gañadas.
    Esta é aliña de lectura da superficie do texto. Mais o sentido que del resulta parece inaxeitado. En efecto, a cantiga está construída sobre un equívoco baseado no duplo sentido da palabra-chave (maeta), a cal significa, si, maleta, baúl, mais tamén é metáfora obscena para designar o sexo da muller".
    De "A lírica galego-portuguesa", de ELÇA GONÇALVES, Lisboa, Ed. Comunicaçao, 1983, p.191. )

    ResponderEliminar
  5. Esquecín esta nota, do mesmo libro, que tamén interesa:
    "O equívoco determina, xa que logo, a coexistencia de dúas posibilidades interpretativas, unha literal e outra metafórica. Esta mostra que, ó cabo, o verdadeiro tema da cantiga é unha violenta sátira contra a vida desarranxada da Balteira. Descodificado o sentido que na tradición poética, tiña a palabra "maeta", outros vocábulos adquiren o mesmo valor metafórico ("cadeado", "descadeado", "pousada", "guardada", "albergar"), en cuanto outros, por forza do contexto, participan da mesma intención stírica. Repárese, p.ex., no posesivo "noso" (v.1), no verbo "maer" ou no adverbio "sempre" (v.12)."

    ResponderEliminar
  6. Escribimos ó mesmo tempo, polo que vexo. Sen dúbida, un dos nosos clásicos, por riba dos séculos.

    ResponderEliminar
  7. É unha das cantigas que dá o tal para lles explicar aos alumnos maiores o concepto do sentido encuberto na lírica trobadoresca.

    De Pero da Ponte adoito eu lerlles aos meus -escenificando en parte- a seguinte e monumental peza contra os homosexuais. Diga quen queira o que queira sobre conveniencia política, tal prodixio en prosodia, plástica e expresividade non será por min ocultado:

    Eu digo mal, com' ome fodimalho,
    quanto mais posso daquestes fodidos
    e trob' a eles e a seus maridos;
    e un deles mi pôs mui grand' espanto:
    topou comigu' e sobraçou o manto
    e quis en mi achantar o caralho.

    Ando-lhes fazendo cobras e sões
    quanto mais poss' e and' escarnecendo
    daquestes putos que s' andan fodendo;
    e ũu deles de noit' asseitou-me
    e quis-me dar do caralh' e errou-me
    e er lançou depós min os colhões.

    ResponderEliminar
  8. Encantaríame volver ser neno para telo de profesor e asistir a unha das súas clases, sr. XMG., a ser posible sobre os trobadores: estou ben seguro que pagaría a pena...

    ResponderEliminar
  9. Eu nos últimos anos xa nin me atrevo. Nos primeiros líalles ás veces ós alumnos (tras avisalos do que aló ía) a cantiga de AFONSO DO COTÓN, "Mariña, en tanto folegares...". Para min, a peza mestra da sátira sexual.

    ResponderEliminar
  10. Consultando San Google, vexo que xa falei dela aquí antes, en abril 2006 e xuño 2007.
    Velai vai, por se alguén non a coñece:

    Ó cabo vai a traducción en inglés, sacada de Internet.

    CANTIGA D’ESCARNHO
    Marinha, en tanto folegares
    tenho eu por desaguisado;
    e sõo mui maravilhado
    de ti, por non arrebentares:
    ca che tapo eu daquesta minha
    boca a ta boca, Marinha;
    e con estes narizes meus
    tapo eu, Marinha, os teus;
    e co’as mãos as orelhas,
    os olhos e as sobrencelhas;
    tapo-t’ao primeiro sono
    da mia pissa o teu cono
    como me non vej’a a neng?u,
    e dos colhões esse cuu.
    Como non rebentas, Marinha?

    SONG TO AN UNEXPLODING WOMAN

    Just look at my confounded state –
    Marinha, how you fornicate!
    I am really quite astounded
    that you haven’t yet exploded,
    for with my mouth I cover
    your mouth completely over,
    and with my nose I close
    the nostrils of your own,
    and with my hands I hide
    your ears and brows and eyes,
    and as the first sleep comes
    my cock fills up your cunt,
    and my balls your arse
    – no man has my art!
    How do you not explode, Marinha?

    ResponderEliminar
  11. Imaxinan un comic de R. CRUMB co tema desta cantiga???

    ResponderEliminar
  12. Máis ca contra homosexuais, vai contra os torpes e os pouco delicados en cuestión de arremetidas. Se o eu poético andaba nas loitas, por moito verbo soez, algo tamén entendería.

    ResponderEliminar
  13. O cancioneiro de burlas -e en particular o erótico-pornográfico- adoita ser moi vívido, realmente próximo con frecuencia do galego oral e popular moderno. Paga a pena lerlles e explicarlles, pero non é fácil: urxen, e moito, versións modernizadas da lírica medieval; onde modernizado quere dicir no lingüístico, e non significa exactamente verter sen máis a idioma actual.

    Por certo: a maior parte da crítica, arestora, entende que a cantiga da Marinha sería de Pero Viviaez, resolvendo certo equívoco dos cancioneiros. Eu non estou certo de todo -como de tantas outras cousas- e é xustamente tema da miña famosa tese, que igual algún ano (non próximo) se remata.

    ResponderEliminar
  14. Moita lírica galego-portuguesa, pero a vostedes o que lles vai é outra cousa :)) Nótase que levaron ben a peito a mortificación da SS e agora andan algo doentes.

    Impresionante a tradución ao inglés da cantiga da Marinha. Realmente impresionante.

    ResponderEliminar
  15. Recolle o Cancioneiro de Úbreda (sic) unha versión da mencionada Marinha dese mesmo encontro amoroso que deixa en moi mal lugar ao Vivales ese. Trobar trobaría, mais foder, sempre segundo Marinha, foder non ía.

    ResponderEliminar
  16. Luzia Sánchez, jazedes en gran falha
    comigo, que non fodo mais nemigalha
    d' ũa vez; e, pois fodo, se Deus mi valha,
    fiqu' end' afrontado ben por tercer dia.
    Par Deus, Luzia Sánchez, Dona Luzia,
    se eu foder-vos podesse, foder-vos-ia.

    Vejo-vos jazer migo muit' agravada,
    Luzia Sánchez, por que non fodo nada;
    mais, se eu vos per i ouvesse pagada,
    pois eu foder non posso, peer-vos-ia.
    Par Deus, Luzia Sánchez, Dona Luzia,
    se eu foder-vos podesse, foder-vos-ia.

    Deu-mi o Demo esta pissuça cativa,
    que já non pode sol cospir a saíva
    e, de pran, semelha mais morta ca viva,
    e, se lh' ardess' a casa, non s' ergueria.
    Par Deus, Luzia Sánchez, Dona Luzia,
    se eu foder-vos podesse, foder-vos-ia.

    Deitaron-vos comigo os meus pecados;
    cuidades de mi preitos tan desguisados,
    cuidades dos colhões, que tragu' inchados,
    ca o son con foder e con maloutia.
    Par Deus, Luzia Sánchez, Dona Luzia,
    se eu foder-vos podesse, foder-vos-ia.
    (Johan Soarez Coelho)

    A segunda cobra contén unha grande porcallada, que non sei se cumprirá precisar. Advírtolles que pode ferir máis dunha sensibilidade na hora da merenda.

    ResponderEliminar
  17. Xa que non son quen de foder á altura da vosa expectativa ou necesidade, ofrézome a botarvos uns peidos [probablemente á altura do nariz, supoñendo algún tipo de coprofilia].

    Non se diga que non avisei.

    ResponderEliminar
  18. Estes trobeiros (ou como se chamasen) eran uns adiantados á súa época ;)

    E non hai algunha cantiga porno-festiva que fale de untarse de mel? É que teño un interese meramente profesional.

    ResponderEliminar
  19. Pero ese trobador non terá o morbo gálico? Os síntomas (mesmo o descontrol das posterioridades) son evidentes.

    ResponderEliminar
  20. Diríase que, en efecto, o da maloutia pode andar por aí, e voz máis ilustre cá miña xa o tería, se non lembro mal, significado. Así e todo, será lúdico iocus: un magnate do reino de Portugal, como é o caso, non andaría exteriorizando tales debilidades. Digo eu.

    O do mel xa non me consta. Polo que se ve, serían máis de sabores fortes, e pido desculpa unha vez máis por tan inconcebible procacidade. Haxa boa noite, e espero a día de mañá non me encontrar expulsado, banido, postergado, borrado o meu nomes dos anais na solaina.

    ResponderEliminar
  21. A un panal de rica miel
    dos mil moscas acudieron,
    que por golosas murieron,
    presas de patas en él.
    Otra dentro de un pastel
    enterró su golosina.
    Así, si bien se examina,
    los humanos corazones
    perecen en las prisiones
    del vicio que los domina.

    Fiz de Semeniego

    Enténdase, amigo Apicultor, que, aparte das dous mil moscas que non son obviamente moscas, o panal que non é panal, a golosina que non é golosina, os corazóns e as prisións que tampouco son o que parecen aínda que manteñen similitude por rima, o vicio é o vicio. O poeta non puido disimular a demasiado burda metáfora porno.

    ResponderEliminar
  22. Están vostedes inspirados hoxe. Moito zume podemos sacarlle a este fío (e conste que o dito vai sen segundas...).

    ResponderEliminar
  23. -Ay,Pepiño!. Non te cases coa María que se deitóu con todo Cangas!.
    -Pois nin que Cangas fora "New York"!.

    ResponderEliminar
  24. Xa que continúo aquí, debo hoxe resolver unha posible anfiboloxía da miña mensaxe anterior: a palabra anais, en última instancia, remítese a annus e non anus. Xa sería o corpo do delito, digo o colmo.

    ResponderEliminar
  25. Non quixen facer sangue con ese lapsus linguae (con perdón). Pero ten que mirarse cun lacaniano.

    ResponderEliminar
  26. Con gran coita, rogar que m' ajudasse
    a ũa dona fui eu noutro dia
    sobre feito dũa capelania;
    e disso-m' ela que me non coitasse:
    -Já sobre min filhei o capelan,
    e, poi-lo sobre min filhei, de pran
    mal fazia, se o non ajudasse.

    E díxi-lh' eu: -Mui gran fiúza tenho,
    pois que en vós filhastes o seu feito,
    de dardes cima a todo seu preito.
    E diss' ela: -Eu de tal logar venho,
    que, poi-lo capelan, per bõa fé,
    sobre min filh', e seu feit' en min é,
    ajudá-l'-ei, poi-lo sobre min tenho.

    E díxi-lh' eu: -Que vós do vosso filho
    prazer vejades, que vós me ajudedes
    o capelan que vós mester avedes.
    E diz ela: -Per vós me maravilho:
    que avedes?, ca, poi-lo eu filhei
    já sobre min, verdade vos direi:
    ajudá-l'-ei, poi-lo sobre min filho.

    E díxi-lh' eu: -Non queirades seu dano
    do capelan, nen perca ren per míngua
    en sa ajuda, e poede língua.
    E diss' ela: -Farei-o sen engano,
    ca já en min meteu do seu i ben;
    e, pois que todo assi en min ten,
    se o non ajudar, farei meu dano;

    Ca non quer' end' eu outr' escarmentar
    que me dé do seu, polo ajudar,
    quand' ei mêngua da cousa que non tenho.
    (Joan Vello de Pedrogaez).


    Filhar: Coller, apañar, recibir. En puntual xogo equívoco co sentido parental do substantivo. filho.

    ResponderEliminar
  27. Outra que tal:

    Maria Negra, desventuyrada,
    e por que quer tantas pissas comprar,
    poys lhe na mão non queren durar,
    e lh' assi morren aa malfadada?
    E nun caralho grande que comprou,
    oonte ao serão o esfolou,
    e outra pissa ten ja amormada.

    E ja ela é probe tornada,
    comprando pissas, vedes que ventuyra!
    Pissa que compra pouco lhe dura,
    sol que a mete na sa pousada,
    ca lhi conven que ali moyra entom
    de polmoeyra ou de torzilhon,
    ou, per força, fica ende aaguada.

    Muit' é per aventuyra menguada
    de tantas pissas no ano perder,
    que compra caras poys lhe van morrer;
    e est' é pola casa molhada
    en que as mete, na estrabaria.
    Poys lhe morren, a velha sandia,
    per pissas, será en terra deytada.
    (Pero Garcia Burgalês)

    Véxase o da casa mollada, que non desmerece nada do asunto do mel. E haxa boa noite.

    ResponderEliminar
  28. Por fin, amigo Arume, entramos na "modernidade": das cantigas medievais ao vídeo X con Compostela ao fondo...

    El haberá quen propoña estas xoias cinematográficas para un dos premios nacionais recentemente creados?

    Non hai dúbida de que este é un sector con futuro. Coido que os "emprendedores" deberían aspirar, con todo merecemento, a algunha subvención da Xunta.

    ResponderEliminar
  29. Pois esperemos que, xa postos, a ninguén lle entre anceio de poñerse alí a obrar.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.